You are on page 1of 5

UNIDADE DIDÁCTICA2 (Actividade 1)

A01. Risco social


1.1 Introdución
Traballaremos nesta actividade ao redor de dous conceptos claves dentro da intervención
con menores e familias: risco social e desamparo, centrándonos nos indicadores que nos
axudan a valorar este tipo de situacións e na posta en práctica das diferentes medidas de
prevención.

1.2 Situacións de desprotección social


Dentro das situacións de desprotección social do/a menor pódense distinguir situacións de
risco e situación de desamparo.Risco é desamparo, aínda sendo situacións de
desprotección non fan referencia ao mesmo, pero os dous casos necesitan da intervención
por parte dos poderes públicos.
Considérase situación de risco a que se produce de feito cando a persoa menor de
idade, sen estar privada no seu ámbito familiar da necesaria asistencia moral ou material,
vese afectada por calquera circunstancia que prexudique o seu desenvolvemento persoal,
familiar, social o educativo e que permita razoablemente temer que nun futuro poida estar
incursa nunha situación de desamparo, inadaptación ou de exclusión social (Art. 26 da Lei
2/2006, de Dereito Civil de Galicia).
SITUACIÓN DE RISCO

Considérase situación de risco a que se produce de feito cando a persoa menor de idade, sen estar privada no seu ámbito familiar da necesaria
asistencia moral ou material, vese afectada por calquera circunstancia que prexudique o seu desenvolvemento persoal, familiar, social o educativo
e que permita razoablemente temer que nun futuro poida estar incursa nunha situación de desamparo, inadaptación ou de exclusión social (Art. 26
da Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia).

Situación de risco sería aquela na que pode atoparse un menor cando, a causa das súas
circunstancias persoais, familiares ou por influencias da súa contorna, se está
prexudicando o seu desenvolvemento persoal ou social, sen acadar a gravidade suficiente
para xustificar a declaración de desamparo e a separación do menor da súa familia. Nas
situacións de risco, a intervención diríxese a procurar as necesidades básicas do menor,
mellorando o seu medio familiar e eliminando os factores de risco. Non conlevan a
separación do menor da súa familia.
Constitúen situacións de risco:
▪ A falta de atención física ou intelectual da persoa menor de idade por parte dos seus
pais, nais, titores, titoras, gardadores ou gardadoras que supoña prexuízo leve para a súa
saúde física ou emocional, descoido non grave das súas necesidades principais ou
obstaculización para o exercicio dos seus dereitos, cando se estime, pola súa natureza
ou a repetición dos episodios, a posibilidade da súa persistencia ou o agravamento dos
seus efectos.
▪ A dificultade seria que as persoas referidas no apartado anterior teñan para dispensar
adecuadamente ao neno/a a referida atención física e intelectual, non obstante a súa
vontade de facelo, cando isto supoña os efectos descritos en dito apartado.
▪ O emprego do castigo físico ou emocional sobre a/o menor que, sen constituir episodio
severo ou patrón crónico de violencia, prexudique o seu su desenvolvemento.
▪ As carencias de todo orden que, non podendo ser compensadas adecuadamente no
ámbito familiar, nin impulsadas desde o mesmo para o seu tratamento a través dos
servizos e recursos esenciais e/ou normalizadores, poidan propiciar a exclusión social,
inadaptación ou desamparo da ou o menor.
▪ Outras situacións, ademais das contempladas na Lei galega de apoio á familia e á
convivencia de Galiza, que, de persistir, puideran evolucionar e derivar en desamparo
da/o menor.
A detección, valoración e intervención ante as situacións de risco corresponde ás entidades
locais, en colaboración coas outras administracións es servizos públicos e privados.Esta
intervención vai encamiñada á mellora do medio familiar, idoneidade das condicións
sociais, económicas e culturais do/a menor,a eliminación, neutralización ou diminución
dos factores de risco e dificultade social, así como a satisfacción axeitada das necesidades
do/a menor.
SITUACIÓN DE DESAMPARO

Considérase situación de desamparo a que se produce de feito a causa do incumprimento ou do posible ou inaxeitado exercicio dos deberes de
protección establecidos polas leis para a garda das persoas menores de idade, cando estas queden privadas da necesaria asistencia (Art. 7 da Lei
2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, e no art. 172.1 do Código Civil).

