You are on page 1of 4

O VERBO

O verbo é o tipo de palabra que admite un maior número de flexións, polos que a súa
descrición morfolóxica resulta máis complicada que a de outras palabras. A pesar diso,
é relativamente doado establecer o mecanismo da conxugación verbal, posto que a
maioría dos verbos seguen uns patróns determinados: son os verbos regulares. Fronte
a estes, hai un pequeno número de verbos, aínda que de uso moi frecuente, que
presentan unha variedade de formas dificilmente reducibles a un sistema: son os
irregulares.

Por comparación e análise das formas verbais revélase o mecanismo da flexión verbal
ou conxugación, que funciona engadido ao TEMA un SUFIXO FLEXIONAL. O tema, á súa
vez, está constituído por unha RAÍZ ou lexema, e unha vogal temática, e o sufixo flexional
polas desinencias de número-persoa e de tempo-modo.

RAÍZ: é a parte do verbo que achega a significación principal. Polo xeral permanece
constante nos verbos regulares, aínda que pode haber variacións na vogal radical: AND-
ar, COM-eredes.

VOGAL TEMÁTICA: é a vogal que segue á raíz, e indícanos a conxugación á que pertencen
as formas verbais: and-A-r, com-E-r, part-I-r. A vogal temática non permanece constante
sempre, ás veces cambia ou desaparece.

SUFIXO MODO-TEMPORAL: sitúase despois da vogal temática e indica o modo e o tempo


en que se atopa unha forma verbal calquera: anda-BA-mos, canta-RA-des.

SUFIXO DE NÚMERO E PERSOA: indica a persoa gramatical suxeito da acción verbal. Hai
seis persoas gramaticais, e por iso hai tamén seis morfemas: andaba-MOS, cantara-N,
partira-S.

CONSTITUÍNTES DO VERBO

RAÍZ + VOGAL TEMÁTICA + SUFIXOS (MODO-TEMPORAL, NÚMERO-PERSOA)


----------------------------------
TEMA

You might also like