You are on page 1of 2

ASPECTOS DE MORFOLOXÍA.

ESTRUTURA E FORMACIÓN DE PALABRAS

Resumo

A palabra é a unidade lingüística mínima que pode constituír por si soa un enunciado.
Está formada por unidades menores non autónomas denominadas morfemas (unidades
mínimas dotadas de significado). Estes poden ser de dous tipos: lexemas (ou morfemas
léxicos) e morfemas gramaticais. Os lexemas son os morfemas básicos, que achegan o
significado léxico e referencial e os únicos que necesariamente deben estar presentes en
todas as palabras léxicas (substantivos, adxectivos e verbos): mar, in-habit-á-bel, facil-it-a-r,
fantástic-o-s, deb-e-ría-s...

Os morfemas gramaticais son os morfemas que se engaden ao lexema para expre-


sar categorías gramaticais (xénero, número, persoa, modo e tempo), matizar o seu
significado (aumentativos, diminutivos e despectivos) ou formar palabras novas. Poden ser
libres (os que constitúen por si mesmos palabras sen significado léxico, como artigos,
preposicións, conxuncións... e ligados (os que van unidos aos morfemas léxicos, formando
con eles palabras). Estes, á súa vez, divídense en tres grupos: flexivos, que dan
significados referidos á caracterización gramatical da palabra; alterativos, que matizan o
significado do lexema, engadindo nocións apreciativas ou de tamaño sen chegaren a crear
palabras novas (aumentativos, diminutivos e despectivos) e derivativos, que se engaden
ao lexema para formaren palabras novas (prefixos e sufixos derivativos).

As formas verbais compóñense de raíz, vogal temática, sufixo modo-temporal e sufixo


número-persoal. A raíz é o elemento que porta a significación léxica e o único constituínte
que se encontra presente en todos os verbos. A vogal temática é o signo identificador da
conxugación. O sufixo modo-temporal indica o modo e tempo e o sufixo número persoal
clasifica as formas verbais en seis persoas diferentes, tres de singular e tres de plural. Nos
verbos irregulares, a existencia de varias raíces produce grandes dificultades á hora de
identificar os diferentes morfemas verbais.

Segundo os tipo de morfemas que as integren, podemos distinguir catro clases


diferentes de palabras: simples, constituídas por un único lexema ou raíz (sol, chegou);
derivadas, formadas por un único lexema ou raíz e un ou máis morfemas derivativos
(produción, reconverter); parasintéticas, que se forman engadindo de xeito simultáneo un
prefixo e un sufixo derivativo (enterramento, anoitecer, enfeitizar); e compostas, formadas
por dous ou máis lexemas (gardacostas, parasol, sacarrollas).

Os procedementos máis empregados polas linguas para crearen palabras novas son a
derivación e a composición. A derivación consiste en engadir un morfema derivativo
(prefixo ou sufixo) a un lexema: casa > caseiro, almorzo > almorzar, válido > inválido, libro >
libraría, facer > refacer... Segundo se forme a palabra coa achega dun prefixo ou dun sufixo
derivativo, falaremos de derivación prefixal ou sufixal, respectivamente. Os morfemas
derivativos poden posuír valores semánticos estábeis ("colectivo", "xentilicio", "negativo") ou
carecer de significación e presentar como única funcionalidade a propia creación de

re3300102.pdf Lingua Galega e Literatura II. Aspectos de Morfoloxía. Estrutura e formación de palabras 1
palabras novas e a transcategorización. Así, por exemplo, in- outorga un valor negativo no
proceso de derivación (inmóbil, inútil, invalidar) ou -án, un valor xentilicio (arousán,
ourensán, ferrolán). Pero sufixos como -ura ou -eza (gordura, beleza) só teñen a función de
crearen substantivos a partir de adxectivos, sen achegaren ningunha significación especí-
fica. O procedemento especial de derivación no que a palabra derivada, en lugar de engadir
un morfema derivativo á palabra base, sofre un acurtamento do seu corpo fonético (pechar
> peche, pronunciar > pronuncia) denomínase derivación regresiva.

A composición é un procedemento de formación de palabras que consiste na unión


de dous ou máis lexemas. As palabras compostas poden estar integradas por lexemas da
mesma clase gramatical ou ben formar unha grande variedade de combinacións grama-
ticais. Ademais da composición propia, na que os constituíntes léxicos forman unha única
palabra (rañaceos, xordomudo), existe tamén unha composición impropia ou sintagmá-
tica, na que permanecen separados, aínda que representando, a pesar de seren palabras
distintas, un único concepto, diferente da suma dos significados de ambas. Os compostos
sintagmáticos poden formarse por tres procedementos: disxunción, constituída por dúas
palabras sen elemento de relación (porco bravo, garda civil); sinapsia, constituída por dúas
palabras cun elemento gramatical de relación: (estrela de mar, arco da vella) e contrapo-
sición, constituída por dúas palabras unidas por un guión (árabe-israelí, político-social).

Outros procedementos de enriquecemento do léxico das linguas son a parasíntese,


que representa un tipo especial de derivación no que se incorporan ao mesmo tempo un
prefixo e un sufixo derivativo: encadear, enriquecer, embarcadoiro...; a acronimia, que é
procedemento de formación de palabras que consiste en tomar unha ou varias letras de
varias palabras, creando unha única forma autónoma (información automática > informá-
tica); a onomatopea, creación de palabras mediante a imitación fónica de sons da reali-
dade (tictac, piar); e, por último a introdución voces procedentes doutras linguas: présta-
mos lingüísticos, xa adaptados ás normas fónicas, morfolóxicas e ortográficas (xefe, do
francés chef ou túnel, do inglés tunnel) e estranxeirismos, termos de introdución máis
recente, que non foron aínda adaptados: chat, software, bluetooth, windsurf...

PROCEDEMENTOS DE FORMACIÓN DE PALABRAS

Derivación Composición Outros

Propia Regresiva Propia Sintag- Parasín- Acronimia Onoma- Préstamos


mática tese topea e estranx.

Prefixal Disxunción
inútil obriga ollomol garda civil encadear informática tictac xefe
software
Sufixal Sinapsia
beleza arco da vella
Contrapos.
navarro-
aragonés

re3300102.pdf Lingua Galega e Literatura II. Aspectos de Morfoloxía. Estrutura e formación de palabras 2

You might also like