You are on page 1of 60

EM

BA
T E
Revista do
comunismo galego
nº1 II xeira - xullo 2022

Un século de comunismo
galego
Clase e estratexia
revolucionaria en Galicia
Alcoa, enerxía e solución

Da necesidade de novas
Andalucía, repregamento e ferramentas para a loita
reorganización de forzas económica

Conxuntura en Euskal Herria

Embate, unha nova revista


para un novo partido
Embate. Revista do comunismo galego, nº1 da IIª xeira. Galicia, xullo de 2022.
Consello de Redacción: Comité Central do Partido Comunista pola República Galega.
Maquetación: Alberto Ardid.
Impresión: Gráficas Planeta SL, Mos-Galicia.
Peche de edición: 3 de xullo de 2022.
Depósito legal: C-1813-2005.
______________________________

Embate non se fai responsábel das opinións das colaboradoras e colaboradores, que
se expresarán de maneira individual e non representarán necesariamente a opinión da
revista. Esta reflectirase exclusivamente no editorial e nos textos asinados polo Comité
Central do Partido Comunista pola República Galega ou por calquera das súas áreas.
Pódense reproducir libremente os artigos citando fonte.

pcrg.gal
comunismoerepublica@gmail.com
Dedicamos este primeiro número da segunda xeira de Embate
a Darío Xohán Cabana, Xan López ‘Lito’, Manuel R. Soliño
‘Lelas’, Carmiña Graña, Xosé Portela, Martín Naya e Braulio
Amaro; camaradas, semente de mencer.
EMBATE xullo 2022

Editorial

Un século de comunismo galego


A configuración do comunismo galego é un proceso histórico
que chega até os nosos días, un proceso que conducirá necesariamente
ao nacemento da República Socialista Galega e que comeza coa inevi-
tábel confluencia, na primeira metade do século XX, dos elementos
máis progresistas do galeguismo cos segmentos organizados da clase
obreira consciente.

Será na década dos anos trinta cando algúns militantes comu-


nistas comecen a insistir na necesidade de prestar atención á cuestión
nacional galega, comprendendo que é un factor clave que condiciona
de xeito decisivo a vida das clases populares e a súa disposición a orga-
nizarse politicamente. Destacan, por esta banda, figuras como Benigno
Álvarez ou Luís Soto, entre outros.

En paralelo, a crecente simpatía de Castelao e da rama máis


progresista do nacionalismo polas teses marxistas propiciará a adopción
do concepto leninista de nación tal e como figura no Sempre en Galiza:
«comunidade humana estábel, historicamente formada e xurdida sobre
a base da comunidade de idioma, de territorio, de vida económica e de
psicoloxía, manifestada esta última en comunidade de cultura».

Nas décadas posteriores á Guerra Civil, mentres o pobo galego


loita por manter viva a resistencia antifascista na nosa terra e dende o
exilio, o mundo asiste á vitoria soviética sobre o nazismo alemán e ás
revolucións triunfantes en África, Asia e América. O xugo colonial do
imperialismo comeza a rachar e, para o proletariado galego, Cuba e
Vietnam convértense en referentes á altura do que antes fora Irlanda
para determinados sectores do galeguismo. Nos anos sesenta resulta xa
evidente que a emancipación nacional é incomprensíbel e inalcanzábel
fóra do marco da loita de clases. Este é o contexto no que nace a Unión

7
xullo 2022 EMBATE

do Pobo Galego como primeiro intento de dar expresión orgánica a esa


confluencia entre marxismo e nacionalismo que se viña dando dende
décadas atrás.

A UPG supón un dos maiores saltos cualitativos no proceso


de configuración do comunismo galego conseguindo converterse no
motor fundamental tanto da loita obreira coma do movemento de
emancipación nacional, que vencella maxistralmente. Tamén xogará
un papel clave na difusión da teoría marxista en Galicia.

Non obstante, as posibili-


dades do momento resultaron ser “[...] a emancipación nacional é
limitadas: se ben ao redor da UPG incomprensíbel e inalcanzábel
florecerán potentes organizacións fóra do marco da loita de clases”.
de masas –ERGA, SOG, etc.–, no
seu seo opera unha contradición
latente entre os sectores máis conservadores do nacionalismo, que pen-
san a organización en clave oportunista, e unha militancia obreira que
pretende facer da UPG un Partido Comunista de vangarda, compás e
motor da emancipación nacional e de clase en Galicia. Este antagonis-
mo saldarase coa derrota do sector obreiro da organización, laminado
primeiro, para ser paulatinamente depurado despois en varias ofensivas
anticomunistas a partires da morte de Reboiras en 1975.

Vanse formando así, fóra da UPG, grupos tales como o Partido


Galego do Proletariado en 1978, con Carmiña Graña nas súas filas,
ou o Partido Comunista de Liberación Nacional en 1986, que terá un
papel central no nacemento da FPG en 1988.

Mentres tanto, o comunismo español organizado no PCE ex-


perimentará unha severa loita de liñas, sobre todo nos setenta, que se
saldará coa aparición de novas siglas nos anos seguintes, como a Orga-
nización Obreira, na que militaría Abelardo Collazo, e as organizacións
que a sucederon, ou o PCPG.

8
EMBATE xullo 2022

A década dos noventa suporá un severo retroceso para o mar-


xismo no mundo enteiro, coa perda do enorme referente que até en-
tón supuxera a Unión Soviética e a bancarrota ideolóxica da meirande
parte do marxismo occidental. Galicia, malia todo, verá nacer novas
organizacións e partidos, tanto no ámbito do independentismo como
no seo do marxismo, tales coma APU ou Primeira Liña (MLN).

Tras o caos ideolóxico propiciado pola caída do Muro, o sé-


culo XXI será un momento de recomposición e rearme ideolóxico do
comunismo galego: os anceios bélicos dos EEUU en Oriente Medio,
o desastre do Prestige e a crise de 2008 encárganse de deixar claro,
unha vez máis, que o capitalismo non é reformábel. A vella consigna
«socialismo ou barbarie» segue a ser patente e agroman por toda Ga-
licia diversas experiencias de unidade que van moito máis aló do ins-
titucional, coma o demostrarán unhas Marchas da Dignidade capaces
de poñer en xaque ao sistema e cuestionar incluso a lexitimidade do
monopolio burgués da violencia a partir de 2013.

No entanto, as posibilidades demostraron, de novo, ser limi-


tadas, e o que comezou con grandes ilusións de vitoria e de conquista
do Poder resultou ter fébeis alicerces. Tanto AGE coma as mareas mu-
nicipais remataron perdendo o horizonte presas das derivas electora-
listas. Anova-Irmandade Nacionalista, pola súa banda, demostrou ser
incapaz de consolidarse organicamente e de exercer como eixo dina-
mizador das diversas expresións da unidade popular, o que derivou na
inevitábel ruptura de calquera vencello entre as diversas organizacións
existentes e o conxunto do pobo.

O fracaso na aplicación da estratexia frontista na década pa-


sada, debido en gran medida á febleza organizativa do proletariado
no marco dun proxecto interclasista, trouxo como consecuencia unha
situación de debilidade no conxunto do movemento obreiro galego,
cunha esquerda totalmente tomada pola socialdemocracia máis servil
ás elites e unha clase obreira despoxada por completo de calquera orga-

9
xullo 2022 EMBATE

nización que puidera actuar coma escudo ante as novas arremetidas do


capital. Porén, se algo nos aprende a historia do movemento obreiro, é
que as derrotas sempre achegan leccións e marcan tarefas. A un século
do comezo deste longo proceso de configuración do comunismo gale-
go, a situación é a seguinte:

• A realidade material da clase obreira nos nosos días evidencia que a


loita de clases é unha verdade innegábel. Asistimos a un deterioro
progresivo do noso nivel de vida que se manifesta, de momento, en
facturas cada vez máis altas, salarios cada vez máis escasos e condi-
cións laborais cada vez máis precarias, pero estamos tan só ante os
inicios dunha crise que ameaza con ser moito peor que a de 2008 e
que ademais nos colle totalmente desarmados. O capitalismo segue
vivo e é máis feroz do que nunca. Segue vixente, por tanto, a diag-
nose feita por Marx e Engels tanto tempo atrás.

• As condicións concretas de Galicia como nación subalterna no


marco do Estado Español provocan que a loita de clases se materia-
lice, no noso territorio, coma un choque frontal entre proletariado
galego e burguesía española. A burguesía española conta entre os
seus aliados cunhas elites galegas totalmente sometidas, cando non
asimiladas e, por suposto, coa burguesía internacional (alianza ex-
presada militarmente na OTAN e politicamente na UE, por poñer
dous exemplos). Se quere resistir esta vaga reaccionaria e ser quen
de organizar o contraataque, a clase obreira galega debe reconstruír
todas as súas trincheiras: os diversos movementos sociais, antirre-
presivos e de solidariedade internacionalista, un sindicalismo asem-
bleario e democrático con vocación de unidade e, sobre todo, o
Partido Comunista.

• A dramática perda de falantes da nosa lingua, xunto co avan-


ce imparábel das políticas de espolio da nosa terra para intereses
alleos, dan testemuña da imposibilidade práctica do nacionalismo
para liderar e levar a término a emancipación nacional de Galicia.

10
EMBATE xullo 2022

“Dende hai décadas resulta evidente que


a independencia das nacións sometidas é
o detonante máis eficaz para derrubar as
bases do poder burgués”.

O século XX ensina que non pode existir soberanía sen socialis-


mo. O marxismo é a teoría que permite comprender a nación con
maior claridade e proporciona, por tanto, as claves necesarias para
trazar a estratexia e a táctica da súa liberación. Esta comprensión
da nosa realidade nacional dende a lóxica da loita de clases debe ir
acompañada pola aposta renovada por unha cultura que afunda as
súas raíces no pobo, posto que a loita cultural, no caso galego, é a
loita do proletariado por ter voz propia.

Unha e outra vez ao longo dos últimos cen anos, a cuestión


nacional tense manifestado coma unha prioridade absoluta á hora de
artellar un programa revolucionario capaz de arraigar na clase obreira
galega. Dende hai décadas resulta evidente que a independencia das
nacións sometidas é o detonante máis eficaz para derrubar as bases do
poder burgués. Un século de deslindamento e constante loita de liñas
deixa claro que, chegados a este punto, as dúbidas de determinados
sectores con respecto á estratexia independentista non responden máis
que a unha deriva socialdemócrata que, consciente ou inconsciente-
mente, leva a algúns a confiar máis na cadea do Estado burgués que no
internacionalismo proletario como garantía da unidade internacional
da clase obreira.

Perante estas circunstancias, as nosas tarefas resultan evidentes:

• Consolidar a unidade de acción do conxunto do comunismo galego.

• Formular, sobre a base desta unidade, unha liña política común,

11
xullo 2022 EMBATE

firme nos principios, ambiciosa na súa estratexia e realista na apli-


cación táctica.

