Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Save to My Library
Look up keyword
Like this
6Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
O MISTERIO DO TRISQUEL NA RELIXIÓN CELTA ANCESTRAL MONOTEÍSMO TRINITARIO ANTECEDENTE DO PRESENTE CRISTIÁN

O MISTERIO DO TRISQUEL NA RELIXIÓN CELTA ANCESTRAL MONOTEÍSMO TRINITARIO ANTECEDENTE DO PRESENTE CRISTIÁN

Ratings: (0)|Views: 553 |Likes:
Published by João Rodrigues
Estes papeis forman parte da nosa tese, dirixida polo Académico José Ma Luzón Nogué, e pola enton directora do departamento de Historia I da USC Raquel Casal García. O autor agradece a axuda dos directores e máis a dos profesores Fernando Acuña Castroviejo e Francisco Marco Simón. Sin eles estes papeis non terían sido escritos.
Estes papeis forman parte da nosa tese, dirixida polo Académico José Ma Luzón Nogué, e pola enton directora do departamento de Historia I da USC Raquel Casal García. O autor agradece a axuda dos directores e máis a dos profesores Fernando Acuña Castroviejo e Francisco Marco Simón. Sin eles estes papeis non terían sido escritos.

More info:

Published by: João Rodrigues on Jan 07, 2011
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

05/14/2013

pdf

text

original

 
Estes papeis forman parte da nosa tese, dirixida polo Académico José Mª Luzón Nogué, e pola enton directora do departamento de Historia I da USC Raquel Casal García. O autor agradecea axuda dos directores e máis a dos profesores Fernando Acuña Castroviejo e Francisco MarcoSimón. Sin eles estes papeis non terían sido escritos.Postulando un enfoque monoteísta trinitario para a relixión celta -autopsia (“visión”),tamén compartida por outros estudosos da relixión celta ainda que dun xeito máis parcial efragmentario-, o promptema desenvolvido polo autor na súa tese de doutoramento
Treba eTerritorium
USC, 2004, agora compendiado nestes papeis, explica acaso por primeira vez (2004),neste tipo de literatura científica europea dun xeito coherente o funcionamento do sistemateocrático Celta, basicamente unha reiteración de categorías diviñas apostas a un Triple Deus ou aunha Triple Virxe.Sinalando a función do deus da roda solar como psicopompos condutor dos mortos, no seuaspecto decadente ou solsticial de segundo “paso do sol”, establecemos no ámbito xeográficoceltoatlántico, obxecto das nosas autopsias, o celebratorio
 piaculum
da expulsión do inverno nas bandas indoeuropeas (2004).
POLIFUNCIONALPANTEÓN CELTA
Adivindade que máis veneran é Mercurio. As súas estatuas son as máis numerosas, ven nelao inventor de todas as artes, considerándoo como o guía dos viaxeros nos camiños e o que ten o poder para outorgar as maiores gañancias monetarias e favorecer o comercio (César,
 B.G.
VI. 17).Aínda podendo os cambios sociais provocar ao longo do tempo alteracións, xa nosesquemas míticos xa nos relixiosos, o certo é que as relixións, ao remontárense os seus inveteradosusos a séculos se non a milleiros de anos de antigüidade, non adoitan reflectir nen nos seus contidosnen na súa praxe -talvez constitúa o Islam unha excepción- a realidade social dos seus actuais
O MISTERIO DO TRISQUELNARELIXIÓN CELTAANCESTRALMONOTEÍSMO TRINITARIO ANTECEDENTEDO PRESENTE CRISTIÁN
Andrés Pena Graña
Arqueólogo do Concello de Narón
Ao meu carísimo amigo Eulogio Losada Badía,doutor de estado, egregio indoeuropeista.Cabalga xa con Rhiannon.
 In memoriam.
 
