You are on page 1of 1

A distribución da poboación en España

Densidade de poboación = número de habitantes


km cuadrados de superficie

A densidade de poboación de España é baixa, duns 93 hab/km cuadrado

As zonas máis poboadas de España


A distribución da poboación en España é desigual.
➔ A poboación concéntrase na costa e nas illas. No interior destaca a elevada densidade da
Comunidade de Madrid.
➔ Dentro de cada provincia, a poboación concéntrase nas cidades.

As maiores cidades de España son: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga, que
superan o medio millón de habitantes.

As zonas menos poboadas de España


As provincias con menor densidade de poboación son as do interior da Península.
As provincias con menor densidade de poboación de España son Soria e Teruel.

A poboación de Europa
As características da poboación europea
– Europa é un continente moi poboado. Nel viven máis de 700 millóns de persoas.
– Caracterízase polo envellecemento dos seus habitantes debido á baixa natalidade e alta
esperanza de vida (78 anos)
– O crecemento da poboación é lento.

As migracións en Europa
✔ A partir de 1880, coa invención de máquina de vapor construíronse grandes barcos que
fixeron máis fácil cruzar os océanos. Así moitos europeos emigraron cara América e
Oceanía.
✔ A partir de 1945; españois, italianos, portugueses e gregos trasladáronse a traballar a
Francia, Alemaña, Bélxica e Suiza.
✔ Na actualidade, Europa é un continente con moita inmigración.

Efectos da inmigración:
✗ Crecemento da poboación
✗ Crecemento da poboación activa
✗ Multiculturalidade

A maior parte de poboación europea é urbana: sete de cada dez europeos viven en cidades. A
densidade de poboación media de Europa é duns 70 hab./km cuadrado.
A pobación europea distribúese de forma irregular:
• Zonas cunha densidade de poboación moi elevada: Luxemburgo, Países Baixos, Bélxica....
• Zonas cunha densidade de poboación moi baixa: Islandia, Noruega, Finlandia, Suecia....

You might also like