Professional Documents
Culture Documents
2º Parcial - Marta Casais Vidal
2º Parcial - Marta Casais Vidal
A lóxica é unha linguaxe formal, que ten como cometido explicar e distinguir se un argumento
é correcto ou non (se a conclusión se segue loxicamente das premisas). Outras linguaxes
formais son a matemática, o código binario, linguaxes computacionais como a linguaxe html,
C++,...
Algo automático é algo que resolve mecanicamente, automaticamente, unha tarefa, conforme
a unhas regras establecidas. Descartes definiu a conduta dos animais como automática, xa
que responde a operacións de estímulo-resposta. Segundo as teses cartesianas, canto máis
afastados esteamos dos impulsos, máis libres seremos e máis humanos seremos.
Esta é unha oración con dúas oracións anidadas, formada por recursión autoincrustada.
Respecto a esta árbore, se a analizamos dende unha perspectiva formal, observamos as
dependencias marcadas con cores. Un trazo relevante da linguaxe humana é a súa
capacidade para establecer este tipo de relacións, que implican o uso da memoria. Manexar
este tipo de oracións na linguaxe natural é custoso; as árbores sintagmáticas resultantes son
moi complexas, as ramas intercálanse. Polo tanto, en lugar de tratar con gramáticas de
linguaxes naturais, é preferible utilizar gramáticas formais. Se a estrutura dunha linguaxe
formal se corresponde coa forma dunha linguaxe natural, as propiedades da linguaxe natural
poden estudarse en termos das propiedades da linguaxe formal.
Desta maneira, podemos abstraer a oración “se respiro, vivo” como “p→q”. As gramáticas
formais permiten xeneralizacións que doutro modo non serían posibles. As gramáticas
formais son mecanismos concibidos para comprender as estruturas naturais dunha maneira
máis sinxela. Cando abstraemos, perdemos detalle, mais gañamos con respecto á sinxeleza
e limpeza das expresións.
Recursión e dependencias:
As cadeas regulares son aquelas que presentan recursividade lateral, e que permiten
xerar, por exemplo, a cadea “aaab”, que na linguaxe natural sería equivalente a “moi, moi moi
cansa”. As cadeas regulares medran lateralmente; estes son algúns exemplos de
recursividade lateral de esquerda a dereita:
● aaab
● abbb
A gramática debe inhibir a xeración de cadeas palindrómicas que non o sexan, como 100. As
dependencias permiten xerar a gramática de maneira axustada. Por exemplo, a expresión
012210, a dependencia é que o que está en lugar 1 pasa ao lugar n; o que está en posición
2, pasa ao lugar n-1; o que está en posición 3, está en posición n-2. Podemos dividir a
expresión á metade e indicar que a cadea da esquerda é o reverso da cadea da dereita. A
aplicación da regra é recursiva á hora de determinar os terminais da oración. Se a cadea é
par, na posición central podo colocar calquera elemento.
A regra 1 permítenos xerar todo tipo de oracións palindrómicas e ningunha outra. Podo utilizar
esta gramática, que é moi sinxela, para modelar unha oración como “Xoán acompañou a
Pedro e viceversa”. A regra 1 é unha regra recursiva que volve sempre sobre si mesma; e
cando queremos acabar a recursión, aplicamos 0, 1, 2 ou λ, que impón o límite á recursión.
Un procedemento recursivo constará sempre de dúas regras: unha regra propiamente
recursiva, e outra regra que se denomina condición límite, que é a que permite saír do
bucle recursivo.
Exemplo típico dunha gramática libre de contexto (de tipo 1) (recursividade central):
Exemplo de gramática de tipo 3:
Hai unha correspondencia biunívoca entre gramática e linguaxes (unha gramática de tipo 3
xera unha linguaxe de tipo 3; e unha linguaxe de tipo 3 xera unha gramática de tipo 3). Unha
gramática de tipo 2 é un subconxunto dunha gramática de tipo 1.
Nas gramáticas de tipo 1, precisamos unha memoria dobre. Para as de tipo 0, precisamos
non só memoria, senón tamén proporción. As cadeas marcadas en azul son as que foron
utilizadas en experimentos con chimpancés para saber se presentan as mesmas
regularidades estruturais que os seres humanos.
11/11 - INTERACTIVA
A entrevista ten dúas partes ben diferenciadas con respecto ás temáticas tratadas:
A resposta principal de Chomsky é que non defendería ese dualismo, se ben a resposta pode
ser enfocada dende dous puntos de vista: un metodolóxico e un esencial. Dende un punto de
vista esencialista, non hai ningunha distinción entre mente e cerebro (a mente sería un
cerebro en acción). Dende un punto de vista metodolóxico, como estratexia para obter un
mellor coñecemento do ser humano, a distinción pode ser apropiada. Unha dimensión sería
máis física e a outra máis psíquica; unha pode ser estudada como se estuda a materia en
xeral, mediante a ciruxía, a medición, etc., mais a outra debe ser estudada conceptualmente.
