You are on page 1of 37

Grao en economía

1º curso (2022/2023)

Economía
da Empresa
UNIVERSIDADE DE VIGO
O inventario
1. Inventario/Existencias/Stock

Os elementos almacenados pola empresa nun lugar e momento


determinados, agardando a ser empregados no proceso produtivo ou a
ser vendidos.

Segundo a actividade da empresa, teremos inventarios de materias


primas, de compoñentes, produtos semielaborados, produtos
rematados, repostos...
2. Elementos a ter en
conta na xestión de
inventarios

1. Demanda
2. Reaprovisionamentos
3. Custos
2.1 Demanda

Refírese á saída de existencias do almacén nun


momento dado e nunha contía determinada (constante
ou variable) ao longo do tempo
2.1.1 Tamaño e taxa de demanda
O TAMAÑO DA DEMANDA é a cantidade precisa para atender a demanda
durante o periodo comprendido entre dous reaprovisionamentos
sucesivos.

Se se reparte o tamaño da demanda entre o tempo que transcurre entre


dous reaprovisionamentos sucesivos obtemos a TAXA DE DEMANDA (o
tamaño da demanda por unidade de tempo; informa do ritmo de saída
das existencias do almacén)
2.1.2 Demanda independente e
demanda dependente
Dependente: relacionada ca demanda doutro
artigo que produce a empresa

Independente: só se ve influída polas


concidións de mercado que se atopan fóra do
control da empresa
2.2 Reaprovisionamentos

Fan referencia á entrada de existencias no


almacén, sexa porque recibimos un pedido
enviado por un proveedor externo á
empresa ou ben como consecuencia do
proceso de produción da propia empresa.
2.2.1 Tamaño de aprovisionamento

Tamaño do pedido/Tamaño do lote

A cantidade pedida por reaprovisionamento.


2.2.2 Prazo de entrega ou
tempo de subministro
Intervalo de tempo comprendido
entre a realización dun pedido e a súa
recepción.
2.2.3 Ciclo de reaprovisionamento

O tempo que transcurre entre a


chegada de dous pedidos consecutivos
ao almacén
2.3 Custos asociados á xestión dun
inventario
1. Custo de adquisición
2. Custo de reaprovisionamento
3. Custo de emisión de pedidos
4. Custo de posesión
5. Custo de falta de inventario
2.3.1 Custo de adquisición

O que se deriva da compra dos artigos


aos proveedores ou da produción dos
artigos da empresa
2.3.2 Custo de reaprovisionamento

O orixinado polo feito de solicitar un


pedido, recibilo e estar dispoñible para a
súa utilización.
2.3.3 Custo de emisión de pedidos

Cando se trata dun proveedor externo,


inclúe tódolos custos administrativos,
contables, de transporte, descarga,
control de recepción, etc. nos que se
incurre polo feito de realizar un pedido
2.3.4 Custo de posesión

Derívase da decisión de manter artigos no almacén


durante un certo periodo de tempo: custo do
capital invertido no inventario, custo de
almacenaxe no que se incurre por dispor dun
espazo onde manter as existencias, o custo de
administración de inventario, custo dos seguros
das mercadurías almacenadas, o custo do
alugueiro, o custo de depreciación por deterioro...
2.3.5 Custo de falta de inventario

Prodúcese cando a demanda é de tal magnitude


que non pode ser atendida no momento no que se
solicita, non existe mercaduría abondo no almacén.
3. Tipos de
inventario

1. Segundo a composición
2. Segundo o momento
3. Segundo a frecuencia
4. Segundo a loxística

3.1Tipos de inventario segundo a


COMPOSICIÓN
1. Inventario de materias primas:
Composto das materias primas que se usarán para elaborar un
determinado produto

2. Inventario de produtos en proceso:


Este tipo de inventario agrupa todos aqueles produtos que están en
proceso de fabricación

3.Inventario de produtos terminados: inclúe todos aqueles produtos que


están listos para a venda. Algunhas empresas inclúen dentro desta
categoría de inventarios o denominado inventario de subministración de
fábrica, que inclúe aqueles materiais que se usan para elaborar produtos
pero que son difíciles de cuantificar por exemplo, pintura ou lubricantes.
3.2 Tipos de inventario segundo o
MOMENTO
1.Inventario inicial:
Aquel que se rexistra antes dunha operación determinada ou
período contable. Está representado por todos os bens que unha
empresa ten a disposición ao comezo de tal período. Ten un valor
equivalente ao inventario que quedou ao dispor do período
contable precedente.

