You are on page 1of 3

A ALIMENTACIÓN E A SAÚDE

OS NUTRIENTES DOS ALIMENTOS


Os nutrientes son as substancias que se encontran nos
alimentos e que nos resultan útiles.

Os principais tipos de nutrientes son as graxas, os


hidratos de carbono, as proteínas, as vitaminas e os
sales minerais.

• AS GRAXAS:
- A función das graxas é proporcionar moita enerxía.

- Algunhas graxas son de orixe animal, como os embutidos


ou a manteiga.

Outras son de orixe vexetal, como o aceite de oliva.


• OS HIDRATOS DE CARBONO:
- A función dos hidratos de carbono tamén é proporcionar
enerxía.

Exemplo: a froita, patacas, pan, pasta…

• AS PROTEÍNAS:
-As proteínas proporciónannos materiais de construción
que nos axudan a medrar e a reparar o noso corpo.

Exemplo: carne, peixe, lácteos, ovos e legumes.


• AS VITAMINAS E OS SALES MINERAIS:
- As vitaminas son substancias imprescindibles que
temos que tomar en pequenas cantidades para estar
sans.
- Os sales minerais tamén son necesarios para estar
sans.
Un deles, o calcio, forma parte dos ósos, polo que é
fundamental durante o crecemento.
- As vitaminas e os sales minerais encóntranse en todos
os tipos de alimentos, pero abundan nas froitas e nas
verduras.

You might also like