• Construír un Partido Comunista galego puramente proletario na


súa natureza e organizado en base aos principios do centralismo
democrático: un partido de cadros listo para a Revolución.

• Acadar a unidade de acción da clase obreira galega, propiciada e


orientada pola súa vangarda organizada no Partido Comunista.

• Materializar esta unidade nunha Fronte Única na que tanto comu-


nistas coma os sectores máis combativos e lúcidos do pobo galego
operen coordinadamente en base a un Programa avanzado que teña
como horizonte a independencia e o socialismo.

• Conquistar a República Socialista Galega, sabendo que a indepen-


dencia nacional é a única vía que conduce á desaparición do Estado
burgués e fará posíbel o nacemento da ditadura do proletariado.

O 19 de decembro de 2021, camaradas de diversa procedencia,


pensando que non tiña sentido agardar máis para dar o primeiro paso
no camiño da unidade, fundamos o Partido Comunista pola República
Galega como primeiro paso nunha senda da que aínda queda moito
por andar. Asumimos esta iniciativa convencidos e convencidas de que
un futuro digno é posíbel para a nosa terra: un futuro sen explotación
nin espolio, no que a muller traballadora sexa por fin dona incuestio-
nábel da súa propia vida e a mocidade galega quede libre da lacra da
emigración.

E porque cremos con todas as nosas forzas nese futuro, sabemos


que o PCRG non é máis que o primeiro paso na construción dese Par-
tido que, hai xa cen anos, estivo nos soños de quen deu a vida pola nosa
clase.

12
EMBATE xullo 2022

Clase e estratexia revolucionaria


en Galicia
Partido Comunista pola República Galega

O movemento obreiro galego vén de sufrir unha derrota de


carácter histórico tras pecharse o ciclo de loitas iniciado coa crise fi-
nanceira do 2008. O fracaso é histórico, en tanto que constata o es-
gotamento da estratexia e o sistema de alianzas ensaiado polo noso
movemento durante as últimas catro décadas. Non se tratou dunha
desacertada execución táctica, malia que os desacertos tácticos abonda-
sen tamén. As consecuencias desta derrota exceden con moito as dun
revés momentáneo. Basta observar o estado de bancarrota ideolóxica
da práctica totalidade dos destacamentos que se reclaman revoluciona-
rios en Galicia. A isto comeza a sumarse a progresiva disolución do que
aínda hoxe é o gran activo do noso movemento obreiro: as organiza-
cións sindicais galegas.

Sabemos que os fenómenos ideolóxicos e políticos de carácter


histórico aparecen sempre ligados a realidades materiais consolidadas
no tempo. Tal é o caso que aquí nos ocupa. Comprender os fundamen-
tos materiais da actual derrota pode resultar de axuda para establecer
o antes posíbel un novo rumbo revolucionario. O presente texto pre-
tende soamente presentar unha primeira aproximación ao problema e
propoñer para o debate unha serie de conclusións políticas.

13
xullo 2022 EMBATE

1. A clase traballadora galega:


unha clase maioritaria e tridimensional

No noso país, a porcentaxe de traballadores por conta


propia descendeu acusadamente nas últimas catro décadas. Isto é
resultado en primeiro lugar, do acelerado proceso de desagrariza-
ción. Así mesmo, o proceso de proletarización da actividade pes-
queira e a asalarización de certas profesións liberais son causantes
desta dinámica. Galicia é
hoxe un país de asalariados.
“Comprender os fundamentos mate-
Mais do 80% da poboación
que traballa en Galicia o fai riais da actual derrota pode resultar
por conta allea. Se suma- de axuda para establecer o antes
mos na conta o número de posíbel un novo rumbo revolucionario“.
empresas sen traballadores,
coñecidos como “falsos au-
tónomos”, obtemos para o ano 2020 unha porcentaxe de asala-
riados do 96%. A clase traballadora galega, porén, non constitúe
unha unidade social homoxénea. Na actualidade, podemos dife-
renciar tres segmentos con fronteiras máis ou menos delimitadas:
o proletariado industrial, o proletariado urbano e os empregados
do sector público.

1.1. O proletariado industrial

O proletariado industrial en Galicia foi considerado tra-


dicionalmente como unha fracción minoritaria e territorialmente
concentrada[1] do pobo traballador. Na actualidade, os traballa-
dores das ramas industriais representan en torno a un 15% da
poboación ocupada e a súa distribución sobre o territorio tornou-
se moito máis homoxénea. Tanto é así que os traballadores das
ramas industriais xa representan unha maior porcentaxe no em-

14
EMBATE xullo 2022

prego que os traballadores das ramas primarias nas zonas rurais. A isto
último ten contribuído decisivamente a promoción por todo o país
dos polígonos industriais. Grazas aos polígonos, o capital despexou
as cidades para o seu uso na acumulación financeira e especulativa ao
tempo que minaba as posibilidades de organización da nosa clase.

O proletariado industrial constitúe o destacamento mellor or-


ganizado e con maior combatividade da nosa clase. Para mostra, véxase
o éxito dun gran número de folgas sectoriais (metal, naval, conservei-
ras) incluso nun momento no que as direccións sindicais están a renun-
ciar a unha mobilización xeral polos seus pactos co Réxime (CCOO
e UGT) ou por motivos electoralistas (CIG). Este éxito non é apenas
só numérico, senón tamén simbólico, observándose unha grande ca-
pacidade de arrastrar a outras capas obreiras á rúa en solidariedade. En
consecuencia, podemos considerar ao proletariado industrial como o
segmento cualitativamente máis importante da nosa clase.

1.2. O proletariado urbano

O proletariado urbano eríxese, pola súa banda, coma o con-


tinxente máis numeroso do pobo traballador. Por proletariado urbano
entendemos aquí aos traballadores dos servizos e máis da construción,
ao estaren asociados polo xeral ás novas formas de vida urbana adop-
tadas pola nosa sociedade con independencia da densidade de poboa-
ción do territorio. En conxunto, os traballadores da rama de servizos,
excluído o sector público, sumaban o 50% da forza laboral en Galicia.
Se a estes engadimos aos traballadores da construción acadamos unha
porcentaxe achegada ao 60%. Este continxente, outrora considerado
secundario na loita de clases, exerce hoxe un papel fundamental nas
relacións de (re)produción.

En primeiro lugar, o aumento dos traballadores nos servizos


está relacionada coa estratexia capitalista consistente en extraer elos

15
xullo 2022 EMBATE

da cadea produtiva e situa- “Por proletariado urbano entendemos


los fóra das fábricas como aquí aos traballadores dos servizos e
empresas independentes. máis da construción, ao estaren asocia-
Por unha banda, o capital dos polo xeral ás novas formas de vida
logra ganancias de eficien-
urbana adoptadas pola nosa sociedade“.
cia derivadas do uso com-
partido por parte de varias
industrias dun mesmo capital constante xestionado por unha única
subcontrata[2]; por outra, a difusión das fábricas a través do territorio
facilita o exercicio do poder empresarial. Estes traballadores poden ser
considerados entón coma unha prolongación do proletariado indus-
trial. A maiores, cabe mencionar como boa parte dos novos empregos
nos servizos son resultado da mercantilización de certos aspectos da
vida reprodutiva e moi asociados á división sexual do traballo: coidados
médicos, psicolóxicos ou a persoas dependentes. En terceiro lugar, os
traballadores da construción posibilitan a xeración de valor a través das
actividades inmobiliarias[3]. A valorización capitalista a través das ren-
das do aluguer e dos préstamos hipotecarios é posíbel só grazas ao seu
traballo na construción e reparación de vivendas así coma na provisión
de infraestruturas para aumentar a demanda interna (éxodo rural) e
externa (turismo) destes bens.

Malia a súa situación de maior precariedade laboral e vital, o


proletariado urbano ten dado mostras ao longo dos últimos anos da
súa potencialidade política. Conflitos en empresas como Dinahosting,
AENA, Froiz, etc., dan boa conta desta afirmación no plano sindi-
cal. Tamén podemos incluír a loita de boa parte dos traballadores do
transporte, os cales propuxeron novas formas de combate de clase que
supuxeron serios apuros para o Réxime.

16
EMBATE xullo 2022

1.3. Os empregados do sector público

Por último, aqueles traballadores empregados polo sector pú-


blico representan en torno ao 20% da forza laboral de Galicia[4]. Den-
tro deste segmento de clase conviven á súa vez dúas realidades distintas.
Dun lado, os traballadores encargados da administración e funciona-
mento das institucións do Estado. Doutro, atopámonos a traballado-
res que exercen actividades (re)produtivas parcialmente substraídas das
dinámicas de mercado grazas a décadas de loita obreira: o ensino e a
sanidade fundamentalmente. Os traballadores públicos constitúen a
punta de lanza na defensa destes dereitos conquistados, e no pasado
teñen demostrado capacidade para xerar arredor de si un certo liderado
simbólico (lembremos por exemplo as mobilizacións cando lles foron
negadas as pagas extra en 2012).

O acceso ao emprego público, malia formalmente estar basea-


do no mérito persoal, presenta hoxe en día un claro nesgo de clase.
Así, a extracción de boa parte dos empregados do sector público está
relacionada coa pequena e mediana burguesía e con familias que xa
exercían un emprego público
previamente. Tal configuración
“Cómpre avanzarmos cara unha Fron- explica que, pese ao elevado
te de Clase froito da alianza entre o grao de organización dos traba-
proletariado industrial, o proletaria- lladores públicos, as súas orga-
do urbano e os segmentos obreiros nizacións e cadros adopten en
dos traballadores públicos“. non poucas ocasións posicións
dentro do campo reformista.
Porén, hai dous factores que
fan deste segmento da nosa clase susceptíbel de sumarse á causa do
proletariado industrial e urbano. En primeiro lugar, malia o menciona-
do nesgo de clase, existe unha parte dos traballadores públicos familiar
e/ou vitalmente vinculada ao proletariado. Ademais, os procesos de
privatización endóxena do sector público teñen achegado a profesores,
sanitarios, administrativos, etc. a condicións de vida e traballo máis

17
xullo 2022 EMBATE

asimilábeis ás dos traballadores do sector privado abonando así o cam-


po para procesos de politización en sentido revolucionario. Experien-
cias como as desenvolvidas polo colectivo d´A Trabe na Universidade
de Santiago marcan neste sentido o camiño a seguir.

2. Hai alguén máis disposto? A situación dos nosos


aliados tradicionais.

Desde fai máis de cinco décadas, institucionalizouse dentro do


movemento obreiro galego a seguinte consigna: en alianza cos labregos,
é necesario conquistar á (pequena) burguesía galega para a causa do
desenvolvemento económico e a liberación do país. Examinemos pois
a situación destas alianzas para avaliar as posibilidades actuais de éxito
en tal empresa.

