You are on page 1of 26

O VERBO

Definición e estrutura morfolóxica

1º Bach IES San Clemente


O verbo

• O verbo é unha clase de palabras con


variación de número e persoa, tempo e
modo, que expresa accións, estados ou
procesos, e que funciona como
predicado dentro da oración.

• Será o núcleo dunha frase verbal:

Está moi feliz.


O verbo: clasificación
 Semanticamente: indica accións, procesos ou estados.
• Incoativos: indican comezo da acción (escurecer, adormecer...)
• Imperfectivos ou durativos: indican unha acción en transcurso
(vivir, oír...)
• Perfectivos: expresan unha acción rematada (morrer, nacer...)
• Terminativos: indican acción no seu remate (anoitecer)
• Frecuentativos ou iterativos: indican unha acción repetida
(bracear, choromicar...)
O verbo: clasificación
Sintacticamente: o é o núcleo da frase verbal e funciona
na cláusula como predicado.
• Transitivos / intransitivos: en función da necesidade ou
non necesidade dun CD.
• Impersoais: os que carecen de Suxeito.
• Copulativos: os que precisan dun Atributo.
• Pronominais: na súa construción precisan dos pronomes
me, te, se, nos, vos.
O verbo: clasificación
Formalmente: é unha palabra variable, formada polo
tema, que posúe raíz ou lexema e vogal temática, e
morfemas de modo e tempo, e número e persoa.
• Regulares / irregulares: dependendo das variacións que
se produzan na raíz.
• Defectivos: os que carecen dalgunha persoa gramatical
na súa conxugación
O verbo: estrutura xeral
• Posúe os seguintes constituíntes:
1. Tema: formado pola raíz e mais a vogal temática.
2. Morfemas flexionais: morfema de modo e tempo
e morfema de número e persoa.

R+VT+SMT+SNP
Cant-a-ba-mos: R+VT+SMT+SNP
Beb-o: R+SNP
Gard-a: R+VT
Fal-a-des: R+VT+SNP
Cas-e-n: R+SMT+SNP
Com-é-se-mos: R+VT+SMT+SNP
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Raíz. É o elemento que porta a significación léxica do verbo.


Recoñécese suprimindo a terminación de infinitivo.
Pode compoñerse unicamente dun lexema ou incorporar
outros morfemas gramaticais.

Compr-a-ba-mos (Raíz = lexema)


Des-fix-e-mos (Raíz = prefixo + lexema)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Vogal temática. Indica a que conxugación pertence unha


forma verbal.
Fal-a-ría-n (a – 1ª conxugación)
Beb-e-ría-n (e – 2ª conxugación)
Part-i-ría-n (i – 3ª conxugación)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Sufixo modo-temporal. Indica o modo e tempo das formas


verbais. A partir del, distínguense en galego tempos verbais
diferentes e 3 modos (indicativo, subxuntivo e imperativo).

É o morfema máis relevante á hora de realizar a


segmentación dos verbos.
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Sufixo modo-temporal.
• Presente de indicativo: ∅ (cant-a-∅-mos)
• Pret. imperfecto de indic.: BA / A (cant-a-ba-s, part-í-a-s)
• Pret. perfecto de indic ∅ (cant-a-∅-ches)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Sufixo modo-temporal.
• Pret. pluscuamperfecto de indic: RA (cant-a-ra-mos)
• Futuro de indic.: RE / RA (cant-a-re-mos, cant-a-rá-s)
• Futuro hipotético: RIA (cant-a-ria-des)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Sufixo modo-temporal.
• Presente de subxuntivo: E / A (cant-e-s, beb-a-s)
• Pret. imperfecto de subx.: SE (cant-a-se)
• Futuro de subx.: R / RE (cant-a-r-des, cant-a-re-n)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Sufixo modo-temporal??
• Imperativo: ∅ (cant-a-∅-de)
• Infinit.: R/RE (cant-a-r-des, cant-a-re-n) (morf. substancial)
• Xerundio: NDO (cant-a-ndo) (morf. aspectual)
• Participio: DO (cant-a-do) (morf. aspectual)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal

Sufixo número-persoal. Indica cal das seis persoas


gramaticais realiza a acción.

