You are on page 1of 7

Enderezo

Tl........ Fax ........


....... OURENSE

Logo do centro

CONFIDENCIALIDADE: Este Informe Psicopedagóxico responde ás normas establecidas


para tal efecto na Orde do 31 deb Outubro de 1996 da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
Os profesionais que, por razón do seu cargo, deban coñece-lo contido deste Informe de
Avaliación Psicopedagóxica, garantirán a súa confidencialidade.
Os datos deste informe non prexulgan a evolución d@ alumn@ son unicamente o reflexo da
súa situación actual.

LEI ORGÁNICA 15/1999, DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL: Este


documento pertence ao ficheiro co nome “Departamento de Orientación” do
Colexio/CEIP/IES.... dado de alta no Rexistro Xeral de Protección de Datos co número de
rexistro: 2061671135 en xuño de 2006.

INFORME PSICOPEDAGÓXICO

DATOS IDENTIFICATIVOS

APELIDOS: JP
NOME: Juan
DATA DE NACEMENTO: 02/01/1992
CENTRO ESCOLAR: ............... Ourense.
CURSO ACTUAL: 2º de E.S.O.
MOTIVO DO INFORME: Elaboración de Adaptación Curricular
DATA DO INFORME: 8 de outubro de 2007.

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO


1. DEMANDA:

Elaboración da Adaptación Curricular por motivos de desfase curricular maior


de dous anos deribados á f
alta de traballo que surxe pola súa desmotivación académica e hiperquinesia.

2. DATOS FAMILIARES.

Enderezo
Teléfono de contacto:
Nome da nai: Profesión:
Nome do pai: Profesión:

3. DATOS DE QUEN REALIZA O INFORME.

Nome e apelidos:
Cargo: Orientador
Centro:
Dirección do Centro:
Telefono:

4. HISTORIA FAMILIAR:

Ten unha irmá de 4 anos que está escolarizada no CEIP...... Vive cos pais.
Os pais están decepcionados polos resultado de Juan e do seu mínimo esforzo por
superarse, tamén están decepcionados polos resultados dos tratamentos clínicos
(tratamento farmacolóxico) e psicopedagóxicos do centro (reforzo educativo).
O ambiente familiar non favorece nada a autoestima de Juan influindo negativamente
no seu rendemento. A nai amosa constantemente as espectativas de fracaso do neno e en
ocasións falta de interese.

5. HISTORIA CLÍNICA

Valorado en 6º de Educación Primaria (2004) por Saúde Mental no Hospital Cristal


Piñor como Hiperactivo e é sometido a tratamento farmacolóxico (Concerta) durante
este curso e 1º da ESO (dous anos), o tratamento é suspendido por parte dos pais que
non ven resultados.
Asiste a sesións nun gabinete privado de Psicoloxía Clínica (co Dr. .....) durante o curso
2005/2006, traballa principalmente a mellora de autoestima e técnicas de traballo
intelectual.

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO


6. HISTORIA ESCOLAR

Juan realizou a Educación Infantil e a Educación Primaria no CEIP....superando


os obxectivos de 1º ciclo de Educación Primaria e non acadando os obxectivos de
Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés no 2º ciclo. Non supera os obxectivos de
terceiro ciclo de Educación Primaria e cámbiase de centro para repetir 6º de Educación
Primaria no Centro ........
No curso 2004/2005, repite 6º no CEIP....... con reforzo nas materias
instrumentais e asiste a un programa de capacidades mentais básicas: “Atención
Selectiva – Percepción Visoespacial.”. (Por asesoramento de saúde mental, onde
combina tratamento farmacolóxico). No terceiro trimestre do curso continua traballando
no programa de capacidades o “Razoamento Lóxico Básico” dúas horas á semana en
horario lectivo coa profesora de PT en grupo reducido de 4 alumnos.
Remata o curso sen acadar os obxectivos das áreas de Coñecemento do Medio,
Lingua Castelá, Lingua Galega, Inglés e Matemáticas por falta de estudo na casa.
Matricúlase no IES ......... para estudar 1º da ESO onde aumenta a
desmotivación académica e non realiza as tarefas escolares. Amosa unha actitude de
pasividade, repite curso e no curso 2006/2007 non acada os obxectivos de case todas as
materias agás Relixión e Educación Física, promocionando a 2º da ESO por imperativo
legal.
Actualmente está máis motivado por traballar e comeza o curso realizando as
tarefas nunha académia particuar, ten 9 materias pendentes de 1º da ESO.