Esta distinción xa foi aplicada na teoría xenerativa ao distinguir entre a competencia,
puramente abstracta, e a actuación, de natureza psico-física.
En síntese, non sería posible o físico sen o mental, e igualmente, o mental non sería posible
sen o físico. Polo tanto, dende un punto de vista esencial ou metafísico o dualismo non
é defendible, mais si dende un punto de vista metodolóxico.
Para Chomsky, esta metáfora responde ao dualismo metodolóxico. Sería unha maneira
de estudar ao ser humano, dividíndoo en dous ámbitos; mais a separación mente-cerebro,
hardware-software, non ten maior relevancia que a de facilitar o estudo do ser humano. Esta
distinción é algo convencional, sen correlato co mundo.
A característica principal do cerebro é que posúe un número inxente de neuronas, que á súa
vez proporcionan un número elevadísimo de conexións, de tal maneira que o que caracteriza
ao cerebro son as neuras en conexión. Para poder facer algo relevante, o cerebro precisa
desas conexións. Na vida diaria realizamos computacións mentais coma o cálculo, a lectura,
a análise de datos, o raciocinio,... E tamén resolver problemas. Polo tanto, poderíase soster
que o cómputo mental recorda á conexión de pezas máis simples co obxectivo de resolver
combinacións maiores.
Non obstante, Chomsky nega esta relación, e indica que a computación mental non resolve
os problemas conectando pezas máis pequenas, senón mediante a composicionalidade. O
fundamental da computación mental non é a conexión, senón a composición. Podo
aplicar regras a problemas pequenos co obxectivo de resolver problemas maiores mediante
a composición da resolución dos pequenos. A característica da composicionalidade é moi
relevante para a mente humana. Unha vez que podo compoñer algo grande en función de
elementos máis pequenos utilizando unha serie de regras, o problema a resolver pode ser
tan grande como sexa, pois sempre poderei resolvelo compoñendo problemas manexables e
resolubles.
Se non admite a dualidade mente-cerebro, como explica que á hora de realizar un acto
simple se dea unha intención subxacente e previa á realización do acto?
Os estudos en neurociencia indican que hai un impulso, unha vontade de realizar a acción
previa á acción, que non é a acción mesma e que é puramente mental. Chomsky argumenta
que non é certo que detrás dun acto simple haxa algo cualitativamente diferente do mesmo
acto. A intención tería un asento tan físico como o propio acto, e a intención formaría parte
do acto. O impulso, o mecanismo previo no que se asenta a acción, ten unha base tan neural
como a propia acción.
Para Chomsky, calquera aspecto mental ten un reflexo neural, concibe ao ser humano como
parte do mundo orgánico, sen aspectos espirituais que carezan de asento orgánico. Calquera
feito mental debe verse apoiado en cuestións físicas.
Podemos entender a acción como algo físico, ou como a decisión que precede á acción física.
Respecto á acción, indubidablemente si se pode establecer o correlato. Mais respecto á
decisión, tamén. A cuestión radica en atopar unha descrición precisa da decisión. Os feitos
mentais son moi complexos, varían moito entre persoas, na mesma persoa no tempo, e na
súa evolución como individuo. Podemos aspirar a atopar explicacións parciais dos fenómenos
mentais.
Un fenómeno mental comeza a ser comprendido cando é atopado o seu asento neural, e
nese momento pasa a ser físico, deixando de ser mental. Nunca será posible unha
explicación completa dos feitos mentais, pois sempre lles quedará unha dimensión
mental. Por exemplo, o medo pode ser explicado en certo modo, pois se sabe que se orixina
nas amígdalas cerebrais; mais isto explica o medo realmente? Explicar o medo en virtude do
centro mental que o rexe esgota a explicación? Sería posible a explicación absoluta de todo
tipo de medo? Segundo Chomsky é moi improbable, porque os medos son moi variados, xa
respecto ao mesmo individuo, dentro dunha comunidade, entre comunidades culturais, etc.
