You are on page 1of 1

O realismo máxico: a obra de Álvaro Cunqueiro.

Trazos principais:
a) O realismo máxico, na literatura hispanoamericana, iniciouse coa obra do escritor
venezolano Arturo Uslar Pietri (1974).
b) Trátase dun novo concepto de realismo que acolle un mundo máxico como
transfondo do home e a contorna.
c) O realismo máxico recupera o mundo imaxinativo e fantástico da novela que a
partir dos séculos XVI e XVII comezara a ceder terreo a unha narración máis contida e
apegada á realidade empírica.
d) Nesta corrente destacan algúns dos máis importantes escritores hispanoamericanos
coma Miguel Ángel Asturias, Alejo Carpentier, Juan Rulfo ou Gabriel García Márquez.
Noutras literaturas cómpre resaltar a Günter Grass, Milan Kundera, Salman Rushdie,
Nélida Piñón ou Angela Carter.
e) No realismo máxico o sobrenatural non se presenta como problemático, ao
contrario, téndese a naturalizar o elemento marabilloso.
f) Nesta corrente existe unha clara vinculación coa lenda e o mito, coa realidade
indíxena, co pensamento prelóxico e precientífico, e co pasado mítico das
comunidades agrícolas. Na literatura galega é frecuente a aparición de mouros, virxes
con peites de ouro, olas de ouro agochados en covas e serpes que protexen as covas.
g) O universo narrativo correspóndese por tanto cun imaxinario colectivo no que se
acolle esa presenza do marabilloso, co que se aproxima en certo modo ao marabilloso
relixioso.
h) A exportación do realismo máxico a outras literaturas foi especialmente frutífera
naqueles ámbitos en que se conserva con forza unha mitoloxía de raigame popular.
i) Na literatura galega aplicouse o concepto de realismo máxico á obra narrativa de
Álvaro Cunqueiro, e posteriormente a algunhas obras doutros escritores como Paco
Martín ou Xavier P. Docampo.
k) O mundo interior de Cunqueiro transloce, ante todo, nunha novela: Merlín e familia
(1955). Tamén publicou nesa liña As crónicas do Sochantre (Premio Nacional da Crítica
1959); e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961).
l) Nos relatos do nóbel G. García Márquez, cuxa avoa era galega, o natural e o
sobrenatural conviven cordialmente.
“Nese mundo interior das súas obras mestura fantasía e realidade, o ambiente
galego e o grego ou bretón. Aparecen personaxes artúricos, carolinxios ou gregos
mesturados con paisanos galegos. É asombroso ver como Cunqueiro dota a cada un
deses personaxes dunha atmosfera completamente singular, unha mestura de
fantasía e alento doméstico que envolve ao lector e o catapulta a un universo onde o
tempo non pasa. Todo iso tratado con ironía e desenfado. Esa habilidade súa
permítelle elaborar unha prosa culta. Trátase de novelas en que observamos unha
peculiar utilización do tempo histórico e unha estrutura narrativa baseada no relato
dentro do relato e na tendencia para organizar os textos en pequenas unidades con
autonomía propia. O autor adoita engadirlles apéndices e índices onomásticos de
personaxes que prolongan o mundo da fantasía con novos datos, historias e marabillas
que convidan a pensar que, morto o heroe, o soño do narrador sobrevívelle”.

Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP). Referencias en


prensa: La Gaceta, ABC e Público.

You might also like