Constitúen situacións de desamparo:


▪ O abandono da persoa menor de idade.
▪ A existencia de malos tratos físicos ou psíquicos ou de abusos sexuais por parte das
persoas da unidade familiar ou de terceiras persoas con consentimento de aquelas.
▪ A neglixencia grave no cumprimento das obrigas alimentarias, hixiénicas ou de saúde,
sempre que supoña un prexuízo grave para a integridade do neno/a ou adolescente.
▪ A indución do neno/a ou adolescente á mendicidade, delincuencia, prostitución ou cal-
quera outra forma de explotación económica ou sexual, ou permisividade respecto a es-
tas condutas.
▪ As condutas aditivas da persoa menor de idade co consentimento ou a tolerancia das
persoas que exerzan a súa garda.
▪ O trastorno mental grave dos pais, nais, ou titores/as, gardadores/as que impida o nor-
mal exercicio da patria potestade, tutela ou garda.
▪ As condutas aditivas nas persoas que integran a unidade familiar e, en especial, das que
ostenten a patria potestade ou tutela, sempre que menoscaben gravemente o desenvol-
vemento e benestar da/o menor.
▪ A convivencia nun entorno sociofamiliar que deteriore gravemente a integridade moral
do neno/a ou adolescente, ou prexudique o desenvolvemento da súa personalidade.
▪ A falta de persoas a quen corresponde exercer as funcións de garda ou cando estas per-
soas están imposibilitadas para exercelas, ou en situación de exercelas con perigo grave
para o neno/a ou adolescente.
▪ A falta de escolarización habitual do neno/a ou adolescente co consentimento ou tole-
rancia dos pais, nais ou persoas que exerzan a garda, sempre que menoscabe o desen-
volvemento e benestar do/a menor, ou sempre que supoña un prexuízo grave do neno/a
ou adolescente.
▪ Calquera outra situación de desprotección que se produza de feito a causa do incum-
primento ou dun imposible ou inaxeitado exercicio dos deberes de protección estable-
cidos polas leis para a garda das persoas menores de idade cando estas queden privadas
da necesaria asistencia moral ou material.
Corresponde á Xunta de Galiza, a través do departamento competente, a declaración da si-
tuación de desamparo.

Medidas de prevención

En materia de protección á infancia terá carácter prioritario a prevención de posibles situa-


cións de risco ou desprotección nas que poidan atoparse os/as menores.
O apoio á familia será o principal recurso de carácter preventivo e dirixirase a cubrir as
necesidades básicas do/a menor e mellorar o seu ambiente familiar, co obxecto de garantir
o seu dereito a permanecer nel en condicións que permitan o seu desenvolvemento
integral.
O apoio á familia poderá ser:
– De tipo económico, a través das prestacións que se habiliten, cando a causa determi-
nante do risco para o desenvolvemento integral do menor proceda de situacións de
carencia ou insuficiencia de recursos.
– Psicosocial, educativo ou asistencial de carácter voluntario, cando sexa necesario fa-
cilitar ou restablecer o exercicio responsable das funcións parentais, mellorar as re-
lacións sociofamiliares e promover o desenvolvemento e benestar do/a menor, a tra-
vés de programas e medidas tales como: educadores/as familiares, escolas infantís,
gabinetes de orientación familiar,…
Como comentamos, buscarase que o/a menor continúe no seu núcleo familiar pero man-
tendo un certo control e intervención coa familia. Tamén será conveniente establecer cola-
boracións co centro educativo do/a menor en materia de prevención e detección de novas
situacións de risco.
Cada Comunidade Autónoma disporá dos seus propios recursos e itinerarios de interven-
ción, aquí citaremos algúns dos máis habituais:
– Os programas de prevención.
– A atención na propia familia a través dos plans de mellora.
– Avaliación e seguimento

