You are on page 1of 15

Grao en Filosofía Filosofía da Historia USC

Tema 2. Da historia como salvación terrea no xudaísmo ao reino de Deus cristián.

2.1. Esvaecemento da physis e creacionismo.


Mentres que para os gregos o cosmos estaba no centro, para a tradición xudeu-cristiá o cosmos non é
nada en comparación co Deus creador responsábel da súa creación. Deus é o absoluto e o mundo e o
ser humano son unha mera nulidade, posto que sen a vontade pura de Deus de mantelos na creación
desaparecerían de inmediato. Para o xudaísmo a natureza non ten ningún valor en si mesma: non é
algo autónomo, intelixíbel mediante a captación das súas formas, modelo de comportamento ético... O
universo é unha creación de Deus e só ten sentido pensalo a partir do Deus creador, porque o mundo
podería regresar á nada da que se formou en calquera momento se así o quixese Deus. A autonomía da
physis grega, dotada dunha teleoloxía inmanente, deixa paso a unha natureza que só pode entenderse
a partir dun Deus transcendente a ela.
O cosmos esvaécese, convértese en pesadelo, en soño, pura aparencia, fugacidade, continxencia. Só a
existencia de Deus en canto que creador desta natureza pode outorgarlle algunha consistencia. O
mundo transfórmase en concupiscencia, perdición, de maneira que amar o mundo histórico concreto é
un pecado; o único divino é a alma, separada do corpo, manifestación de Deus, así como os designios
divinos en canto que “alma” da historia, un Deus separado do mundo histórico. Plotino protesta contra
esta concepción e segue reivindicando o valor supremo dos astros. Os Pais gregos da Igrexa (s. II d.C.,
Ireneo de Lión, Clemente, Oríxenes, Atanasio, Cirilo de Alexandría, Xoan Crisostomo...) aínda
afirmarán que a creación contén parte da perfección do seu creador. Mais Agostiño de Hipona xa
sosterá abertamente que nada hai no mundo creado que se poida equiparar a Deus.
Este Deus xudeu non se amosa no mundo, senón que permanece velado e mesmo permanece sen poder
ser nomeado. O único lugar onde se manifesta é no corazón dos fieis.
‫( יְהֹ וָה‬YHWH) son as catro consonantes empregadas polo pobo xudeu para falar de Deus sen nomealo.
Ao faltar as vogais, resulta impronunciábel, aínda que se popularizara a fórmula "Yahvé" ou "Yehova".
Mesmo os xudeus actuais non adoitan dicir este nome en voz alta, pola consideración de que é
demasiado divino para ser dito e empregan substitutos como HaShem ("O nome") ou Shem
HaMeforash ("o nome indescritíbel").
A idea da creación cristiá chega até ao extremo de soster que alí onde os gregos pensaban en almas
que existiran dende sempre, os cristiáns vaian soster que as almas son creadas por Deus a partir de
determinado momento. Se Deus quixera, tamén as almas ou unha alma particular poderían desaparecer
sen deixar rastro.

1 de 15

You might also like