Adaptación no Colexio
Está moi ben integrado no centro, e está moi contento cos seus compañeiros.
Algúnhas ocasións ten conflictos cos profesores por motivos de falta de traballo ou a
non realización de tarefas, pero polo xeral cumpre as normas e respeta o profesorado.

7. NIVEL ACTUAL DE COMPETENCIA CURRICULAR

A valoración da competencia curricular de Juan realízase con tarefas da


programación, apreciándose que o seu nivel de competencia curricular é de 6º de
Educación Primaria nas materias de Inglés e Lingua Castelá. Presentando carencia
de contidos no resto das materias.

8. PROBAS ÁS QUE FOI SOMETIDO O ALUMNO

Aplicouse en febreiro de 2007 unha batería de test a todo o alumnado de 1º de


ESO: “Batería de test para el diagnóstico psicopedagógico de niños- BTDN-6”
(CEIS). As puntuacións en percentís que acadou Juan foron:

APTITUDES MENTAIS

Intelixencia Xeral: 62
Raz. Abstracto: 73

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO


Aptitude Verbal: 22
Vocabulario 17
Raz. Verbal: 28
Aptitude Numérica: 53
Habili. Numérica: 21
Raz. Numerico: 85
Aptitude Espacial 85
Atención: 52
Memoria 49
Memoria Verbal 45
Memoria Numérica 53
Memoria Visual 93

ADAPTACIÓN

Familiar 6
Pai 1
Nai 1
Irmáns 16
Escolar 13
Profesores 2
Compañeiros 24
Institución 12
Social 14

INTERESES ESCOLARES

Matemáticas 10
Inglés 2
Lengua 8
Ciencias Naturais 2
Ciencias Sociais 2
Educación Física 34
Plástica 25
Religión 29
Galego 15
Tecnoloxía 83

O ESTUDO

Dominio Ortográfico 54
Actitude 4
Motivación 1
Hábito 3
Condic. Ambientais 2
Condic. Persoais 2
Organización 7

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO


PERSONALIDADE

Como rasgos característicvos destacar as puntuacións de:


Fuerza instintiva 2 Fuerza de Voluntad
Sensibilidad Social 93 Insensibilidad Social
Inconformista 7 Conformista

Resultados do DN:CAS (Adaptación española), marzo do 2007:


 
  PUNTUACIONES  DIFERENCIA  VALOR NA TABLA FORTALEZA/ 
OBTIDAS   RESPECTO Á  DEBILIDAD 
MEDIA ** 
     
PLANIFICACIÓN  102  8.7  9.7  NS 
SIMULTÁNEO  100  6.7  7.8  NS 
ATENCIÓN  102  8.7  9.7  NS 
SUCESIVO  69  ‐24.3  8.7  Debilidad 
MEDIA *   
ESCALA COMPLETA  93.25 = 93.3 
90 
 

9. ANÁLISE DE DATOS E INFORMACIÓN PARA A TOMA DE DECISIÓNS

A valoración deste caso deriva dunha análise detallada dos datos obtidos a través das
seguintes accións:
 Test BTDN-6.
 DN:CAS
 REAM
 Resultados académicos dos últimos anos
 Resultados do reforzo educativo
 Entrevista co titor
 Entrevista coa familia

Segundo a puntuación obtida polo neno pódese deducir que o alumno presenta certas
dificultades para ordenar, comprender e recordar a información que se lle presente
nunha orde lineal específico, onde cada paso está relacionado co anterior. Isto pode
xerar dificultades no proceso de ensino- aprendizaxe, pero aínda así a súa puntuación
global atópase na media.

Os principais resultados do REAM mostran:

- Actitude cara á aprendizaxe: Negativa (mostra unha predisposición nada


favorable cara ás tarefas e actividades de estudo, non lle interesa o traballo
escolar).
- Resistencia á frustración (grao en que persiste no esforzo, persevera ante as
dificultades e asume os fracasos) é moi baixa.
- Nivel de atención e concentración é media pero atende só a certos estímulos.
Abúrrelle todo o curricular. A súa capacidade de manter a atención (duración) é
media en función dos estímulos.