2.1. A reconversión do mundo labrego

Durante as pasadas catro décadas o proceso de disolución das


tradicionais comunidades campesiñas foi completado até se situar o em-
prego primario nunha proporción estábel encol do 5%. Malia o reduci-
do da cifra en termos absolutos, esta segue sendo elevada en termos es-
pañois e europeos, constituíndo a principal especialización produtiva de
Galicia. Ademais estudos realizados nas últimas dúas décadas[5] sinalan
que, dados os seus vínculos comerciais coma demandantes e oferen-
tes de bens, os sectores agrarios ocupan posicións de grande relevancia
dentro da estrutura produtiva do país. Os cambios operados nas ra-
mas primarias en Galicia non só tiveron un alcance cuantitativo, senón
tamén marcadamente cualitativo. No campo, observamos coma hoxe
en día un 13% das explotacións concentra un 45% da terra cultivada e
xera o 78% da produción agro-gandeira total[6]. Este novo núcleo duro
do agro galego mantén a tradicional especialización gandeira pero dista
moito do estereotipo asociado ao labrego dos anos 70. Os titulares do

18
EMBATE xullo 2022

mencionado 13% máis activo de explotacións son persoas de mediana


idade, moitas delas con estudos superiores, e que xeran como mínimo
rendas anuais superiores aos 48.000 euros. Isto fai que as súas condi-
cións de vida sexan xa moi distintas das do proletariado, dificultando
extremadamente que esta clase tome partido polo socialismo. Ademais,
o seu reparto no territorio aparece extremadamente concentrado en
determinadas comarcas setentrionais (Deza, Terra Chá, Arzúa-Melide
e Xallas). O paso dunha política agraria baseada no mantemento dos
prezos de venda a un novo paradigma de axudas directas engadiu un
efecto fetichista innegábel, afastando ás organizacións agrarias da súa
tradicional e moi combativa oposición ao marco imperialista da UE.

2.2. A burguesía en Galicia

Para medir a importancia que as distintas ramas teñen dentro


dunha economía, podemos calcular o impacto que a subtracción de
cada unha delas ten sobre a produción total[7]. Desta maneira non
só damos conta do seu peso no PIB ou no emprego, senón que tamén
contabilizamos a súa influencia a
través dos vínculos interindustriais
“Os traballadores galegos debemos dentro do territorio. O empresaria-
ter en conta a nova configuración do vinculado con estas industrias e
material do país á hora de trazar sectores exerce, así mesmo, un pa-
a estratexia para a nosa liberación pel político predominante dentro
da súa clase dada a súa posición
nacional e social“
material. Distinguimos en función
desta análise tres estratos dentro da
burguesía que opera en Galicia cunha certa relevancia: burguesía forá-
nea, burguesía nacional e pequena burguesía.

Tomando os datos do IGE, atopamos en primeiro lugar tres


sectores de propiedade estranxeira que ocupan unha posición clave
dentro do entramado produtivo galego: a fabricación de automóbiles,

19
xullo 2022 EMBATE

a construción e a produción enerxética. A característica fundamental


destas industrias é o feito de empregaren o noso territorio como fe-
rramenta para valorizar excedentes xerados nos centros imperialistas.
Para o capital europeo do grupo Stellantis, a fábrica de Citröen en Vigo
e as súas auxiliares funcionan coma mero instrumento de ensamblaxe
a baixo custo dentro das fronteiras da UE. No caso da construción e
da enerxía, é o capital español quen tira partido do noso patrimonio
urbano e rural para obter rendementos. A xentrificación de Santiago de
Compostela ou explotación sen límites do rural para a instalación de
parques eólicos son dous exemplos prácticos de como isto se concreta.

Xunto a burguesía foránea atopamos a unha certa capa burgue-


sa nacional, cuxo papel dentro do entramado produtivo vén represen-
tado fundamentalmente nas industrias agroalimentarias e conserveiras.
A derradeira burguesía galega con mínima relevancia dentro da nosa
economía puido exercer como clase un papel dirixente orientado cara
o desenvolvemento das forzas produtivas. Porén os incentivos materiais
deste tipo de industrias, enfocadas a satisfacer a demanda de alimentos
dos grandes centros do capitalismo español, desaconsellaron tal camiño
para estas empresas. Ademais, o xurdimento de boa parte destas empre-
sas tivo a bendición cando non o patrocinio do franquismo, o cal levou
a estes empresarios a adoptar unha clara posición política en favor dos
partidos continuadores do mesmo. Así remataron Franqueira en UCD,
e Jesús Alonso en AP.

A carón tanto da burguesía foránea coma da nacional, aparecen


certos sectores de relevancia vinculados á pequena burguesía galega: o
comercio e a hostalaría. Dentro destas ramas, o 92% das empresas que
operan en Galicia contan con 5 ou menos asalariados. Malia seren sina-
lados tradicionalmente como unha clase aliada do proletariado, o certo
é que as rendas dos pequeno burgueses con máis influencia na nosa
economía proveñen fundamentalmente de quedar con parte do valor
xerado polos obreiros galegos ao servizo (directo ou indirecto) das gran-
de empresas nacionais ou estranxeiras. Os reflexos ideolóxicos xerados

20
EMBATE xullo 2022

pola súa dependencia da burguesía foránea e nacional son evidentes.


Da burguesía estranxeira aprenden os nosos pequeno burgueses a ad-
hesión á UE e á globalización unipolar liderada polo imperialismo dos
EEUU. Da burguesía nacional aprenden a súa adhesión ao Réxime e
ás súas institucións autonómicas e municipais. O seu entusiasmo ade-
mais é recompensado sendo os principais receptores das transferencias
de renda, axudas e subvencións xestionadas pola UE, o goberno au-
tonómico e os gobernos municipais tal e como puidemos comprobar
recentemente durante a pandemia.

3. Algunhas conclusións provisionais: cinco teses


para abrir un debate

Tendo en conta a análise realizada, cabe propoñer unha serie


de conclusións que abran debates necesarios no seo do movemento ob-
reiro para encarar os ciclos de loita que están por vir. Podemos resumir
tales conclusións en cinco teses de carácter provisional:

1. Galicia é na actualidade un país urbano de asalariados. Estamos


plenamente incorporados como nación aos circuítos económicos
do Estado español e a Unión Europa. A condición do noso atraso
non consiste xa na necesidade de desenvolver a nosas forzas pro-
dutivas, senón en exercer como máquina de diálise para a valori-
zación dos excedentes xerados nos centros do imperialismo.

2. A nosa clase vive hoxe dunha realidade en tres dimensións dis-
tintas tanto no plano material como no vital, ideolóxico e sim-
bólico. Ensamblarnos de novo en termos políticos require atopar
formas de organización capaces de superar tales divisións. Cómpre
avanzarmos cara unha Fronte de Clase froito da alianza entre o
proletariado industrial, o proletariado urbano e os segmentos ob-
reiros dos traballadores públicos.

21
xullo 2022 EMBATE

3. Os nosos aliados tradicionais desertaron do campo revolucionario


e atópanse na actualidade cooptados polo imperialismo español,
europeo e norteamericano. Isto é particularmente certo no caso da
(pequena) burguesía nacional. Carece de sentido reclamarlle a esta
clase que exerza unha sorte de papel histórico do cal estaría abdi-
cando. Os (pequeno) burgueses galegos exercen xa como tales, e a
única maneira que teñen de facelo, dada a nosa estrutura económi-
ca. é facendo o papel de emisarios da burguesía foránea. Papel polo
que son, ademais, relativamente ben recompensados namentres os
traballadores sufrimos as consecuencias.

4. No caso do campesiñado, atopámonos cunha clase que xa pouco
ou nada ten que ver cos pequenos propietarios de terras que domi-
naban o panorama a mediados do século XX. O labrego galego de
hoxe é profesional, de renda elevada e está concentrado territorial-
mente nun número moi reducido de comarcas. Esta nova realidade
vital unida á súa dependencia das axudas directas da Unión Euro-
pea explican o desvío do campesiñado e ás súas organizacións cara
posicións reformistas.

5. Os traballadores galegos debemos ter en conta a nova configura-
ción material do país á hora de trazar a estratexia para a nosa libe-
ración nacional e social. Galicia non ten xa pendente ningunha re-
volución nacional-democrática para o desenvolvemento das nosas
forzas produtivas. A única revolución pendente no século XXI é a
Revolución Socialista.

Poñámonos mans á obra.

22
EMBATE xullo 2022

______________________________

[1] O texto conxunto elaborado pola UPG e o PSG en 1973 expón que tan só
30.000 obreiros en Galicia traballaban en empresas de máis de 500 traballadores.
Estas estaban localizadas fundamentalmente en Vigo e Ferrol.

[2] Marx chamou a este tipo de innovacións economías de capital constante.

[3] O circuíto secundario de acumulación, para David Harvey.

[4] Na nosa análise excluiremos deste grupo aos policías, militares e demais membros
dos aparellos represivos do Estado.

[5] Véxase o traballo de Fernández Fernández e Fernández Grela sobre as táboas


input-output galegas entre outros.

[6] Véxase o artigo publicado en 2019 por López Iglesias sobre as transformacións
no mundo agrario.

[7] Esta maneira de proceder coñécese en economía como método de extracción


hipotética.

23
xullo 2022 EMBATE

Alcoa, enerxía e solución


Santalla P., E.C.

A industria electrointensiva en Galicia atópase nunha profunda crise, agu-


dizada polo anuncio de despidos na planta de Alcoa San Cibrao. Isto está
profundamente relacionado co prezo da electricidade e o peche da Central
Térmica das Pontes. Milleiros de postos de traballo están en xogo e a clase
obreira precisa dunha solución real, científica, a este grande problema de
desindustrialización que sufre Galicia e que, seguramente, teña que pasar
pola saída da Unión Europea.

1. Introdución

Para entender a crise que está a sufrir Galicia no seu tecido


industrial e enerxético é de gran axuda ollar cara a situación agónica da
súa industria electrointensiva. Pero, en primeiro lugar: Que é a indus-
tria electrointensiva?

A industria electrointensiva defínese como a industria na que,


no seu proceso produtivo, o custo da electricidade supón unha grande
parte do custo de produción final. Este tipo de industria atópase en
Galicia destacando os complexos siderometalúrxicos de Ferroatlántica,
Megasa, Aluibérica (antiga Alcoa da Coruña) e Alcoa San Cibrao.

24
EMBATE xullo 2022

A crise que está a sufrir a industria electrointensiva está culminou a


primeiros de xuño do 2020 coas mobilizacións do persoal da planta
de Alcoa en San Cibrao e das empresas auxiliares que tamén traballan
no complexo. Estas protestas debéronse ao peche anunciado pola pa-
tronal. Un peche escusado no alto prezo da electricidade no Estado
Español e á diminución da demanda de aluminio pola crise provocada
pola pandemia da Covid-19.