Pasar dun pensamento a aquilo que é subxectivable e que pode ser compartido. Decodificar
significaría pasar do mental ao físico, a algo que é máis examinable. Esta era a pretensión
dos filósofos analíticos e lóxicos. Non obstante, non dicimos que unha computadora sexa
intelixente polo mero feito de resolver problemas. Analogamente, non estamos decodificando
os pensamentos. Os pensamentos son mentais, e as filosofías son capaces de desentrañar
certos aspectos, traducíndoos a outros formatos que poden ser diagnosticados, pero habería
partes inaccesibles.
Si, pero Chomsky entende por semántico non algo que relacione á linguaxe co mundo, senón
como algo que ten que ver coa forma das expresións, coas árbores sintagmáticas. É a
estrutura profunda a que determina o significado das oracións. A semántica non é máis que
a sintaxe interpretada. Polo tanto, os universais semánticos existen pero en realidade
serían sintácticos.
Para Chomsky, toda lingüística que pretenda ser científica debe ser mentalista. O estudo
internalista da linguaxe é sintaxe, e o externalista, pragmática.
Non, porque as cores son algo máis cultural que estrutural, e os universais deben ser
sintácticos, xa que os universais son o reflexo da gramática universal que reside na
competencia. Os universais de cores no satisfacen “todas as linguas teñen a propiedade P”.
Os universais sintácticos son universais porque forman parte da gramática universal coa que
nacemos. Os léxicos, que se relacionan coa cultura, son propios dos idiomas, dos sistemas
convencionais, mais nas palabras hai partes invariantes e partes que cambian, e este aspecto
é universal. Todas as linguas teñen prefixos para negar termos e isto xa non é cultural, sería
un universal morfolóxico. Non está claro que as distincións estean vinculadas a culturas, e se
o están, habería que determinar a maneira en que se establece esa conexión.
17/11 - EXPOSITIVA
● (ab)^n, n>0: oración finitiva que presenta rercursividade lateral. A oración xérase pola
repetición dos elementos.
● {a^nb^n/n>0}: o problema é igualmente infinito (“n” ranguea de 0 en adiante) mais
aquí está involucrada a recursividade central. Hai dependencias e memoria, xa que o
número de “b” ten que imitar o número de “a”.
A noción de código
Un código representa a realidade dunha maneira ordenada. A lingua sería un código natural,
e o código morse, artificial.
Proxectar unha cousa sobre outra é establecer unha relación entre elas. Un monoide é unha
expresión alxebraica que queda determinada por un conxunto e unha operación sobre ese
conxunto (operación de concatenación). Xa Hockett falaba do blending, da asociación, e
posteriormente tamén Chomsky repararía na importancia desta operación. Un monoide é un
conxunto de elementos lingüísticos sobre os que aplicamos unha operación de concatenación
que ten dúas propiedades: é asociativa e ten un elemento neutro. Un elemento neutro é un
elemento que deixa invariable aquilo ao que se aplica (así, por exemplo, en aritmética o 0 é
un elemento neutro pola esquerda). No ámbito da linguaxe, o elemento neutro sería
equivalente ao espazo en branco na escritura, ou o silencio na oralidade; o silencio
permítenos diferenciar os elementos.
A proxección debe ser un isomorfismo: isto quere dicir que se facemos unha operación
complexa sobre os elementos do conxunto V, a forma desa operación debe ser reproducida
nos elementos do conxunto A. Isto concrétase en que debemos establecer unha
correspondencia biunívoca entre V e A, e en calquera operación complexa sobre elementos
do conxunto de partida (por exemplo, t_u) o que temos que facer é achar non a imaxe de algo
complexo, senón separar as dúas compoñentes no seus elementos e achar a proxección de
cada un deles (polo tanto, teríamos que achar f(t) e f(u)).
Así, por exemplo, a mensaxe “mañán atacamos” non pode ser transmitida tal cal é, senón
que o que debemos facer é transmitir “mañán” e “atacamos”, dividindo a mensaxe inicial nas
súas compoñentes e achando a proxección, a imaxe, de cada unha das compoñentes. Unha
mensaxe complexa debe ser dividida nas súas partes constituíntes para posteriormente unir
as imaxes.
Hai dous monoides:
● M1=<A, _>
● M2=<V, _>
● f: M2→M1
● f (isomorfismo)
○ A↔V ou correspondencia biunívoca
○ t, u∊V, f(t_u)=f(t)_f(2)
Exemplos:
Todo o que se codifica, debe ser descodificado nalgún momento. Se a min me chega unha
sucesión binaria, debo saber a que expresión da linguaxe natural corresponde. Unha árbore
é un grafo, unha estrutura na que teño nodos e enlaces (ramas) entre os nodos. As ramas
poden estar rotuladas pola linguaxe na que codificamos, e as ramas rematan en nodos onde
aparece a palabra á que correspondería unha certa secuencia numérica. Hai nodos iniciais,
nodos terminais e intermedios. Unha vez se chega a un nodo final, o autómata sitúase de
novo ao comezo ata que acha a solución do problema. Os nodos intermedios son estados
intermedios polos que pasamos ata que se complete o deletreo dunha palabra. Estado (e1,
e2) é definido por Chomsky como un conxunto de cadeas equivalentes pola dereita, é dicir,
que permiten a mesma continuación pola dereita. Os estados intermedios reflicten memorias
do que xa ten sucedido.