crentes ou practicantes. Pretender que vetustísimos mitos, transpasando séculos e aínda milenios,expresan hoxe nos seus ecos a actual realidade social dos crentes, pode resultar ilusorio.Convense en que os Deuses da Primeira Función, ás veces unha parella antitética, sonordenadores e administradores do Cosmos, correspondendo as súas funcións no plano político etemporal, é dicir na treba, coas do rei e coas do sacerdote; o deus Creador, o “Bo Pai”, o“Luminoso”, o “Todopoderoso”, tería pola súa banda como contrapunto ao deus desestabilizador,sombrío e treboso
1
. Os Deuses da Segunda Función son fortes, animosos e violentos, invocadoscomo
Segos
“Vitorioso” no combate igual que entre os Cristiáns da Idade Media o
Santiago Matamoros
, fillo do Trono. Os Deuses da Terceira Función, máis complexos, virían teoricamentea ser, aínda que iso resulte inaplicable para a relixión celta
2
, os deuses que acrecen: os do amor, osda rexeneración, os da natureza viva que se renova e se incrementa, os da saúde, os da enfermidade,os da morte e os do Alén.O modelo funciona moi ben en xeral, permitindo distribuír por temas ou funcións, como oslibros nos espazosos andeis dunha biblioteca, a deuses e divinas categorías, pero no baúl doautoritario réxime de padroado e clientela celta a trifuncionalidade só parece encaixar “a presión”,reducíndose esencialmente ás funcións no político entre os Celtas, igual que seica na arcaica Roma
C
 ÁTEDR 
 A 
. Revista eumesa de estudios 
168
1. Pero no mundo céltico o papel social desempeñado ante a guerra polo rei e polo druída fai que a primeira función absorbaá segunda, e aínda á terceira, pois ao entronizarse o rei vencéllase, “casa” coa Deusa Nai, encarnación da treba e do país, eesta unión garante, dependendo do seu recto goberno, a lactación das vacas e das ovellas, a fertilidade dos campos e a abun-dancia de froitos nas árbores.2. Pois tamén aquí esencialmente moitos aspectos da terceira función son asumidos pola primeira p.e,
 Mars Coso, Cos / Iovi.
segundo mostra unha fragmentaria pasaxe deFesto á que nos referiremos ao falar sobre a orixedo sistema feudal Atlántico, a dous, descansandoo sistema, xa en tempos de paz xa en tempos deguerra, sobre a vertical mutua relación dedereitos e obrigas establecida entre os señores ou propietarios e os granxeiros ou dependentes.Carecendo este sistema dunha clase oucaste exclusiva da segunda función, a relaciónhorizontal
interpares
, entre iguais, derívase do
ethos
cabaleiresco no caso dos señores e dunha
consuetam rationem
de usos e costumes no casodos non señores. Chegado o momento, ante unhaalarma en tempo de guerra, toda a sociedade, o
Grád Túaithe
, os graos da sociedade laica dunhatreba, os habitantes, as xentes, “
 gentes
ou“poboación” sen máis, os que se encontran enidade militar, os reservistas, e ata as mulleres e os pequenos se fai falta, comparten e soportan o
Coloso de Braga, posible representacióndun tonante
 
común destino da Treba: ardidos líderes e intrépidos capitáns cabalgando sobre os seus cabalos osseñores propietarios; empuñando as espadas os colonos granxeiros ou tomando as lanzas os xóvenscon virtude, arroxo e heroísmo de soldados sobre os seus firmes pés, e tras de todos van alentandoas esposas e os fillos. Manténdose inalterado este modelo durante centos senón miles de anos, nosmitos celtas os deuses si parecen reflectir esta aparentemente ambigua ordenación.Os deuses celtas fóronnos transmitidos, como en Cabeço das Fraguas, Lamas de Moledo,etc.
3
, pola non sempre precisa
interpretatio
epigráfica celto-romana e a miúdo interpretados polanon menos ás veces aparvada
interpretatio
lingüística
4
. Nas fontes, através da mirada e
interpretatio
romana, chegáronnos fragmentariamente descritos os deuses celtas: vemos a
 Iuppiter  / Taranus
, a
 Esus
e a
Vulcano
nos textos dos
Comentarii
de César 
5
, definidos co que Dottindenomina “physionomie incomplète, sinon inexacte”
6
, ou nuns versos de Lucano dos
Commenta Bernensia
. En canto a
Taranus
, Júpiter / Taranis, o vello deus indoeuropeo do raio e do fulgor 
7
,aparece por exemplo na
interpretatio
celto-romana ora como
 Iuppiter Taraunucus
, mencionadosegundo Jan De Vries por unha inscrición de Scardona en Dalmacia
8
, ora como
 I.O.M.Tanaro
9
,
169
O Misterio do Trisquel na Relixión Celta AncestralMonoteísmo Trinitario Antecedente do Presente Cristián
3. Inscricións nunca anteriores á segunda metade do século II d. C.4. É o caso da invención en inscricións con teónimos celto-romanos expresados en textos epigráficos celto-latinos dunha lin-gua chamada “Lusitano”, como mostrei en 1995 (Pena 1995) e como confirma agora o cadro epigráfico evolutivo deMonteagudo García mediante unha datación absoluta en base aos miliarios das letras epigrafiadas nas inscricións latinas(exceptuando está claro a letra ‘p’que nos epígráficos fragmenta ou “cachiños” da perdida inscrición de Arroyo del Puerco,misteriosamente, precedería en catro séculos ao resto das demais letras, segundo o establecido sen nengún xénero de dúbi-das, en principio, por un erudito, preciso e minucioso estudo de Francisco Villar).5. G. W
ISSOW
:
 Archiv für Religionwissenschaft, XIX, 1916-1919,
 pp.1-49.6. G
EORGES
D
OTTIN
:
 Manuel pour servir à l’étude de l’antiquité celtique, 1906 
, p. 224.7. Pena 1991: 156-162.8. CILIII 2804.9. CILVII, 168.10. CILXIII, 6094.11. CILXIII, 6478.
mencionado por unha ins-crición do 168 d. C. ori-xinaria de Chester, ora como
Taraunucus
, mencionado por dúas inscricións de God-ranstein
10
, preto de Landau ede Böckingen
11
, xunto aHeilbronn, ambas enAlemaña.Máis complexa quea cristiá, ou seica similar aela, existe segundo tenta-remos demostralo unha
Típico exemplo do cristianismo celta galego

Activity (6)

You've already reviewed this. Edit your review.
1 hundred reads
1 thousand reads
Margarida Neto liked this
Ana Donnard liked this
Marcelo Willian liked this
423991 liked this

You're Reading a Free Preview

Download
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->