Programas de prevención

Os programas de prevención familiar teñen como obxectivo a intervención en familias en


situación de risco, nas que se detectou que na contorna familiar ou social do pequeno/a hai
carencias que dificultan o seu benestar e desenvolvemento integral, e que se poden ver
abocados a situacións máis graves.
Estes programas están especializados nas diferentes áreas: psicolóxica, educativa,
social e xurídica. Xeralmente lévanse a cabo desde os concellos e ofrecen a atención
necesaria ás familias en situacións especiais ou que xorden por mor de novas dinámicas
familiares, por exemplo, familias reconstruídas, divorcios, familias monoparentais,
problemáticas con adolescentes, etc.
Algúns destes programas son os seguintes:
▪ Atención especializada a familias. Diríxense a aquelas familias que se atopan nunha
situación de dificultade concreta e que requiren de apoio e orientación no plano
psicolóxico, educativo, social ou lúdico.
▪ Apoio a familias monoparentais. Dirixidas a familias dun só proxenitor/a ou titor/a
(nai, pai, avoa, etc.) con fillos/as menores, co obxectivo de apoialas para poder superar
as dificultades sociais nas que poidan atoparse e cumprir correctamente coas súas
funcións parentais.
▪ Mediación familiar1. Dirixido ás parellas en situación de ruptura cuxa finalidade é
facilitar un punto de encontro no que se consigan acordos da maneira menos conflitiva
posible e que poidan ocuparse dos fillos/as, aínda que non exista a convivencia
conxugal.
▪ Orientación e intervención familiar2. O seu obxectivo é atender os problemas
relacionados cos procesos de conflitividade familiar a través dun servizo de apoio e
atención psicolóxica, en especial se se afrontan situacións nas que hai risco de
desestruturación familiar ou de separación ou divorcio que leven un forte custo
emocional.
▪ Puntos de encontro familiar3. Son espazos neutrais que facilitan o encontro do/a menor
co proxenitor/a que non teña a custodia ou con outros membros da familia, garantindo o
dereito de relación do pequeno/a con ambos pais/nais, de maneira segura, facilitando o
cumprimento do réxime de visitas que se teña establecido.

Atención na propia familia. O plan de mellora

A atención na propia familia pode revestir diversas modalidades en función da gravidade


da situación, do perigo de reincidencia e das consecuencias que afrontarán os pequenos/as.
A opción prioritaria parte de que os pais/nais conserven a tutela e a garda do/a menor, aín-
da que se non se obteñen os resultados esperados, a tutela pode pasar a asumila a Adminis-
tración e os pais/nais conservar só a garda. Estas medidas, a miúdo, van acompañadas de
apoio psicosocial, persoal ou económico á familia para que poida resolver a súa situación.
Ante estes casos adóitase deseñar un plan de mellora, que han de asinar os pais/nais.
Nunha primeira entrevista exporanse aqueles recursos con que conta a familia e os que
están dispostos a achegar e, en base a eles, avaliarase a posibilidade de mellora e trazarase
o proceso de axuda. En base a este acordo, un equipo de profesionais especializados
efectuará un seguimento exhaustivo do seu cumprimento e da evolución do/a menor.
Estes plans de mellora son documentos contractuais nos que se porán de manifesto
todos os obxectivos que deben lograrse en relación co asunto que se estea tratando. Así,
pasada a periodicidade que se estableza para acadalos, será máis fácil obxectivar o que se
pediu e se acordou coa familia.
Estes plans contemplan diversos puntos para traballar:
– A nivel individual: a hixiene, os hábitos, a saúde, etc.
– A nivel familiar: as relacións de amizade, as boas relacións familiares, etc.
– A nivel social: a participación nas actividades do barrio, a colaboración cos servi-
zos, etc.
Nestes documentos recóllense todas as intervencións que se deben realizar no sistema fa-
miliar. Neles vense involucrados directa ou indirectamente os profesionais de todos os
servizos que interveñen no plan, avaliando os progresos do usuario/a, cada un na discipli-
na que lle ocupa.
No deseño do plan faise fincapé nos hándicaps e disfuncionalidades. Tamén se adoita
establecer unha periodicidade para ir avaliando os avances; sempre que se demostre a súa
utilidade, estas avaliacións prorróganse as veces que sexa necesario.
Nos puntos finais destes plans de traballo cítase unha medida de tipo máis restritivo,