As cadeas ambiguas, unha vez deletreadas, poden corresponder a unha sucesión ou outra
de palabras.
A máquina deforma a mensaxe inicial repetidas veces, de maneira que a súa desincriptación
sexa moi complexa. Os rotores da máquina permitían que a mensaxe que se teclease
primeiro fose deformada por un rotor, e sucesivamente polos demais. Desta maneira, había
trillóns de posibilidades de substitución para cada mensaxe. A máquina ofrecía tal
combinatoria que non podían ser aplicados métodos estadísticos para averiguar a mensaxe
subxacente.
Correspondencias gramaticais-autómatas
Chomsky estableceu unha correspondencia que hoxe se considera unha peza estable do
coñecemento humano, unha correspondencia entre gramáticas e autómatas. Estableceu
unha xerarquía de gramáticas (cada gramática xera unha linguaxe) e amplía esta
correspondencia ás máquinas recoñecedoras, aos autómatas.
Preámbulo
Saussure utiliza o termo como sinónimo de lingua. Saussure ve a lingua como un código
mediante o cal representamos a realidade, un código natural mediante o cal suplantamos a
realidade lingüisticamente. Codificamos o mundo mediante uns signos lingüísticos, e a fala
está constituída polas combinacións mediante as cales o suxeito falante utiliza o código da
lingua con vistas a expresar o seu pensamento persoal.
Código e lingua
Semellanzas
A lingua aseméllase ao código en que ambos son sistemas convencionais que permiten
transformar unha mensaxe. É máis convencional un código que unha lingua, pois o artificial
é moito máis convencional que o natural. As linguas naturais permiten a transformación de
tradución dunhas a outras. No estudo dos códigos, como no das linguas, pódense calcular as
relacións entre información e coste. Unha propiedade das linguas naturais é a economía
lingüística. Mediante un cálculo, pódese establecer o grao de previsibilidade desexable para
diminuír os erros posibles aportando, non obstante, suficiente información. Tanto os códigos
como as linguas son sistemas constituídos por un número finito de unidades, combinables de
acordo con regras que son á súa vez finitas.
Diferenzas
Oettinger mostra que as linguas non son códigos na medida en que estes posúen unha
liberdade da que carecen as linguas. As linguas constitúense e instáuranse culturalmente.
Mediante a linguaxe natural codificamos a realidade, mentres os códigos representan os
signos lingüísticos. A lingua codifica a realidade, pero a realidade non decodifica; todos os
códigos precisan ser decodificados necesariamente.
Nos códigos pártese dunha mensaxe xa formada para chegar a outra expresada mediante
símbolos distintos para que non poida ser descifrada. Nas linguas, ata que non se acaba a
oración, non se constata a presenza dunha mensaxe, que no seu inicio aporta moi pouca
información.
Os códigos son substitutivos, e as linguas, son directas. Nos códigos hai unha reunión
biunívoca entre cada significante e cada significado. Non obstante, nas linguas a relación
non é bixectiva, senón sobrexectiva (existen os fenómenos de polisemia e homonimia).
Nos códigos non hai relación de inclusión ou intersección entre significados. Na linguaxe
natural, podemos dicir que “can” está incluído en “animal”, ou que “can” se intersecciona con
“ser humano” respecto a “ser mamífero”, pero non podemos establecer estas relacións nos
códigos. Grazas a este trazo, a lingua é un código no que é posible adaptar ás circunstancias
a cantidade de indicación significativa que se proporciona ao sinal (mediante a lingua natural
podemos dicir “dame o bolígrafo negro” ou “dáme o negro”, ou “dámo” se o contexto de
proferencia o permite). Nos códigos non podemos realizar esta serie de presuposicións
contextuais.
Xa falaramos de dous tipos de recursividade: central (incrustada, “o neno que cae foi levado
ao hospital”) e lateral (dependencias regulares, “moi, moi, moi feliz”). Os monos non xeran
linguaxe, e os experimentos que se fan con eles versan respecto a se son capaces de
interpretar cadeas.
Chomsky estableceu unha equivalencia entre gramáticas e autómatas que é estudada pola
informática.