A continuación se exporá unha análise da situación de Alcoa


San Cibrao. Comezando por un breve encadramento histórico e fun-
cionamento da planta, seguido dunha explicación da relación desta
crise co sector enerxético, as causas e respostas políticas e, finalmente,
unha conclusión en base á información exposta para propoñer unha
solución científica en base aos intereses da clase obreira.

2. Encadramento

O 6 de outubro de 1980 o Rei emérito don Juan Carlos I e


dona Sofía asisten á inauguración oficial do complexo siderometalúrxi-
co Alúmina-Aluminio en San Cibrao, na Mariña Luguesa. A constru-
ción comezárase cinco anos atrás, no 1975, tras o informe de viabilida-
de que o INI (Instituto Nacional de Industria) encargara ás principais
produtoras de aluminio por aquel entón no Estado español: Endasa
(Empresa Nacional del Aluminio, S.A.) –non confundir con Endesa– e
Alugasa (Aluminios de Galicia, S.A.). Só a construción do complexo
implicou unha carga de traballo para 20.000 operarios, o que implicou
un brusco crecemento económico nunha zona na que predominaba o
sector primario (Paz, 2005).
“Cabe destacar [...] que de existir
A esta construción
agora a central nuclear de Xove,
tamén se lle sumou a infraes-
non se estaría dando a actual crise trutura da rede eléctrica para
en Alcoa San Cibrao”. transportar a enerxía dende a

25
xullo 2022 EMBATE

central térmica das Pontes até o complexo Alúmina-Aluminio. Aínda


que houbo algúns proxectos que foron cancelados, como é o caso da
central nuclear de Xove que sería destinada a abastecer electricamen-
te a produción de aluminio (Paz, 2005). Este proxecto foi cancelado
por mor do medo infundado na poboación por parte de certos secto-
res políticos e activistas, baseándose nos mesmo credos anticientíficos
que aínda existen a día de hoxe sobre a enerxía nuclear. Cabe destacar,
como se explica máis adiante, que de existir agora a central nuclear de
Xove, non se estaría dando a actual crise en Alcoa San Cibrao.

Cando comezou a produción, o complexo tiña un persoal de


1.600 traballadores directos e cerca de 6.000 indirectos a través de em-
presas auxiliares que tamén traballaban no complexo (Paz, 2005).

A mediados da década dos 80, coa chegada da reconversión


industrial, que atacará fortemente ao sector naval, o sector do aluminio
tamén se viu afectado coa fusión de Endasa e Alugasa para dar lugar ao
grupo público Inespal. Dende entón comezou un proceso de privati-
zación do sector do aluminio no Estado Español culminando no 1998
coa venda do grupo Inespal á multinacional Alcoa.

Na actualidade, o complexo de Alcoa en San Cibrao é un dos


máis avanzados de Europa, tecnoloxicamente, na produción de alúmi-
na e aluminio, sendo tamén dos máis importantes en cantidade e cali-
dade na produción de aluminio. A pesar disto, Alcoa pretende abando-
nar as súas instalacións no Estado Español dende hai meses, culpando
a un encarecemento da electricidade no estado, o que imposibilita a
venta do aluminio a prezos competitivos. Esta cuestión xa provocara
unha profunda crise nas plantas da Coruña e Avilés, que foron mer-
cadas polo fondo de inversión suízo Partner Capital o 1 de agosto
do 2019, trocando o nome das factorías por Aluibérica (Nós, 2019).
Meses despois, o pasado 15 de abril de 2020, o grupo valenciano Gru-
po Industrial Riesgo merca a maior parte das accións das factorías de
Aluibérica –A Coruña e Avilés– (E.P., 2020). Entrementres, a multina-

26
EMBATE xullo 2022

cional Alcoa comeza un desmantelamento do complexo de San Cibrao


que é denunciado polos sindicatos tralos recentes despidos na propia
factoría e nas empresas auxiliares chegando a afectar a máis de 1.000
traballadores (Nós, 2020a). O peche do complexo de San Cibrao se-
mella inminente a pesar dos máis de 1.000 millóns de € en axudas que
recibiu na última década por parte do Estado para manter a produción
(Nós, 2020b).

Nesta situación, a nivel político comeza unha batalla na que


a Xunta de Galicia presidida polo PP se exime de calquera tipo de
responsabilidade culpando da situación da industria electrointensiva
ao goberno de coalición do PSOE no Estado Español. Por parte do
goberno de coalición formado por PSOE e UP rexéitase en primeiro
lugar un proceso de nacionalización como solución á crise en Alcoa
San Cibrao despois de meses sen escoitar nada sobre o Estatuto Elec-
trointensivo que prometera a Ministra de Traballo Yolanda Díaz para
evitar precisamente chegar a esta situación.

3. Electrointensivas e Centrais Térmicas

Para comprender porque a industria electrointensiva non pode


asumir na actualidade o prezo da enerxía eléctrica, hai que atender
a como foi evolucionando o sector da transformación/produción de
enerxía eléctrica en Galicia.

A transformación de enerxía primaria ao longo da historia


da humanidade estivo baseada principalmente na biomasa. No caso
galego, apréciase na figura 1 como, a partir dos anos 50, comezou a
aparecer moi lentamente a produción enerxética a través das centrais
hidráulicas. A evolución da enerxía primaria transformada aumentou
drasticamente coa construción da refinería de Repsol na Coruña no
1964 (Miras, 2004). Aínda que isto non implica necesariamente un
aumento na produción de enerxía eléctrica, dado que esta enerxía é

27
xullo 2022 EMBATE

Figura 1: Evolución da enerxía primaria transformada na Galiza en ktep, 1901-2015 (Doldán, 2017)

empregada maiormente no sector do transporte. Posteriormente, a me-


diados dos anos 70, aparece un gran aumento debido ao consumo de
carbón (Figura 1).

O gran aumento no uso do carbón débese á extracción mi-


neira comezada no ano 1976 nos xacementos das Pontes e Meirama
e o aproveitamento deste carbón nas súas respectivas centrais térmicas
(Cuncosa et al, 2017). Non é casualidade que nese momento estivera
en construción o complexo Alúmina-Aluminio de San Cibrao, posto
que tamén se estaban a construír as subestacións e a rede para alimentar
o actual complexo de Alcoa San Cibrao coa central Térmica das Pontes
(Paz, 2005). De feito, como se aprecia na figura 2, cando se inaugura
o complexo de Alúmina-Aluminio en San Cibrao, a transformación
do carbón na Galicia alcanza o seu máximo histórico. Co paso dos
anos, o consumo de carbón nas centrais vai diminuíndo até chegar a
un profundo mínimo no ano 2010, cando o carbón das minas galegas
é esgotado e as centrais térmicas comezan a funcionar con carbón de
importación. O funcionamento das centrais empregando carbón im-
portado prolongouse aproximadamente unha década até a actualidade.

28
EMBATE xullo 2022

Na actualidade, Endesa anunciou o peche inminente da Cen-


tral Térmica das Pontes (malia terse comprometido anos atrás a pro-
longar a produción até incluso o 2045) argumentando que o peche
se debe ao encarecemento no último ano do prezo nos dereitos de
emisións da UE e tras varios meses de baixa actividade fracasando nos
ensaios con biocombustíbeis (Pardo, 2019a). Unha situación idéntica
acontece con Naturgy e a Central Térmica de Meirama, provocando
folgas indefinidas nas dúas centrais e incluso unha folga xeral no con-
cello das Pontes de García Rodríguez (Barro, 2020).

Non é casualidade que, do mesmo xeito que a actividade in-


dustrial comeza á vez na central térmica das Pontes e no complexo
Alúmina-Aluminio de San Cibrao, tamén aconteza o mesmo co cese
da actividade nos dous complexos. A actividade da industria electroin-
tensiva en San Cibrao está fortemente ligada á actividade na Central
Térmica das Pontes. A mesma lóxica ha de ser aplicada co resto de
industrias electrointensivas e as súas respectivas fontes principais de

Figura 2: Evolución do carbón transformado na Galicia en ktep, 1901-2015 (Doldán, 2017)

29
xullo 2022 EMBATE

enerxía no País. Por iso, “O peche da central térmica de carbón


é absurdo estudar estes
implicou que só estiveran dispoñíbeis
dous fenómenos de xeito
aillado, e propoñer “so- [...] enerxías cun custo de produción
lucións” sen atender ao maior, como é o caso [...] das enerxías
sistema enerxético e pro- renovábeis”.
dutivo no seu conxunto.

O peche da central térmica de carbón implicou que só estiveran


dispoñíbeis na rede eléctrica enerxías cun custe de produción maior,
como é o caso da meirande parte das enerxías renovábeis. En realidade
este é o obxectivo das políticas da UE para fomentar o uso de enerxías
renovábeis, aínda que en teoría se deberían seguir plans de transición
ecolóxica para non chegar, precisamente, a situacións como a que se
está a sufrir na Galicia.

4. Resposta política

A medida que se foi coñecendo a posibilidade do peche da


Central Térmica das Pontes (e a de Meirama), a clase política xogou
un papel moi importante (que non útil) moitas veces mentindo sobre
a situación real da central e os compromisos de Endesa (e Naturgy) e,
outras veces, facendo “propostas” moi distantes do criterio científico:

• O Estado español estivo subvencionando a Alcoa con máis de


1.000 millóns de € durante a última década para que a multi-
nacional puidera continuar operando no Estado. Ademais de
que o vixente estatuto electrointensivo lle facilitaba a compra
de electricidade á metade do prezo (Nós, 2020a).

• 05/10/2019. Pedro Sánchez, presidente en funcións por aquel
entón, afirma que «Ningún trabajador se verá afectado» (Casco,
2019). Isto na actualidade vese que é rotundamente falso.

30
EMBATE xullo 2022

• 08/11/2019. Endesa presenta aos seus accionistas os motivos do


peche e desminte a Feixóo após de que o presidente da Xunta
afirmara de que o peche se debe á mala xestión do goberno
central (Pardo, 2019b).

• Endesa propón a instalación de 1.505 MW en enerxía eólica


para paliar o peche da central. Esta mesma proposta é sostida
por partidos como Podemos Galicia.

• 0/12/2020. O PSOE e Unidas Podemos presentan o seu acor-


do para o goberno de coalición. No texto din no punto 3.2.
«Completaremos la aprobación del Estatuto del consumidor
electrointensivo» e sobre as térmicas di no punto 3.3. «Desarro-
llaremos planes de acción urgente para las comarcas afectadas
por el cierre de centrales de carbón» (PSOE & UP, 2020). Non
se volveu saber nada do Estatuto Electrointensivo.

• 09/01/2020. O BNG e o PSOE presentan o seu pacto de in-
vestidura no que se menciona unha transición xusta para As
Pontes e a creación dunha mesa de traballo para buscar unha
solución para Alcoa (PSOE & BNG, 2020).

• 14/01/2020. Alemaña abre unha nova central de carbón de alta


eficiencia mentres se desmantelan todas as centrais térmicas de
carbón do sur de Europa (L.O., 2020).