2. Inventario final:
O oposto ao inventario inicial, é dicir, é aquel tipo de inventario
que se rexistra ao final dunha operación ou período contable.
3.3 Tipos de inventario segundo a
FRECUENCIA
Inventario periódico:
Aquel que leva a cabo de forma periódica usualmente de forma
mensual, trimestral ou anual. Este tipo de inventario non
considera un control en tempo real do inventario.

Inventario permanente:
Aquel que leva a cabo continuamente e que busca actualizarse
de maneira regular. Desde o punto de vista contable, este tipo de
inventario é bastante útil xa que permite actualizar os estados
financeiros de maneira bastante precisa.
3.4 Tipos de inventario segundo a
LOXÍSTICA
Os mercados son dinámicos e están cheos de fluctuaciones e
tendencias que moitas veces chegan de maneira sorpresiva.
Para enfrontar este dinamismo, as empresas utilizan os
seguintes tipos de inventarios:

1. Inventario de seguridade
2. Inventario de previsión
3. Inventario de anticipación
3.4.1 Tipos de inventario segundo a
LOXÍSTICA

1. Inventario de seguridade

Cando non se queren correr riscos de ningún


tipo, as empresas levan un inventario de
seguridade que lles permite responder
facilmente a incrementos inesperados na
demanda dos seus produtos.
3.4.2 Tipos de inventario segundo a
LOXÍSTICA

2. Inventario de previsión

O inventario de previsión é parecido ao de


seguridade.
Con todo, diferénciase deste porque está
deseñado para responder a un aumento da
demanda que ten grandes posibilidades de
ocorrer.
3.4.3 Tipos de inventario segundo a
LOXÍSTICA

3. Inventario de anticipación

Aqueles que as empresas levan para estar


preparadas cando chegan os períodos de maior
demanda ou algún evento especial como, por
exemplo, o Black Friday.
Unha axeitada xestión de inventarios debe
determinar cando realizar un pedido e por
que cantidade se deben repoñer as
existencias de cada elemento, de xeito que
se cumpra o obxectivo de minimizar o custo
total asociado
O rexistro de inventario permite saber
exactamente con que bens contamos para
poñer en marcha os procesos de fabricación
e vendas.
Dita información é vital desde un punto de
vista contable, loxístico, operativo e de
planeamento estratéxico.
Se non coñecemos os nosos inventarios
será practicamente imposible contar cun
negocio produtivo e rendible
125.000

100.000

75.000

50.000

25.000

0
2017 2018 2019 2020 2021 2022
4. Aportes do inventario
1. Mellora o fluxo de capital
2. Evita situacións de desabastecemento
3. Aumenta a satisfacción do cliente
4. Reduce o desperdicio de produtos
5. Evita atrasos
6. Optimiza o poder de negociación
7. Axuda a entender o noso negocio

4.1 Mellora o fluxo de capital

A xestión de inventario permítenos identificar e


facer pedidos constantes daqueles produtos que
vendemos cunha certa frecuencia.

Grazas a isto, non temos que incorrer en gastos


en inventario que se move lentamente.
4.2 Evita situacións de desabastecemento

Cando sabemos exactamente que tipo de


produtos queren os nosos clientes, podemos
anticipar a demanda e evitar situacións de
desabastecemento.
4.3 Aumenta a satisfacción do cliente/a

A xestión de inventario permítenos entender o


que mercan os nosos clientes e a forma en que
levan a cabo as súas transaccións.
4.4 Reduce o desperdicio de produtos

Se podemos entender que, cando e como


compran os nosos clientes, poderemos reducir
dunha maneira importante a necesidade de
almacenar produtos obsoletos así como xestionar
mellor aqueles produtos que teñen unha data de
vencemento determinada.
4.5 Evita atrasos

Se analizamos o noso inventario, poderemos ter


claridade sobre os tempos que manexan os nosos
provedores o cal axudaranos a establecer as datas
para facer os nosos pedidos e como evitar
entregas atrasadas.
4.6 Optimiza o noso poder de negociación

Unha axeitada xestión de inventario pódenos


axudar a facer pedidos de altos volumes de
mercadoría de maneira regular.

De feito, a regularidade e os altos volumes adoitan


mellorar a capacidade de negociación cos
provedores, o cal ao final de contas podería ter un
impacto favorable na nosa estratexia de prezos.
4.7 Axúdanos a entender o noso negocio

A xestión do inventario dá a oportunidade de


acceder a información concreta sobre a natureza
da nosa oferta de produtos, os tipos de clientes
que ten o noso negocio, e o estado xeral da nosa
empresa. Grazas a isto, poderemos entender
mellor o noso negocio.
Grazas
pola vosa
atención

You might also like