Temos unha xerarquía de gramáticas que se pode representar por unha estrutura de pel de
debola (as gramáticas inferiores están incluídas na superior). A gramática de tipo 0 é a que
ten menos restricións. A esta xerarquía de gramáticas correspóndelle unha xerarquía de
autómatas, que se pode representar analogamente.
Cómpre especificar que a Máquina de Turing é un constructo matemático, é a noción
universal de programa. Todo programa informático podería ser realizado en termos dunha
Máquina de Turing.
Temos a secuencia (ab)^n, n>0 (gramática de tipo 3). Se o expoñente é 1, o autómata debe
recoñecer a cadea “ab”. O autómata parte do estado inicial (neste caso q0). Se entra unha
cadea “ab”, procesa “a”, pasa a un estado intermedio, q1, procesa “b” e chega a un estado
de recoñecemento ou final, q2. Se temos o expoñente 2, teríamos “abab”. Unha vez termina
o estado q2, pódese volver ao inicio indefinidamente. O expoñente indicaría as “voltas” que
realiza o autómata. Unha cadea que non pertenza a esta especificación, como “aba”, non
será interpretada. Se a introducísemos, quedaríase en q1, que é un estado de non-
aceptación. Non acadaría o final, e a mensaxe non sería interpretada. “λ” é o que indica o
bucle, é o que indica a capacidade de recursividade. Este é un autómata finito porque ten
un número finito de estados, cos que podemos recoñecer infinitas cadeas. Nos autómatas, o
fundamental son os estados, que son o que permite cambiar unha operación por outra,
realizando tarefas paso a paso pero obtendo un resultado cada vez que avanzamos nos
estados.
Un interruptor é un autómata finito, indica un proceso que non ten fin (podemos apagar e
acender indefinidamente).
Temos una cabeza lectora, q0, que inspecciona un símbolo da cinta que se atopa nun estado.
Conforme á especificación do autómata, realiza unha acción. As accións que poden facer
son: por cada letra que lea, modifica a pila (insertando un símbolo) e permanece no mesmo
estado ou transita a un estado novo. A especificación deste autómata indica que se le “a”, e
na cinta non le nada, permanece no mesmo estado (q0) e inserta unha “a” na pila. Entón, a
pila córrese cara a esquerda unha cela. Se está no estado q0 e le “b”, permanece en “q0” e
le b. Cando comeza a segunda cadea, “limpa” as letras da pila.
Cando se acaba o proceso, “vacíase” a pila.
Para saber que unha cadea é palindrómica, partímola á metade. Na metade pode estar
“landa” ou unha “c”. O reverso do que queda á esquerda debe ser o que queda á dereita.
Para recoñecer esta cadea, precisamos que o autómata esgote a primeira parte da cadea.
Unha vez chega ao elemento neutro ten que saber que a segunda parte é o reverso da
primeira. Para isto, introduce unha etiqueta por cada símbolo que introduce. Por unha “a”,
unha “A”, empurrando cara abaixo a ristra da pila; e así quedan na mesma orde que na
segunda parte da cadea (“a, b”, “A, B”).
Introduce nomes por aquilo que ten que identificar como “o reverso de”. Vai introducindo as
etiquetas por arriba (primeiro escribe “A” arriba de todo; despois, “B” arriba de todo). A
inserción por arriba permite gardar memoria do reverso, para que unha vez chegado ao final,
o autómata poida chequear que a cadea é palindrómica.
Gramáticas e oracións
Podemos establecer unha equivalencia entre as linguaxes xeradas polas distintas gramáticas
e a linguaxe natural.
● Gramática lineal ou regular (tipo 3): “pouco, pouco, pouco habilidoso”. Permite
recursividade lateral.
● Gramática libre de contexto (tipo 2): “o neno, que vin onte, foise a casa”. Permite
recursividade central.
● Gramática sensible ao contexto (tipo 1): “Xoán, a quen coñecín onte, inscribiuse no
mesmo curso que Pablo”, “a película da que che falei onte estréana esta fin de
semana”). Precisa que se garde concordancia de xénero e número.
● Gramática irrestrita (tipo 0): “é verdade que esta oración é falsa”. Frases relevantes
dende un punto de vista lóxica, que fan alusión aos paradoxos autorreferenciais. Son
oracións que nos introducen nun bucle.