• 15/01/2020. Convócase na vila das Pontes de García Rodríguez


unha folga xeral que é secundada pola case totalidade dos ve-
ciños. Unhas 2 mil persoas asisten á marcha na vila de 10 mil
habitantes (Barro, 2020).

• 29/05/2020. Alcoa anuncia o despido de 800 traballadores en
San Cibrao (Ferreiro, 2020).

31
xullo 2022 EMBATE

• 07/06/2020. Mobilízanse máis de 20.000 persoas nunha ma-


nifestación en Viveiro esixindo unha solución para Alcoa na
Mariña Lucense (Nós, 2020c).

5. Conclusións

A causa desta crise en Alcoa San Cibrao débese ao alto prezo na


electricidade. Un alto prezo debido ao peche da Central Térmica das
Pontes por mor do alto prezo dos dereitos de emisións que creou a UE.
En primeiro lugar, débese expoñer por que a UE está tomando estas
medidas tan drásticas denominadas de “transición ecolóxica” e por que
os partidos que pretenden defender os intereses da clase traballadora
aínda non foron capaces de realizaren unha proposta firme ante a perda
de milleiros de postos de traballo.

O profesor Doldán García (2008) explica no seu traballo “A


situación enerxética galega no contexto europeo” como a Galicia e a
UE no seu conxunto se atopaban nunha situación de alta dependencia
enerxética. Isto é que a enerxía que necesita a UE na súa maior parte é
importada, dada a economía baseada en fontes de enerxía fósil (carbón,
petróleo, gas natural…) que na súa práctica totalidade é importada.
Emporiso, é moi lóxico pensar que: o que realmente está detrás desta
gran ambición por pechar as centrais térmicas de combustíbeis fósiles
(carbón e gas natural) xunto coa aposta polas enerxías renovábeis, sexa
o interese da UE en ser independente enerxeticamente (ou polo menos
de diminuír a súa dependencia). Todo isto disfrazado dun postargu-
mento de responsabilidade ambiental.

Por outro lado temos o gran problema que supón o actual dis-
curso ecoloxista na esquerda. Dada a gran importancia que está tendo
o movemento ecoloxista nos último tempos, é imposíbel de conciliar
a profunda contradición á que se enfrontan os partidos que asumen
os discursos ecoloxistas anticientíficos que se posicionan en contra da

32
EMBATE xullo 2022

enerxía do carbón aínda que existan tecnoloxías que eviten gran parte
da problemática ambiental que poderían ocasionar como é a Gasifi-
cación de Carbón Integrada en Ciclo Combinado ou a Oxicombus-
tión entre outros métodos (do mesmo xeito que acontece coa enerxía
nuclear e como pasou coa proposta da planta nuclear en Xove que
podería ter evitado esta crise) (Thierry et al, 2017). Esta gran contra-
dición fai que os partidos que asimilen estes discursos anticientíficos
non sexan capaces de posicionarse cos intereses da clase obreira como
é o caso da Centrais Térmica
das Pontes. Dadas as implica-
“Esta gran contradición fai que os cións que este problema causa
partidos que asimilen estes discursos en Alcoa San Cibrao, tamén
anticientíficos non sexan capaces de fracasan as posturas políticas
posicionarse cos intereses da clase que pretenden tratar esta pro-
obreira [...]”. blemática de forma illada sen
atender ao conxunto.

Mentres tanto, escóitanse propostas como a de Endesa e a de


Podemos Galicia de instalar 1.500 MW de enerxía eólica para paliar
o peche das Pontes. Esta proposta fíxose antes de que se anunciara
o peche do ciclo combinado das Pontes que supoñen uns 800 MW
adicionais, un total de 2.300 MW que se apagarán definitivamente.
Propoñer esta inversión en enerxía eólica é ineficaz, ineficiente e ilóxi-
co por varios motivos:

1. A enerxía eólica é moi intermitente e impredecíbel. Non está


funcionando constantemente e non se sabe cando vai funcionar,
polo que dificilmente se vai ter en disposición eses 1.500 MW de
muíños eólicos cando a rede o precise.

2. A proposta é un claro acto de propaganda verde para Endesa e
unha declaración de boas intencións para os partidos que apoien
isto. Dicir que se vai facer esa inversión xusto cando se anuncia o
peche inminente da central é unha proposta imposíbel posto que

33
xullo 2022 EMBATE

se tardan varios anos en realizar todos os procedementos técnicos e


administrativos para instalar un parque eólico. Ademais, a infraes-
trutura require unha inver-
sión inmensa. Para instalar
1.500 MW de muíños eó- “[...] a solución pasa por abandonar a
licos, tendo en conta que UE [...] co fin de garantir os postos de
cada muíño convencional traballo e poder deseñar unha verda-
ten unha potencia de 2 deira “transición ecolóxica” [...]”.
MW, deberían de ser insta-
lados 750 muíños eólicos.
Para paliar tamén o peche do ciclo combinado deberían de ser uns
1.150 muíños eólicos. En total, instalar 2.300 MW de muíños eóli-
cos sería multiplicar por máis de 5 veces a potencia eólica instalada
no ano 2019 en Galicia (Xunta de Galicia, 2020).

3. Esta proposta non estaría solucionando o grande problema de des-
emprego que supón o peche da térmica, posto que grande parte
dos traballadores directos son os transportistas que levan o carbón
dende o Porto Exterior de Ferrol á Central Térmica e As Pontes.

En definitiva, a causa está na lexislación Europea que forza a


desaparición das centrais térmicas convencionais e que afecta directa-
mente á industria electrointensiva. Afecta especialmente ao carecermos
dunha planificación desta “transición ecolóxica” que posibelmente po-
dería ter anticipado toda esta crise. Agora ben: se o problema está na
Unión Europea, na súa lexislación que pecha centrais no sur de Europa
e inaugura centrais de carbón de última xeración na Alemaña; entón
a solución pasa por abandonar a Unión Europea e a súa lexislación co
fin de garantir os postos de traballo e poder deseñar unha verdadeira
“transición ecolóxica” ante o esgotamento das fontes de enerxía fósil
como é o carbón nas próximas décadas.

Pola contra, se queremos permanecer na Unión Europea, de-


bemos aceptar o peche definitivo das centrais térmicas de Meirama,

34
EMBATE xullo 2022

As Pontes (probabelmente tamén a de Sabón) e o desmantelamento


da industria electrointensiva de Aluibérica, Alcoa e Ferroatlántica. En-
camiñándonos cara un futuro desindustrializado e á súa consecuente
crise socioeconómica.

6. Bibliografía

- Barro, P. (2020, 15 xaneiro). “As Pontes sae en apoio das traballadoras da cen-
tral”. Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/pon-
tes-sae-apoio-das-traballadorasda-central/20200114155725089568.html

- Casco, J. G. (2019, 5 outubro). “Pedro Sánchez mira a As Pontes: «Ningún tra-


bajador se verá afectado»”. Recuperado de https://galicia.economiadigital.es/poli-
tica-y-sociedad/pedro-sanchez-mira-aas-pontes-ningun-trabajador-se-vera-afecta-
do_656255_102.html

- Doldán García, X. R. (2008). “A situación enerxética galega no contexto europeo”.


Revista Galega de Economía, vol. 17, núm. extraord. (2008), pp. 241-262. 241-262
ISSN 1132-2799

- Doldán García, X. R. (2017). “Achega cuantitativasobre o uso e consumo de recur-


sos en Galicia no século XX”. Xornada: O Antropoceno e a “Grande Aceleración”:
unha ollada desde Galicia. Recuperado de http://consellodacultura.gal/mediateca/
extras/CCG_ac_2017_antropoceno_xa ndoldan.pdf

- E.P. (2020, 15 abril). “Un grupo industrial valenciano compra a antiga plan-
ta de Alcoa na Coruña”. Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdiario.gal/
articulo/economia/grupo-industrial-riesgo-compraantiga-planta-alcoa-coru-
na/20200415194151095334.html

- Ferreiro, X. (2020, 29 maio). “Alcoa pasa a factura: bota á rúa preto de 800 traba-
lladores”. Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdiario.gal/articulo/economia/
alcoa-bota-rua-preto-800- traballadores/20200528222125098588.html

- Juncosa, R., Delgado, J., Cereijo, J. L., & García, D. (2017). “Análisis hidroquímico
comparativo de la formación de los lagos mineros de As Pontes y Meirama (España)”.
- L.O. (2020, xaneiro 14). “Alemania abre una central térmica en plena ola de cierres
y descarbonización”. La Voz de Asturias. Recuperado de https://www.lavozdeastu-

35
xullo 2022 EMBATE

rias.es/noticia/asturias/2020/01/13/alemania-abrecentral-termica-plena-ola-cierres-
descarbonizacion/00031578933163950846408.htm

- Miras Araujo, Jesús (2004). “El tráfico mercantil portuario en una etapa de tran-
sición: A Coruña, 1913-1960”. Investigaciones Geográficas (Esp), núm. 33, ene-
ro-abril, 2004, pp. 119-140. Recuperado de https://www.redalyc.org/articulo.
oa?id=17603307

- Nós, Redacción. (2019, 4 agosto). “As plantas de Alcoa na Coruña e Avilés pa-
san a mans de Parter Capital”. Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdia-
rio.gal/articulo/economia/plantas-alcoa-coruna-avilespasan-mans-parter-capi-
tal/20190731160004082646.html

- Nós, Redacción (2020a, 28 maio). “Alcoa San Cibrao: feche da planta de Aluminio
e 500 despidos”. Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdiario.gal/articulo/eco-
nomia/alcoa-500- despidos/20200528065858098515.html

- Nós, Redacción (2020b, 29 maio). “Alcoa recibiu nesta década máis de mil millóns
de euros en axudas e subvencións”. Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdia-
rio.gal/articulo/economia/alcoa-recibiu-nesta-decada-maismil-millons-euros-axu-
das-subvencions/20200528153634098547.html

- Nós, Redacción. (2020c, xuño 8). “A Mariña mobilízase polo futuro de Alcoa”.
Nós Diario. Recuperado de https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/20000- per-
soas-marchan-marina-po/20200607190945099171.html

- Pardo, M. (2019a, 5 outubro). “¿Por qué ahora? Respuestas para el inevitable fin de
la térmica de carbón de As Pontes”. eldiario.es. Recuperado de https://www.eldiario.
es/galicia/economia/Endesa-carbon_0_948756061.html

- Pardo, M. (2019b, 8 novembro) “Endesa expón aos accionistas as razóns para pe-
char nas Pontes e desmente a Feijóo”. Praza Pública. Recuperado de https://praza.
gal/politica/endesa-expon-aos-accionistas-as-razons-parapechar-nas-pontes-e-des-
mente-a-feijoo

- Paz, C. A. G. (2005). “A factoría de Alcoa en San Cibrao: vintecinco anos de histo-


ria”. Boletín do Museo Provincial de Lugo, (12), 221-235.