1ª sing.: ∅ (d-a-ba-∅) 1ª pl: MOS (d-a-ba-mos)


2ª sing.: S (d-a-ba-s) 2ª pl.: DES (d-a-ba-des)
3ª sing.: ∅ (d-a-ba-∅) 3ª pl.: N (d-a-ba-n)
MORFEMAS VERBAIS

Sufixo Sufixo
Vogal
Raíz modo- número -
temática
temporal persoal
O verbo: as formas persoais
O verbo: as formas non persoais
Carecen de desinencias de tempo e modo, e de número e
persoa (coa excepción do denominado infinitivo conxugado):
-Infinitivo: and-ar, varr-er, part-ir. Pode funcionar como un
substantivo: Andar sentoulle ben. (SUX)
-Xerundio: and-ando, varr-endo, part-indo. Pode funcionar
como un adverbio: Camiñaba alancando. (CCM)
-Participio: and-ado, varr-ido, part-ido. Pode funcionar como
un adxectivo: O neno durmido parecía un anxiño. (MOD).
O verbo: o participio
• O participio dos verbos galegos presenta dúas
posibilidades: regulares e irregulares.
• Existen verbos que só teñen participio regular, outros
unicamente irregular, e outro grupo de verbos presentan
tanto participios regulares como irregulares.
• Nos verbos con dous participios, empregaremos a forma
regular con valor verbal (nas perífrases) e a irregular con
valor adxectivo:
Ex.: Gústame o leite quente vs. Non dou quentado os pés.
Verbos con participio irregular
abrir: aberto/a
dicir: dito/a
escribir: escrito/a
facer: feito/a
morrer: morto/a
poñer/pór: posto/a
ver: visto/a
Verbos con participio regular e irregular
• cansar: cansado/a, canso/a • quentar: quentado/a, quente
• calmar: calmado/a, calmo/a • recoller: recollido/a, recolleito/a
• coller: collido/a, colleito/a • resolver: resolvido/a, resolto/a
• comer: comido/a, comesto/a • torcer: torcido/a, torto/a
• envolver: envolvido/a,
envolto/a, envolveito/a
• enxugar: enxugado/a, enxoito/a
• nacer: nacido/a, nado/a
• pagar: pagado/a, pago/a
O infinitivo conxugado
• En galego o infinitivo pode levar desinencias de número e
persoa para indicar a súa concordancia co suxeito.
Se ben a forma conxugada non é nunca obrigatoria,
recoméndase o seu uso nos seguintes casos:
• O suxeito do infinitivo é diferente do do verbo
principal: Agardo que o arranxes antes de volvermos.
• Aínda tendo o mesmo suxeito ca o verbo principal, a
cláusula de infinitivo vai introducida por unha
preposición ou hai tanta distancia entre os dous
verbos que xa se esqueceu o suxeito do primeiro: De
seguirdes así non aprobaredes, Meus primos
estiveron toda a tarde matinando en marcharen para
o estranxeiro.
Pola contra, podemos sinalar como obrigatoria a forma
invariable nos seguintes casos:
• O infinitivo forma parte dunha perífrase verbal: Temos que
marchar.
• O infinitivo está rexido por un verbo modal (querer, poder,
deber) co mesmo suxeito: Queredes estirar máis o pé do
que dá a manta.
• Con verbos causativos (mandar, facer, deixar) ou de
sentido (sentir, ver): Mandoulles comer cenorias, Sentinvos
falar ata as tres da mañá.
• Cando o infinitivo ten o mesmo suxeito ca o verbo finito do
que depende: Non vos esquezades de pechar as billas.

You might also like