You are on page 1of 6

A revolución norteamericana

A independencia dos EUA


1. A tensión entre as colonias e a monarquía británica

➔ En 1773, a monarquía británica posuía, ademais do Canadá, 13 colonias en


Norteamérica.

➔ Ao Norte, as colonias vivían da agricultura de subsistencia e do comercio.

➔ Ao Sur, as colonias vivían das plantacións de tabaco e de azúcar, traballadas


por escravo.

➔ O goberno do RU non desexaba desenvolver unha industria nas colonias,


pois competiría coa nacente industria inglesa.

➔ G.B. desexaba aproveitar as materias primas americanas e monopolizar o


comercio no seu beneficio, o que prexudicaba os intercambios entre as
colonias e o resto de América.
1. A tensión entre as colonias e a monarquía británica

● A tensión política aumentou a tensión económica.

● As colonias contaban con asembleas autónomas,


que recaban parte dos impostos para a monarquía.

● Porén, as colonias negábanse a entregar ese


diñeiro, alegando que non tiñan representación no
Parlamento de Londres.
○ “No taxation without representation”

● Entre 1764 e 1767, o rei estableceu unha serie de


leis para regular os impostos das colonias.

● A resposta dos colonos foi un boicot aos produtos


británicos.
2. A declaración de independencia dos Estados Unidos de América

● En 1773, o rei estableceu as Tea Acts, que lles daban o


monopolio da venda do té nas colonias á Compañía das
Indias Occidentais.

● Os colonos rexeitaron o monopolio co “Motín do Té”,


arroxando mercadoría ao mar.

● En 1774, todas as colonias (salvo Georgia) reuníronse para


elaborar unha lista de agravios.

● En 1775, comezaron os enfrontamentos armados.

● O 4 de xullo de 1776 declarouse a independencia no


Segundo Congreso Continental, cun texto redactado por
Jefferson en xuño.
3. A guerra de independencia e a primeira constitución escrita.

● A guerra foi longa e cruenta. Os colonos non tiñan un exército e as vitorias


foron para G.B.

● Tras formar un exército -liderado por G. Washington-, chegou a


contraofensiva e a derrota británica.

● Cómpre engadir que EUA contou coa axuda de España e Francia.

● A vitorias de Yorktown (1781) abriu o camiño á independencia.

● A guerra remata co Tratado de Versailles (1783): GB recoñece a


independencia dos EUA.

● En 1787 apróbase unha constitución, que deseña un estado federal e con


separación de poderes.

● En 1789, G. Washintong converteuse no primeiro presidente dos EUA.


1. Préambulo da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América

Práctica “Cando no curso dos acontecementos humanos se fai necesario para un


pobo disolver os vínculos políticos que o ligaron a outro e tomar entre as nacións da
terra o posto separado e igual a que as leis da natureza e o Deus desa natureza lle
1. Que recolle esta Declaración? dan dereito, un xusto respecto ao xuízo da humanidade esixe que declare as causas
que o impulsan á separación.
Sostemos como evidentes en si mesmas estas verdades: que todos os
2. En que ano se redactou e onde? homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos
inalienables; que entre estes están a vida, a liberdade e a procura da felicidade; que
para garantir estes dereitos se institúen entre os homes os gobernos, que derivan
os seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando queira
3. A que colonias se refire?
que unha forma de goberno se faga destrutora destes principios, o pobo ten o
dereito para reformala ou abolila e instituir un novo goberno que se funde nos
devanditos principios, e a organizar os seus poderes na forma que ao seu xuízo
4. Que argumentos se utilizan para
ofreza as maiores probabilidades de alcanzar a súa seguridade e felicidade. A
declarar a independencia?
prudencia, claro está, aconsellará que non se cambie por motivos leves e
transitorios gobernos de antigo establecidos; e, en efecto, toda a experiencia
demostrou que a humanidade está máis disposta a padecer, mentres os males
5. Que consecuencias tivo este sexan tolerables, que a facerse xustiza abolindo as formas a que está afeita. Pero
documento? cando unha longa serie de abusos e usurpacións, dirixida invariablemente ao
mesmo obxectivo, evidencia o designio de someter ao pobo a un despotismo
absoluto, é o seu dereito, é o seu deber, derrocar ese goberno e prover de novas
salvagardas para a súa futura seguridade e a súa felicidade.”

You might also like