- PSOE & BNG (2020). “Acordo de investidura BNG e PSOE”. BNG. Recupera-
do de https://www.bng.gal/media/bnggaliza/files/2020/01/03/Acordo%20BNGP-
SOE%20investidura%20de%20Pedro%20S%C3%A1nchez.pdf

36
EMBATE xullo 2022

- PSOE & UP (2020). “Coalición Progresista. Un nuevo acuerdo para España”.


PSOE. Recuperado de https://www.psoe.es/mediacontent/2019/12/30122019-Coa-
lici%C3%B3n-progresista.pdf

- Thierry Lecomte, José Félix Ferrería de la Fuente, Frederik Neuwahl, Michele Ca-
nova, Antoine Pinasseau, Ivan Jankov, Thomas Brinkmann, Serge Roudier, Luis Del-
gado Sancho (2017). “Best Available Techniques (BAT) Reference Document for
Large Combustion Plants”. EUR 28836 EN; doi:10.2760/949

- Xunta de Galicia. (2020, 16 xaneiro). “Galicia aumentará a potencia eólica ins-


talada en máis dun 15% grazas ao impulso que supuxo para este sector a Lei de
implantación empresarial. Recuperado de https://www.xunta.gal/notasde-prensa/-/
nova/46296/galicia-aumentara-potencia-eolica-instalada-maisdun-15-grazas-impul-
so-que-supuxo

37
xullo 2022 EMBATE

Da necesidade de novas
ferramentas para a loita
económica
Unha panorámica e proposta dende
o comunismo independentista

Moncho Lareu Riveiro

Introdución histórica

Nos anos 70, nos estertores do réxime franquista e no medio da


transición cara a IIª Restauración borbónica, para alén das históricas e
mermadas CNT e UXT, emerxen da man do PCE as Comisións Ob-
reiras. Porén, o nacionalismo revolucionario galego, asume como unha
tarefa fundamental na construción dun movemento nacional-popular
de noso a creación dunha ferramenta sindical agraria (as Comisións
Labregas, logo SLG) e dunha ferramenta sindical obreira. Así, o Sindi-
cato Obreiro Galego (SOG) fúndase en 1975 promovido pola Fronte
Obreira da UPG histórica (1964-1976). O SOG ten como horizonte o
Sindicato Único Galego e fai parte da Asemblea Nacional-Popular Ga-
lega (AN-PG). Esta central inicia a publicación do voceiro Eixo cando

38
EMBATE xullo 2022

comeza a coller forma a idea da creación dunha Intersindical que unifi-


que todos os sindicatos de ámbito galego. Esa Intersindical Nacional
Galega (ING) nace en 1977 coa fusión da SOG cos sindicatos na-
cionais de ramo Sindicato de Traballadores Galegos do Mar (STGM),
Sindicato dos Traballadores Galegos da Administración Pública (ST-
GAP), Unión dos Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG), Unión
dos Traballadores da Sanidade de Galiza (UTSG) e Unión dos Traba-
lladores da Banca de Galiza (UTBG). A nova ING continúa a publica-
ción, agora xa estábel, do voceiro Eixo.

Paralelamente, e por un lado, a Confederación de Traballa-


dores Galegos (CTG) xurde en 1979 formado por cadros galegos do
Partido do Traballo procendentes da Confederación Nacional Gale-
ga da estatal Confederación de Sindicatos Unitarios de Trabajadores
(CSUT). Por outro lado, a Confederación Sindical Galega (CSG)
fórmase 1980 a partir dunha escisión na USO de Galiza. A CSG con-
taba cunha composición heteroxénea, con cadros sindicais membros
do nacionalismo federalista (Unidade Galega, logo PSG-EG), e outros,
militantes do socialismo independentista (PGP, logo Galicia Ceibe).
No entanto, o Partido Galego do Proletariado promovera anterior-
mente o Movimento Asambleario de Traballadores (MAT) como
alternativa aos proxectos sindicais do oficialismo nacionalista e cunha
incidencia limitada á conflitiva Ascón e a outros centros de traballo de
Vigo.

Na segunda metade dos 80 o sindicalismo galego desenvól-


vese dividido. A Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos
(INTG) créase entre 1980 e 1981 coa fusión da ING e a CTG, e
en 1982 prodúcese a integración da Confederación Sindical Galega
(CSG). En 1984, nace no seu interior Converxencia Sindical Naciona-
lista (CSN), unha corrente interna formada por afiliados procedentes

39
xullo 2022 EMBATE

da CTG e da CSG. A INTG “o nacionalismo revolucionario gale-


continúa coa publicación da go asume como unha tarefa funda-
segunda xeira de Eixo. Por mental na construción dun movemento
outra parte, a Confedera- nacional-popular de noso a creación
ción Xeral dos Traballado- dunha ferramenta sindical agraria [...]
res Galegos – Intersindical e dunha ferramenta sindical obreira”.
(CXTG-IN) nace en 1985
como escisión da INTG a
partir da CSN. É, en definitiva, un sindicato herdeiro da CTG e da
CSG. Coa consigna sindicalismo galego sen ataduras consigue o sorpasso
á INTG nas eleccións sindicais e edita o voceiro Adiante, encol do cal
se forma o activo Clube Cultural Adiante.

Entrada xa a década dos 90 aumentan as voces favorábeis á


fusión entre INTG e CXTG-IN para recuperar a unidade perdida. Por
pormos un exemplo, cadros de ambos sindicatos vinculados ao PCLN/
FPG crean en 1990 o efémero Sindicato de Traballadores Galegos
(STG) coa finalidade principal de favorecer a converxencia entre am-
bas centrais. Dado o paso, a denominada Converxencia Intersindi-
cal Galega (CIG) é produto da unidade de acción entre a INTG e a
CXTG-IN. Tal unidade de acción, comeza en 1990 e culmina en 1994
co Congreso Constituínte da Confederación Intersindical Galega
(CIG). Durante esta etapa anterior a 1994, as dúas centrais continúan
a funcionar de modo independente pero coordinado, asinando toda
a súa propaganda como INTG-CIG e CXTG-CIG, respectivamente.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) nace en 1994 coa fusión
definitiva da INTG-CIG e da CXTG-CIG. Coa CIG recupérase –até
1999– a unidade total do sindicalismo nacional e de clase perdida en
1985. Esta central admite a formación de correntes internas organiza-
das, das cales a hexemónica é a vinculada á UPG-BNG, seguida pola
Corrente Sindical de Esquerdas (CSE), próxima ao comunismo inde-

40
EMBATE xullo 2022

pendentista representado no momento pola extinta FPG. Para alén da


CSE, existiron outras correntes vinculadas á esquerda independentista
externa ao mundo-Bloque, como por exemplo a Corrente Sindical An-
ticapitalista (CSA), de menor importancia e lonxevidade que a CSE,
ou a Corrente Sindical Causa Obreira, fusión da Colectivo 10 de mar-
zo e da Corrente Sindical pola Base. Así, a CIG foise convertendo co
paso do tempo nun sindicato representativo capaz de lle disputar a
hexemonía a CCOO e UXT e nunha ferramenta esencial para a clase
obreira galega.

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT), fúndase en


1999 a partir dunha escisión na CIG. Os seus membros proceden de
parte da Corrente Sindical de Esquerdas (CSE) de Compostela, Ri-
beira, O Morrazo e A Coruña. Publica o xornal Información Obreira e
posteriormente a revista O Xornal. Acaba por integrar sindicatos sec-
toriais como Alternativas na Xustiza ou Unión Sindical de Docentes
de Galicia (USDG), logo CUT-Ensino. Porén, a ausencia de cohesión
entre as unións comarcais provoca algunhas escisións ou baixas de dis-
tinta importancia Así, por exemplo, a Central Obreira Galega (COG)
é a escisión dun sector maioritario na Unión Comarcal coruñesa da
CUT en 2009 e que se acaba por integrar na CIG en 2015.

O momento actual

O panorama do sindicalismo galego en 2022 é o que sigue:


está representado pola CUT e, sobre todo e principalmente, pola CIG,
que recentemente se converteu no primeiro sindicato de Galiza ao su-
perar a CCOO e UXT tanto en número de afiliación coma en número
de delegados e delegadas nas eleccións sindicais. Tamén existen peque-
nas centrais sectoriais como, por exemplo, o Sindicato de Traballadores

41
xullo 2022 EMBATE

do Ensino de Galiza (STEG) ou o Sindicato Ferroviario (SF), ambos


confederados á estatal Confederación Intersindical. Aparentemente,
podemos dicir que goza de boa saúde, pero continúa inexplicabelmente
dividido e cun nivel de afiliación mellorábel.

Porén, a CIG, malia conseguir a hexemonía sindical arrastra


algunhas eivas dende hai anos: o exceso de burocratización, o reparto
de liberacións por cotas entre correntes, a limitada participación demo-
crática das bases e a dependencia partidista con respecto ás necesidades
electorais do BNG. Pola súa parte, a CUT, que trazou con éxito a liña a
seguir por un sindicalismo de clase e realmente combativo, non é quen
de saír de posicións meramente testemuñais e minoritarias nin de frear a
deriva anarquizante provocada dende hai anos pola existencia no seu in-
terior dun societarismo líquido e posmoderno nucleado en Compostela.

Ora ben, o fordismo rematou e a composición de clases de


Galiza é moi diferente da de hai corenta anos, cando se formou o sindi-
calismo galego de clase. Agora somos un País encamiñado cara o sector
terciario, destinado a vivir cada vez máis do turismo e de sectores afíns.
Cada vez menos xente traballa nunha fábrica ou nun centro de traballo
no que indentificarse cuns compañeiros, cun colectivo. Cada vez máis
traballadores e traballadoras se adican á hostalaría, ao telemárketing, a
ser falsos-autónomos... sectores aos que os sindicatos actuais non po-
den chegar porque foron pensados para outras realidades e outros esce-
narios que xa son case historia.

Así, a desafección e perda de confianza da clase traballadora


cara o sindicalismo como ferramenta e como concepto é cada vez maior
e está xustificada tanto polas permanentes traizóns das corporacións
sindicais máis coñecidas e representativas, coma pola súa excesiva bu-
rocratización e dependencia de subvencións. Pero tamén ese desfase

42
EMBATE xullo 2022

“o fordismo rematou e a composición e desactualización das cen-


de clases de Galiza é moi diferente da trais actuais e a percepción
de que non son estruturas
de hai corenta anos, cando se formou
útiles para o novo proleta-
o sindicalismo galego de clase”.
riado, actúan como causas
desa falta de confianza e in-
terese dos sectores máis precarios da clase traballadora cara esas, nou-
trora, ferramentas esenciais para a loita económica.