As oracións da linguaxe natural xéranse na súa maioría por unha gramática libre de contexto;
en ocasións, precísase unha gramática sensible ao contexto. A gramática de tipo 0 é
irrelevante con respecto á linguaxe natural, por canto xera linguaxes caracterizadas por
propiedades formais e non-naturais. En función do tipo de oración que puidese interpretar un
animal, entón poderíamos atribuírlle o manexo dun certo autómata. Os experimentos con
primates, que requiren cadeas do tipo (ab)^n e a^nb^n, mostran que hai dúbidas con respecto
a que poidan utilizar gramáticas de tipo 3.
Palíndromos en latín:
Para Chomsky, a linguaxe é algo innato e propio do ser humano. Hauser e Fitch opóñense
as teses de Chomsky, pois consideran que a linguaxe é froito dunha evolución, de compartir
con outros animais trazos que se van diferenciando a medida que pasa o tempo e a eficacia
evolutiva provoca que desenvolvamos competencias distintas.
Compartimos con outros animais a evolución, polo que compartimos moitos trazos.
Evolutivamente compartimos con outros animais máis ou menos características biolóxicas
(como é representado á esquerda). Mais dende o punto de vista da linguaxe, do
comunicacional, somos “caixas separadas” (como é representado á dereita), non hai
comunicación entre as especies. Isto provoca perplexidade entre os lingüistas.
Ao estudar a evolución da linguaxe, hai que facer unha distinción metodolóxica entre as
cuestións relativas á comunicación e as relativas á natureza computacional que a subxace. A
linguaxe é unha facultade humana que segundo algúns ten unha función primordial,
comunicar, e segundo outros como Chomsky, representar o mundo. Isto é ao que se
denomina “natureza computacional que a subxace”: o patrón non sería ter éxito na
comunicación, algo pragmático, senón a orde, categorizar correctamente o que queremos
intelixir; e unha vez está categorizado, pode ser transmitido con maior ou menor éxito.
No estudo da linguaxe hai cuestións internas e externas. Dende un punto de vista externalista,
a linguaxe é o uso que facemos dela, un uso comunicativo que acontece nun marco social.
Como sistema de comunicación, a linguaxe é específica da cultura e configúrase como lingua
ou fala. A linguaxe externa correspóndese coa lingua e coa fala. Pero dende unha visión máis
interna ou profunda, máis esencial, vese a linguaxe dende un punto de vista internalista. A
linguaxe é contemplada como categoría da especie, algo desvinculado da cultura, como unha
compoñente da mente/cerebro especie-específica. A linguaxe interna sería a capacidade da
linguaxe.
Para Chomsky, unha teoría lingüística relevante e profunda do fenómeno lingüístico debe ser
aquela que non atenda á fala, senón á linguaxe, por máis que se recoñeza que a capacidade
debe operar nunha lingua que ademais ten fenómenos de fala.
Podemos explicar o fenómeno lingüístico como dous conxuntos, un dos cales está contido no
outro. Podemos explicar a linguaxe dende unha perspectiva restrinxida e reducida ou dende
un punto de vista máis amplo.
O sistema reducido (FLR) é o máis central e interno, permite crear as oracións ben formadas
da gramática e opera mediante as regras xenerativas, e máis concretamente, as recursivas
(as regras recursivas son as que permiten a xeración de oracións máis complexas). A parte
nuclear sería a recursión, e a periférica, a interface (o sistema FLA inclúe ambas dimensións).
Distinguimos así linguaxe mental, gobernada por regras, e a súa actualización na linguaxe
fonada e externa. As interfaces darían significado á operación das regras. Nun sentido amplo,
as linguaxes son interfaces + recursión, e nun sentido restrinxido, serían soamente recursión.
Esta conceptualización da mente/cerebro exclúe outros sistemas internos necesarios pero
non suficientes para que a capacidade da linguaxe poida materializarse, como a memoria, a
respiración ou a circulación.
25/11 - INTERACTIVA
Cerebro e linguaxe
Cerebro triúno: esta concepción explica a evolución do cerebro dende o cerebro reptiliano
ata o neocórtex pasando polo mesoencéfalo. O cerebro acumularía así varias capas ata a
configuración actual.
● Necórtex
○ Funcións cognitivas máis complexas.
● Sistema límbico (ou mesoencéfalo)
○ Rexe as nosas emocións (angustia, medo, etc.).
○ Rexe a memoria.
● Cerebelo e tronco
○ Alóxanse as funcións básicas e instintivas para a vida humana.
○ É onde se unen o cerebro e a medula.
○ Unha lesión no cerebelo implicaría unha morte case segura.
Partes dos hemisferios: permiten localizar as funcións cognitivas de maneira máis precisa
● Lóbulo frontal
● Lóbulo parietal (lateral superior)
● Lóbulo occipital (posterior)
● Lóbulo temporal (lateral inferior)
As fisuras do cerebro acollen un terreo moi basto, e moitas funcións cognitivas importantes
alóxanse nelas.