1
De interese: http://benestar.xunta.es/web/portal/mediacion-familiar
2
Podedes consultar: http://benestar.xunta.es/web/portal/orientacion-familiar
3
Máis información: http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Guia/guiaComunicacionAction.php?idG=6
sempre amparándose na lei, para ser adoptada se non se producen avances en ningún
sentido (por exemplo, como comentamos, a perda da tutela).
Así pois, a reintegración do/a menor ao seu núcleo familiar requirirá a condición de que
a familia acepte a intervención e sexa consciente de que esta ten que supor un cambio na
dinámica familiar, aínda que se a familia non está conforme ou non quere colaborar, o
profesional non poderá obrigala a realizar devandito cambio. É máis, son moitas as
ocasións nas que existe un manifesto rexeitamento cara a elas. Se este é o caso, o
profesional deberá tentar, a través de sucesivas entrevistas, canalizar as aspiracións da
familia e facela reflexionar sobre as consecuencias beneficiosas que comportará a
intervención.
Todo proceso de intervención dependerá do desexo de cambiar que experimente a
familia, xa que se actúa de maneira forzada ou obrigada, as expectativas de éxito da
intervención serán moi limitadas.

Avaliación e seguimento

A avaliación realízase por primeira vez ao comezo da intervención, a partir do contexto


analizado, e establecerase unha periodicidade de realización e o modo en que se levará a
cabo. Na periodicidade establecida comprobarase se se lograron os avances previstos; se é
así, reforzaranse e continuarase avanzando con outros novos; se non se acadaron analiza-
ranse as razóns e se reprogramarán os obxectivos por uns menos ambiciosos. Desta manei-
ra, a avaliación permitirá valorar a redución dos problemas iniciais da familia, a través de
diferentes profesionais ou do equipo multidisciplinar que leve o caso, o cal permitirá a
saída do programa, xa que se poderá constatar se houbo melloría da situación familiar.
En todos os casos deberá efectuarse un seguimento do/a menor e da súa familia para
previr a aparición de novas situacións lesivas para el/a. Non hai que esquecer que o
proceso de axuda familiar é unha tarefa ardua e complicada. En casos moi complexos ese
proceso pode necesitar longos períodos, mesmo anos, xa que as situacións humanas
avanzan e retroceden en función de múltiples factores. Nalgúns casos, o traballo con
familias disfuncionais prolóngase durante toda a vida desa familia. Isto débese a que, sen
axuda e sen as estratexias adecuadas, é moi difícil romper as dinámicas nas que viven
estas persoas4.

Os/as técnicos de educación infantil ante as situacións de risco

Na etapa da educación infantil aséntanse os piares para o desenvolvemento persoal e so-


cial dos nenos/as e intégranse aprendizaxes que serán a base do seu desenvolvemento ao
longo da vida.
Os axentes sociais temos a obriga de axudar a garantir os dereitos fundamentais dos
nenos e nenas, si ben esta é unha tarefa do conxunto dos e das cidadáns.
A escola infantil é un lugar privilexiado para o traballo nesta liña, traballando na
prevención e detección precoz dos problemas derivados dun entorno familiar, social,…
negativo para o desenvolvemento dos cativos e cativas.
Os/as técnicos /as en educación infantil pasan unha morea de horas ao día cos cativos e
cativas, o que lles permite poder detectar certas situacións de risco partindo da
comprobación dunha serie de indicadores. Ausencia inxustificada repetidas veces, falta de
hixiene reiterada, desnutrición,… Así mesmo é figura clave para o traballo doutros
profesionais (educadores, familiares, traballadores sociais,….) que precisan dunha estreita
colaboración para o traballo dos diferentes casos nas familias.

You might also like