You are on page 1of 1

TAREFA 2: Traballo de grupo de procesamento de información.

Podedes formar os grupos que queirades, pero grupos de mínimo 3 persoas e máximo 5.

Tedes que realizar unha das tres seguintes tarefas (a escoller):

 Unha liña temporal na que indiquedes as principais teoría evolutivas e os seus autores e contribuíntes.

 Un mapa conceptual cas principais teorías sobre a orixe da vida situándoas no seu contexto histórico.

 Un mapa ca localización dos principais fósiles de homínidos*, e outro no que indiquedes a saída de
África do ser humano e extensión polo planeta con fechas aproximadas.

Para realizar a liña temporal podedes usar o que queirades, pero eu vos suxiro usar algunha páxina como
freetimeline, MyHistro ou timeline. Por suposto, podedes usar calquera outra ferramenta (como un folio, lapis
e regra, ou un procesador de textos, como podedes ver neste vídeo).

Para realizar os mapas recomendo o uso de Google maps (http://maps.google.es/) onde podedes coller un
mapa e colocar marcadores. De novo, un simple papel e lapis tamén vale.

* Por principais entendo que polo menos debe incluír: Ardipithecus, Australopithecus afarensis, Homo
habilis, Homo erectus, Homo ergaster, Homo antecessor, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e os
denisovanos.

Valoración: Unha liña temporal, mapa conceptual ou mapas de localización correctos, que non sexan un
copia e pega directo de internet (si, eu tamén sei usar buscadores): 5.

Realizados con propiedade e coherencia: 6

Que conte con información adicional: 7

Que teña boa presentación, que inclúa as fontes de información usadas e que poida ser usada como apoio ó
estudio sumarán puntos. O que se pretende é que demostredes que sodes capaces de buscar os datos e
procesalos, non de buscalos e copialos.

Prazo de entrega:

O indicado na aula virtual.

Modo de entrega:

Pódese presentar en calquera das seguintes maneiras:

Enviando os arquivos necesarios ó correo angelgcbioloxia@gmail.com (lembrade pedir confirmación de


recepción, ou mandarvos unha copia a vos mesmos, se chega a copia debeu chegar ó meu). En asunto
debedes indicar Tarefa 2, o curso e grupo. Na mensaxe debedes incluír os nomes dos membros do grupo.

Enviar un correo nas mesmas condicións que arriba indicando o enlace ó arquivo da liña de tempo ou dos
mapas se están dispoñibles na rede (como sucederá se googlemaps, por exemplo).

Impreso en papel e entregado ó profesor.

You might also like