O cerebro é simétrico: o que existe nun hemisferio, existe noutro. É absolutamente simétrico
excepto por un pequeno órgano que é a glándula pineal.
A simetría
Hai unha explicación para a contralateralización segundo a cal unha criatura xirou a cabeza
180º e quedou atascada nesa posición. A partir dese momento, o hemisferio esquerdo da
criatura tería pasado a controlar o lado dereito, mentres que o hemisferio dereito, o lado
esquerdo. Quizais este suceso foi importante para as funcións de sensibilidade e motricidade.
A maior parte de sinapses alóxanse na materia gris, no córtex, que ten un espesor ínfimo, de
tal maneira que no computador que representa o cerebro a parte máis relevante e que carga
co groso das operacións é a parte máis externa. Esta capa só a teñen os mamíferos, e dentro
dos mamíferos, o ser humano ten a proporción máis alta de materia gris. A función da linguaxe
reside no córtex.
Lateralización da linguaxe
A linguaxe está lateralizada na área esquerda, que é o hemisferio que se encarga das
funcións máis analíticas e formais, de xeito que nesa zona se sitúan o pensamento lineal, a
matemática, a lóxica, a ciencia, a escritura, a linguaxe, etc.; mentres que o hemisferio dereito
é máis artístico (aloxa calidades relacionadas coa fantasía, a arte, as emocións, a
creatividade, etc.) e caracterízase polo pensamento holístico. O hemisferio dereito controla a
man esquerda, mentres que o esquerdo, a dereita (por contralateralización).
Vemos a evidencia en pacientes co cerebro dividido (pacientes que non teñen corpo calloso,
por exemplo):
Lateralización da linguaxe
Dicimos que o seu dominio é contralateral e que a linguaxe está no lado esquerdo, polo tanto,
a dominancia estaría na man dereita. Nos zurdos, unha ampla proporción tamén ten a función
lingüística do cerebro no hemisferio esquerdo.
A linguaxe de signos ten a mesma orixe que a verbal. Operar nunha zona cerebral relacionada
coa linguaxe, afectará tanto á linguaxe xestual como verbal; polo tanto, a linguaxe xestual ten
tamén unha gramática. Precisa dunha xerarquización, dunha orde, dunhas regras.
Áreas da linguaxe
A linguaxe interna
A linguaxe interna está relacionada coas estruturas que se corresponden con cognicións
elementais mediante as cales representamos e dotamos de significación ao mundo, pero
nunca co listado extensional desa aplicación. A linguaxe-I, polo tanto, define estruturas (como
combinar e manipular símbolos para xerar novas e complexas representacións). A estrutura
reflicte a información gramatical, a organización sintagmática (como se agrupan as
compoñentes, como se relacionan, etc.) e é sabido que a unha mesma cadea superficial lle
poden corresponder varias estruturas profundas. O característico da FLR (da linguaxe
interpretada nun sentido restrinxido) é a estrutura, a forma.
A recursión
○ Conceptual-intencional ➝ significado
● A recursión (FLR) conecta os sons e os significados.
A facultade da linguaxe é:
● Única ou compartida?
● Gradual ou abrupta?
● É unha adaptación única para a comunicación ou para outras funcións cognitivas que
requiren intelixencia (razoamento espacial, numérico, fabricación de ferramentas,
etc.)?
Respecto á linguaxe, podemos dicir que a FLA é homóloga á comunicación animal, é dicir,
non é exclusivamente humana. Non obstante, a FLR non sería nin homóloga nin análoga
aos restantes sistemas do mundo animal, e polo tanto é exclusivamente humana.
Dos exemplos de autoorganización serían unha duna, na que os grans de area se organizan
nunha certa estrutura, ou unha bandada de estorniños, que se autoorganizan nunha estrutura
de frecha.
Nun sentido amplo, en termos da FLA, a adquisición da linguaxe ten sido gradual, non
abrupta. Os primates parecen ter unha teoría da mente rudimentaria, que só está completa
no ser humano. Que se nos estirase a larinxe, que nos fixésemos bípedes, etc., permitiu o
desenvolvemento gradual da facultade da linguaxe.
Non obstante, a adquisición da linguaxe humana sería abrupta con respecto á FLR.