E é que estamos a vivir o fenómeno da individualización do


traballo, acompañado dunha aparente creatividade e dunha falsa ilu-
sión de autonomía. Estas son posíbeis na medida en que se producen
nun ámbito individual e son sometidas á lóxica perversa da competen-
cia. Estas modalidades laborais están relacionadas coa autoexplotación,
xa que nesta fase do capitalismo, o Capital coloniza a totalidade do
noso tempo, elimina a tradicional división do tempo entre produción
e reprodución, e en definitiva, todo isto, e outras mudanzas, converten
a toda a sociedade e a totalidade do tempo das nosas vidas nunha fac-
toría de produción continua.

Resumindo, vivimos a pé cambiado, cun inimigo que impón


á súa hexemonía cultural tamén no laboral, cunhas ferramentas oxi-
dadas e desfasadas, sen programa común de clase para dar a batalla e
agradecidos por termos traballos que se achegan á escravitude. Somos
vítimas da fragmentación do proletariado imposta pola contraofensiva
de Reagan/Thatcher e levamos dende aquelas sen reaccionar. As cen-
trais sindicais semellan estar cómodas simplemente sobrevivindo e son
alleas á súa cada vez menor importancia e capacidade de transforma-
ción. Parecen meras xestorías que, de cando en vez, saen a desfilar coas
súas cores nostálxicas, simbólicas e corporativas.

43
xullo 2022 EMBATE

A proposta doravante

Fíxose evidente nos últimos anos a perda de incidencia no


mundo sindical galego dun comunismo independentista que noutrora
fora quen de marcar liña e de, incluso, disputar a hexemonía do mesmo
á oficialidade reformista e autonomista. É por iso que uns dos alicerces
principais do Partido Comunista pola República Galega é a recupe-
ración desa influencia, dese traballo, desa iniciativa dos comunistas ga-
legos no seo do sindicalismo nacional. As nosas propostas son realistas e
nacen da confluencia no novo partido, tanto de cadros veteranos coma
da mocidade que está a sufrir as agresións da nova realidade laboral.
Non é a nosa intención pontificar e non imos pecar. logo, nin de ada-
nistas, nin de idealistas. É esta unha proposta para pensar e traballar:

1. Camiñar cara a unidade orgánica total do sindicalismo galego.


Sempre vai ser máis complicado actuar e marcar unha liña sindical
comunista, revolucionaria e verdadeiramente obreira se o move-
mento sindical de noso está dividido en diversas siglas con diferen-
tes estruturas e variadas direccións. Unha ferramenta para a loita
económica eficiente ten que estar unificada, ter democracia inter-
na, actuar de forma coordinada e bater coma un só puño.

2. Unificar dentro de cada central, e até acadar a central única, a todas
as correntes e colectivos, efectivos, destacamentos... sindicais crí-
ticos coas posicións pactistas, burocratizantes, interclasistas e que
condenan ás mesmas a ser correas de transmisión de organizacións
políticas, propostas electorais e poderes ocultos alleos. É tarefa do
Partido traballar para facilitar ese escenario de unificación e crear
unha corrente alternativa única.

3. A saída á rúa do sindicalismo día a día e non só nas datas rituais

44
EMBATE xullo 2022

“As nosas propostas son realis- e nas efemérides. Deixar os desfiles


tas e nacen da confluencia no de delegados e liberados e estar a pé
novo partido, tanto de cadros de rúa, nos barrios e nas parroquias,
veteranos coma da mocidade en contacto directo coas novas reali-
que está a sufrir as agresións da dades dunha clase traballadora que
nova realidade laboral”. xa non está metida nunha fábrica
ou nun polígono industrial. Crear
así comunidade obreira, reconquis-
tar espazos e recuperar paso a paso a tan denostada e desaparecida
conciencia de clase.
4. O acordo dos sindicatos obreiros cos sindicatos agrarios para a crea-
ción de economatos populares e de bancos de alimentos para toda
a xente que o necesita e que, polo tanto, lle disputen a iniciativa ás
organizacións vincualdas á igrexa ou a colectivos e partidos racistas
de ultradereita que decote organizan estruturas similares dirixidas
só ao que eles entenden coma clase obreira nacional, excluíndo das
mesmas á clase traballadora migrante.

5. Traballo continuo do sindicalismo galego cos movementos sociais:
cos que loitan contra o desmantelamento das redes de segurida-
de proporcionadas polos servizos públicos, coma os subsidios aos
desempregados e as pensións de todo tipo; cos que loitan contra
a explotación neocolonial dos recursos naturais do noso País; e
cos que loitan contra a obtención de plusvalía pola vía rendista
por parte do capital inmobiliario, entre outros.

6. Someter as secretarías e organismos similares ás asembleas de tra-
balladores, propiciando así a participación de amplas capas da clase
obreira, precisamente as máis precarizadas e excluídas, que actual-
mente se ven apartadas do accionar diario dunhas centrais que fo-
ron ideadas para sectores produtivos que van esmorenzo pouco a

45
xullo 2022 EMBATE

pouco nun País condenado á desindustrialización, a terciarización


e á diversificación laboral.

7. Formación obreira e reflexión interna; creación de seminarios e
grupos de debate nos que se traballen as novas estratexias para a
loita económica, a resposta á hexemonía cultural e comunicativa
dunha burguesía que leva décadas impóndonos o seu discurso no
eido laboral e a adecuación táctica ás novas realidades existentes no
mundo do traballo asalariado (e non asalariado) e ás que virán (e
que xa estamos a albiscar).

8. Unha espita fundamental para a loita económica é a de recupe-
rarmos tamén a hexemonía na fronte estudantil. As experiencias,
entre outras, das Asembleas de Base, da ANEGA e da Candidatura
Unitaria Estudantil (CUE), cos seus erros e acertos, deben guiar o
accionar do estudantado galego obreiro e popular na recuperación
da potencialidade perdida na defensa activa dos seus dereitos co-
lectivos.

En definitiva, traballar por crear as ferramentas para a loita


económica engraxadas e axeitadas ao que temos e ao que nos vén por
diante, ferramentas para a loita económica do século XXI, unha era na
que imos ter que recuperar a iniciativa para nos defender das agresións
do inimigo e construír coma ferreiros e ferreiras unha Galiza ceibe nun
Mundo comunista, sen clases e sen explotación.

46
EMBATE xullo 2022

Andalucía, repregamento e
reorganización de forzas

Antonio Torres


Para comprender a situación actual das forzas andaluzas inspiradas no
marxismo-leninismo e a liberación nacional máis alá da conxuntura,
teríamos que nos remitir a unha análise máis profunda –estrutural–
do devir de Andalucía coma periferia colonizada dende a conquista
cristiá castelá dos séculos XIII ao XV do Al Andalus do Guadalquivir
e do Emirato Nazarí de Granada, pasando polo papel de Andalucía
na conquista e colonización de Canarias e América até o rol asignado
a Andalucía no desenvolvemento do capitalismo español nos séculos
XIX e XX.

As consecuencias políticas desta análise estrutural no desen-


volvemento da organización comunista de liberación nacional foron
evidentes no pasado e sono na actualidade e podémolo resumir, quizais
dunha maneira bastante basta e apresurada, na incomprensión da re-
lación dialéctica entre a loita polo socialismo e o comunismo e a loita
pola liberación nacional, a autodeterminación e a soberanía. Correntes
de pensamento históricas coma o anarquismo, o revisionismo ou o
chovinismo nacionalista español teñen xogado un papel de obstáculo
na autoorganización obreira e popular andaluza, ao igual que as vi-
sións nacionalistas pequenoburguesas ou o rexionalismo autonomista
de corte “progresista” nos últimos anos.

47
xullo 2022 EMBATE

Como se entenderá, por razóns de espazo, é imposíbel trazar


a líña histórica do desenvolvemento do movemento comunista en
Andalucía, polo tanto, tratando de esquematizar os motivos, sempre
complexos, que nos levaron á actual situación de repregamento e reor-
ganización, poderiamos sinalar: a) auxe e caída, entre 2012 e 2015, do
liderado histórico xornaleiro nucleado encol da dirección histórica do
SOC (Sindicato de Obreiros do Campo) e despois do SAT (Sindicato
Andaluz de Traballadores), a CUT (Candidatura Unitaria de Traballa-
dores) e as experiencias municipais transformadoras de El Coronil e
Marinaleda; b) como consecuencia do anterior: imposibilidade do SAT
de situarse como referente do sindicalismo nacional andaluz de clase
e combativo, reducido hoxe aos espazos históricos do SOC e a unha
presenza discreta en Granada, Cádiz e Sevilla; c) desaparición, preso
das súas contradicións internas, do partido comunista Andalucía Co-
munista e da organización xuvenil comunista e independentista Jaleo!!!;
d) a incapacidade de organizacións de esquerda, independentistas e re-
volucionarias, como Nación Andaluza, de superar as súas limitacións
e obstáculos e ampliar a
base obreira e popular
combativa. [...] o dano deses novos vellos actores sería
menor [...] se toda a rede revolucionaria
Entrar a analizar obreira e popular andaluza tivera unha
cada un destes motivos
situación interna quen de facer fronte ao
enunciados excedería o
proprósito do presente oportunismo, ao sectarismo, ao electoralis-
artigo, reducilo todo a mo ou ás posicións líquidas, fébeis e relati-
unha explicación doada vistas do posmodernismo [...].
que culpabilice á acción
daniña de novos actores
políticos – xa non tan novos, evidentemente– coma Podemos, candida-
turas municipalistas, ou o vello reformismo de Izquierda Unida é unha
tentación da que por rigor debemos fuxir. Por suposto, as posicións e
o accionar político deses novos e non tan novos actores perxudicaron
seriamente a posibilidade organizativa tanto comunista marxista-leni-

48
EMBATE xullo 2022

nista de liberación nacional coma da articulación de frontes políticas


amplas pero rupturistas tanto co réxime postfranquista español coma
co imperialismo e as súas institucións: Unión Europea e OTAN, pero,
insistimos, en que o dano deses novos vellos actores sería menor e até
inofensiva se toda a rede revolucionaria obreira e popular andaluza
tivera unha situación interna quen de facer fronte ao oportunismo,
ao sectarismo, ao electoralismo ou ás posicións líquidas, fébeis e rela-
tivistas do posmodernismo, que se concretaron nas teorías da “terceira
onda andalucista”, no relativo auxe do chamado “pensamento decolo-
lonial”, do neotrotskismo mandelista de Anticapitalistas ou tamén de
relecturas posmodernas do anticuado e caduco eurocomunismo.

Ante esta situación, e malia o desastre organizativo dos últimos


anos, a militancia comunista que loita pola liberación nacional anda-
luza respondeu de diferentes maneiras, por exemplo, xurdiron inicia-
tivas coma Arboreá que, malia que agora mesmo é fundamentalmente
unha corrente de opinión, aspira á conformación dun partido comu-
nista andaluz. Tampouco podemos perder de vista a Nación Andaluza
coma referente histórico do independentismo revolucionario, así coma
numerosos militantes que ante a ruína organizativa destes anos refu-
xiáronse no que resta organizado do SAT, do movemento xornaleiro
histórico, en movementos sociais e populares ou en posicións críticas
dentro do espazo Adelante Andalucía, hexemonizado polo neotrots-
kismo mandelista de Anticapitalistas. A tarefa é pois a de crear espazos
de encontro, debate e acción concreta e conxunta, esa tarefa é posíbel
e imprescindíbel para reorganizar todo o potencial da militancia re-
volucionaria e crear a única ferramenta garantía de avance e vitoria: o
partido.

