You are on page 1of 1

A revolución inglesa en textos

Os lores espirituais e temporais e os Comúns declaran, en primeiro lugar, o mesmo que


fixeron os seus antecesores en casos parecidos para asegurar os seus antigos dereitos e
liberdades:

1º Que o presunto poder da autoridade real para suspender as leis ou a execución


das leis sen o consentemento do Parlamento, é ilegal.

4º Que a recadación de diñeiro para a Coroa ou para o uso da mesma, so pretexto


de prerrogativa e sen o consentimento do Parlamento, para un período de tempo máis
longo e dun xeito distinto ó autorizado polo Parlamento, é ilegal.

6º Que o recrutamento e mailo mantemento dun exército no reino en tempo de


paz, sen o consentimento do Parlamento, son contrarios á lei.

8º Que as eleccións dos membros do Parlamento deben ser libres. E esixen e


proclaman encarecidamente todo o dito anteriormente como os seus dereitos e liberdades
incontestables.

The Bill of Rights (1689)

A nación inglesa conseguiu regular o poder dos reis enfrontándose a eles e puido
finalmente establecer un sabio goberno no que o príncipe, todopoderoso para facer o
ben, está limitado para facer o mal; no que os señores son grandes sen insolencia e sen
vasalos; e no que o pobo comparte o goberno sen desorde. A Cámara dos Pares [dos
Lores] e a dos Comúns son os árbitros da nación, e o rei é o árbitro supremo.

Non foi fácil establecer a liberdade en Inglaterra; o ídolo do poder despótico foi afogado
en sangue, pero os ingleses cren non pagar demasiado polas súas leis.

Voltaire, Cartas filosóficas. 1734.

You might also like