Crese que a presión selectiva sobre os humanos foi tan extraordinaria que, ante esa tesitura,
se deu unha mutación circunstancial que se perpetuou, ou unha mutación motivada por dita
constrición. Segundo Chomsky, a FLR tería xurdido como solución óptima ao problema
da conexión entre as interfaces, entre o sistema conceptual-intencional e o sensorio-
motriz. O noso sistema computacional, coas súas regras, das que nos dotamos
xeneticamente e que se actualizan de golpe a través do arrebato sintáctico que
experimentamos na infancia, permítenos representar calquera cousa do mundo. Nada é
redundante. O mínimo que debe ter é un mecanismo para xerar infinitas oracións e
materializalas a través dun conxunto de sons asociados aos seus respectivos conceptos.
Non hai unha reposta clara a esta cuestión. Tamén podemos preguntarnos se a recursión é
propia da linguaxe ou da nosa capacidade xeral de intelixencia. A recursividade é importante
noutros problemas computacionais, como o deseño de ferramentas, a orientación espacial ou
os sistemas numéricos. A fabricación de ferramentas foi un fenómeno clave no noso
desenvolvemento como homo sapiens. Asemade, a fabricación de útiles complexos pode
estar vinculada á combinación de palabras. A numeración consiste na aplicación dunha regra
recursiva partindo do 0.
Ante o tipo de cadeas G3, os tamarindos detectan regularidades, pero non respecto ás
cadeas de tipo G2. Compartiríamos cos animais o manexo de gramáticas de tipo 3, mais as
gramáticas de tipo 2, 1 e 0 serían exclusivas ao ser humano. Non obstante, experimentos
posteriores pareceron concluír que os córvidos poden detectar cadeas G2. O que se criticou
ao experimento cos tamarindos é que só se utilizaron “n” igual ou menor a 3, e os monos son
mellores incluso que os seres humanos con respecto á subitización. Quizais os tamarindos
responderon ben a este tipo de cuestións utilizando a memoria semántica, non procedimental.
Polo tanto, non estarían utilizando a recursión.
02/12 - INTERACTIVA
ASL
Con isto poden expresar practicamente todo o que concirne ao seu día a día; mais cun certo
grao de ambigüidade. O ASL non conta coa precisión da linguaxe oral. Non obstante,
ten as súas propias regras, polo que a tradución é posible. A linguaxe de xordos pode ser
comparada a unha escritura tipográfica, na cal algúns símbolos son arbitrarios e outros
altamente icónicos. Polo tanto, o seu grao de abstracción varía de signo a signo. Hai
problemas coa introdución de termos técnicos ou de nomes novos, aínda que é posible
chegar a convencións nun desenvolvemento similar ao da linguaxe oral. O feito de que se
teña instruído a Washoe en ASL abriu a posibilidade a comparacións con respecto a que
aprendizaxe ten un ser humano e cal ten un mono, por exemplo.
Laboratorio
Para conseguir resultados con animais, precísase dun período de adestramento previo. Con
alimentos recompénsase a súa conduta mediante un procedemento condutista. Adestrábase
a Washoe para que imitase os xestos e deixábaselle iniciativa para que “balbucease”
aqueles que estivese aprendendo. O balbuceo sería así unha preparación para un manexo
fluído da linguaxe xestual.
Imitación
Os chimpancés imitan ben actos, pero non sons (se tivesen a capacidade de imitación sonora
do loro, pola súa intelixencia, quizais poderían falar). Se lle facía un xesto e cando fallaba
volvíaselle a repetir ata que puidese aprehendelo. No décimo sexto mes Washoe logrou un
certo control dos xestos de imitación. Se os investigadores a presionaban demasiado, podía
mostrarse ausente, querer deixar de realizar a tarefa ou golpear ao adestrador.
Balbuceo
Condicionamento instrumental
Resultados
● Vocabulario
○ Washoe, nun período de 22 meses, aprendeu uns trinta signos que utilizaba
no contexto apropiado e de maneira espontánea.
○ Hoxe en día hai evidencias de que mediante un adestramento mellor podería
ter adquirido moitos máis.
○ Inventaba xogos e palabras (chamaba “gatos negros” aos chimpancés).
○ Mostraba creatividade á hora de utilizar os signos, conxuntándoos mediante
unha operación que está na base da linguaxe: a concatenación de unidades
máis pequenas para formar unidades máis grandes. Washoe foi capaz de
conectar termos de distinta categoría.
● Diferenciación
○ Washoe era capaz de certa xeneralización. Foi capaz de xeneralizar o xesto
“flor” para a xeneralización daquilo que ulía.
○ Utilizou o signo “máis” para unha ampla clase de peticións cando non dispoñía
de signos específicos.
● Transferencia
● Combinacións
○ Washoe puido combinar signos para formar unha especie de oración incipiente
(“open fridge”, “go street”, “listen dog”) e verbos como “go in” ou “go out”.
Conclusión