49
xullo 2022 EMBATE

Conxuntura en Eukal Herria


Iñaki Gil de San Vicente

Xa que nos debemos limitar á situación conxuntural e temos


pouco espazo dispoñíbel, imos facelo en puntos breves, advertindo que
por iso mesmo non nos podemos extender en cuestións que requiren
explicacións máis detalladas:

1. O empobrecemento popular e obreiro avanza en toda Euskal He-


rria de forma sostida e perceptíbel, con especial impacto nos tres
segmentos máis explotados do proletariado: as persoas xubiladas, a
muller e a mocidade. O empobrecemento vese agravado pola redu-
ción das axudas sociais e do gasto público en todas as súas formas.
A inflación crecente agrava este deterioro.

2. Tenden a aumentar as diversas formas da loita de clases en resposta,
aínda que son formas defensivas na súa globalidade porque aínda
non se asentou unha estratexia común de esquerda revolucionaria
ofensiva que integre esas loitas respectando as súas diversidades,
unha estratexia que amose en todo momento a cuestión crítica: o
problema do poder, da independencia de clases e a perspectiva cara
un Estado Socialista vasco defendido polo pobo en armas e a demo-
cracia socialista.

50
EMBATE xullo 2022

3. A burguesía e os Estados francés e español intentan contender esta


tendencia á alza aumentando as represións múltiples, a manipu-
lación psicopolítica máis groseira e facilitando a penetración da
ideoloxía burguesa fran-
co-española, procurando
[...] o movemento popular euskaltzale o retroceso cotián do éus-
está a se reorganizar e a pasar á ofen- caro e dos moitos com-
siva como se viu nas masivas demostra- poñentes progresistas da
cións de masas na vía pública. cultura popular que foi e
é un dos alicerces do in-
dependentismo socialista.
En resposta, o movemento popular euskaltzale está a se reorganizar
e a pasar á ofensiva como se viu nas masivas demostracións de
masas na vía pública.

4. Os avances cara unha estratexia revolucionaria independentista
chocan con varios obstáculos: os cambios permanentes na estru-
tura clasista obxectiva e subxectiva ao pasar do capitalismo en crise
ao capitalismo en catástrofe; a activación burguesa da reserva de
irracionalidade na psique de masas fetichizada; o xiro á socialde-
mocracia dunha parte da antiga esquerda abertzale que sabe que o
voto que perde pola esquerda o gaña polo centro reformista; o fu-
nesto efecto dese xiro na decisiva unidade da loita obreira, popular,
sindical, lingüístico-cultural, etc.; os freos e ataques deliberados do
poder e do reformismo no seu conxunto ás novas organizacións e
colectivos revolucionarios que medran dende hai uns anos, sobre
todo contra os abertamente comunistas; a pervivencia decrecen-
te de erros de sectarismo nalgúns destes colectivos...

5. Porén, a capacidade de (re)creación de novas forzas e loitas é apre-
ciábel tendo en conta a gravidade da crise organizativa da esquer-
da en 2008-2011 cando o xiro socialdemócrata recibiu un apoio
electoral empregado por ela coma lexitimación para desprestixiar

51
xullo 2022 EMBATE

a «disidencia». Dende aquela caída e tras pasar pola pandemia de


2020-2021, máis o resto de dificultades rapidamente expostas, é
moi comprensíbel que existan equilibradas valoracións positivas e
esperazadoras nestas novas forzas revolucionarias, moi conscien-
tes das tremendas dificultades que teñen superado e das que lles
agardan.

52
EMBATE xullo 2022

Embate, unha nova revista para


un novo Partido
Publicacións comunistas e independentistas en
Galicia

Sabemos que un dos brazos máis fortes do Partido Bolxevi-


que era o Pravda. Toda revolución ou proceso revolucionario necesitou
dunha voz, dunha expresión, dunha fonte e foco de consignas. A pren-
sa comunista –en foma de voceiro, de xornal, de dazibao, de revista, de
fanzine..., ou actualmente podendo contar tamén coas distintas plata-
formas dixitais– é unha ferramenta esencial para a difusión, a propa-
ganda, a axitación... e tamén para a formación e a loita ideolóxica.

Nos seus distintos formatos, podemos falar de prensa da es-


querda independentista galega, en xeral, ou de prensa comunista gale-
ga, xa en particular. A ruptura da UPG en 1976 fai que saian dúas edi-
cións distintas de Terra e Tempo. A “liña proletaria”, renomeada PGP,
acaba editando Sempre en Galicia. Coa creación da fronte chamada
Galicia Ceibe por parte do novo Partido, nace Espiral, a primeira xeira,
esa que incluso se continúa publicando tras a disolución organizativa
do espazo político. O sector que non se disolve acaba publicando Gali-
za Ceive e confluíndo cun Partido Comunista de Liberación Nacional
que edita un só número de PCLN.

53
xullo 2022 EMBATE

Cando cae o Muro Antifas-


“Toda revolución ou proceso
cista e o comunismo internacional
recibe o maior golpe da súa historia, revolucionario necesitou dunha
o grupo de comunistas vinculado voz, dunha expresión, dunha
a Espiral e os sindicalistas do Clube fonte e foco de consignas”.
Cultural Adiante, xunto con outros,
lanzan A Trabe de Ouro, publicación
de carácter académico e intelectual, sempre próxima á esquerda inde-
pendentista, na que colaboran grandes nomes da política e da filosofía
internacionais e dende a que se lanza a Posición Luís Soto. Dentro
desta categoría de publicacións de debate e investigación xurde recen-
temente a revista Clara Corbelhe. Volvendo aos 90, e no terreo máis
político e militante, a Assembleia do Povo Unido edita unha ducia de
números de Povo Unido e sae tamén a segunda xeira de Espiral, ago-
ra como voceiro da FPG. Primeira Liña (MLN) comeza a edición de
Abrente, un voceiro comunista moi vizoso en colaboracións e que sae
con estrita puntualidade trimestral durante dúas décadas acadando os
75 números. Informaçom Obreira é un cabezallo en forma de fanzine
promovido por R. Muntxaraz e no que colaboran exmembros da APU
e das recén creadas Assembleia da Mocidade Independentista e Estu-
dantes Independentistas.

No novo século, a efémera Esquerda Revolucionária Alterna-


tiva lanza o fanzine Contraponto, Nós-Unidade Popular publica perto
dunha trintena de entregas de boa calidade da revista Voz Própria e o
Movemento pola Base dous números do xornal Pola Base. A Frente
Popular Galega lanza dous números da terceira xeira de Espiral en 2008
e 2010 cunha calidade gráfica e contidos de fondo nos que se nota a
pegada da Redes Escarlata. A cuarta xeira da histórica revista dá dous
novos números unha década despois en 2019.

O movemento antirrepresivo e pola amnistía editou en distin-


tas vagas represivas cabezallos coma Outubro, A Treu!, Berro Seco ou
Cisalha. O movemento xuvenil aporta Canha! e Terra Livre (ambos da

54
EMBATE xullo 2022

AMI), Xerfas e Embate, este último voceiro editado por Adiante e do


que recuperamos o cabezallo na presente publicación. O estudantil,
pola súa parte; o Agita! de Agir ou A Gadoupa do GREI, entre outros.

De Espiral ao novo Embate

A primeira xeira de Embate foi bastante vizosa e, con doce


entregas entre 2005 e 2011, estivo marcada por unha estabilidade e
puntualidade pouco común na prensa comunista galega dirixida á mo-
cidade. Porén, a revista estaba algo limitada polo seu carácter sectorial
xuvenil. Neses seis anos, en Embate fálase dos centros de menores e
da súa responsabilidade penal, do perigo da LOE e da reforma labo-
ral, do fenómeno emerxente dos locais e centros sociais, dos crecentes
accidentes laborais, da apostasía, do audiovisual galego, da defensa da
terra e da lingua, da música tradicional e da antropoloxía; fanse reseñas
de libros e de cinema actual; trátase o tema da migracións, o debate
dos tranxénicos e da soberanía alimentaria, da vivenda e da okupación;
abórdanse o plan nacional acuícola, a loita de Cangas contra o pelotazo
de Massó, os casos de represión á mocidade e testemuños xuvenís de
precariedade laboral, campañas
“[...] Recuperando Embate, non só antimilitaristas e contra o recru-
tamento da mocidade por parte
reclamamos e lanzamos lexitimamente dos corpos represivos; fanse en-
a nosa voz, senón que reivindicamos trevistas á mocidade sindicalista
unha nova etapa política marcada e activista, etc.
pola reconstrución política [...] despois
dun longo tempo“ de claudicación, re- En Embate, como publicación
internacionalista, deuse tamén
signación e resistencia pasiva.“
testemuño da vitoria de Frente
Amplio en Uruguai, do referen-
do de independencia de Escocia, da análise das “revoltas” árabes e da
solidariedade con América Latina; divulgouse a historia da organiza-
ción xuvenil vasca Jarrai, da venezolana JCV e da irlandesa Ógra Sinn

55
xullo 2022 EMBATE

Féin; e publicáronse entrevistas coas organizacións xuvenís Maulets,


Regüelta, Coordinadora d’Assemblees de Joves de l’Esquerra Indepen-
dentista (CAJEI), Scottish Socialist Youth e a vasca Segi.

Aliás, nos dous números da cuarta xeira de Espiral –maio e de-


cembro de 2019– traballamos moitas das persoas que agora continua-
mos coa segunda xeira de Embate. Traballo este, interrompido e adiado
pola pandemia do 20. No entanto, xa comezabamos neses derradeiros
Espiral do 19 a falar do remate do ciclo político anterior, a dar as claves
do novo que comezaba, e a elaborar as ideas-forza que culminaron –co
tempo– na fundación do novo Partido Comunista pola República Ga-
lega. É así que non nacemos da nada, e que continuamos cunha labor
teórica, formativa e de opinión que xa marcara unha liña sólida baixo
un cabezallo anterior.

Porén, recuperando Embate, non só reclamamos e lanzamos


lexitimamente a nosa voz, senón que reivindicamos unha nova etapa
política marcada pola reconstrución política –alicerzada no debate e
pola vontade de fragoar a unidade de clase e de pasar á ofensiva– des-
pois dun longo tempo de claudicación, resignación e resistencia pasiva.
Iso significa embate; coller forza, tomar a iniciativa e pasar á ofensiva.
Estas páxinas son vosas.

56
EM
BA
T E

You might also like