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO


- Tipo de motivación: Escasa ou nula motivación e puntualmente presenta un
medo ao fracaso (traballa por evitar as críticas de pais ou profesores).

Atribución causal:

- Atribúe os seus escasos éxitos á sorte ou a que as tarefas son fáciles.


- Atribúe o fracaso á súa falta de capacidade, á falta de esforzo, á mala sorte e en
ocasións a que os profesores son moi esixentes.

Reforzos aos que responde: verbalizaciones negativas (reprimendas) e premios


materiais.

 FORMA DE ENFRENTARSE AS TAREFAS

Estratexias de resolución de problemas: ensaio-erro.


Estratexias e técnicas que utiliza para aprender: apenas as utiliza e
ocasionalmente: memorización e/ou subliñado con esquemas.
Modalidade preferida de resposta: manipulativa (prefiere debuxar, construír,
fabricar, manipular) outras (gestual, motora...)
Terminación das tarefas: inicia as actividades e abandónaas e en moitas ocasións
xa non inicia as actividades.

 FORMA DE ENFRENTARSE COS MATERIAIS

Tipo de material que prefire: manipulativo (obxectos manexables, tanxibles) e


icónico ou gráfico (imaxes, debuxos, diapositivas, diagramas...) ou
audiovisual (vídeo). Tende a rexeitar o auditivo (gravacións, explicacións...)
o impreso (libros, apuntes, fotocopias...).
Modalidade sensorial preferida de entrada de información: visual (prefire
observar, ver imaxes) audio-visual (prefire a combinación de voz e imaxe:
explicación apoiada por esquemas, vídeo...) / kinestésica (prefire que lle
ofrezan obxectos que se poden tocar, aprender a través de actividades
manipulativas).
Tende a rexeitar a auditiva (escoitar) e da visual a lectura.

 RESPUESTA ANTE LOS DIFERENTES SISTEMAS DE AGRUPAMIENTO

Interacción didáctica que prefire en clase: traballo en pequeno grupo xa que en


gran grupo non fai nada e individual ou coa explicación do profesor
desconecta do aula.

 RESPUESTA ANTE LAS AYUDAS Y APOYOS

Adoita pedir axuda.


Adoita mostrarse conforme cando se lle ofrece axuda por parte do profesor e
rexéitaa ocasionalmente por parte dos alumnos.

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO


10. CONCLUSIÓNS E ORIENTACIÓNS

Analizadas as capacidades do Juan así como a súa madurez, a súa actuación social e
a súa adecuación cos seus propios intereses aconsellamos:

Reestructuración Ambiental no contexto escolar

- Insistirase no uso sistemático do reforzo positivo como medio óptimo para


mellorar o autoconcepto académico e a autoconfianza de Juan. (É moi
importante que este reforzo esté apoiado na casa, principalmente pola nai, e que
se sinta capaz de lograr resultados óptimos.
- O reforzo positivo tamén será un bo medio para mellorar a constancia nas
realizacións escolares.

Intervención Pedagóxica

- Entrenamento nun programa de Técnicas de Estudo.


- Entrenamento nun programa no autocontrol do estudo.
- Programa específico na mellora do Procesamento Sucesivo.
- Proponse a elaboración dunha Adaptación Curricular nas materias de:
Lingua Castelá
Inglés

Que terá como obxetivos xerais na materia de Castelá:


 Mellorar os seus niveis de comunicación oral e escrita.
 Lograr unha capacidade de análise e reflexión sobre a lingua diferenciando
os compoñentes gramaticais.
 Mellorar a comprensión lectora.
 Comprender, asimilar e expresar as ideas principias e secundarias nun
proceso de comunicación oral en un texto escrito.

Terá como obxetivos xerais na materia de Inglés:


 Aumentar o vocabulario.
 Comprender, asimilar e expresar o significado global de mensaxes orais
sinxelos.
 Comprender, asimilar, e expresar o significado global dun texto escrito.
 Redactar textos sinxelos

- Reforzo académico no resto das materias.

En Ourense, a 8 de outubro do 2007


Departamento de Orientación
IES.............

Asdo. : ..............

Documento Modelo de INFORME PSICOPEDAGOGICO

You might also like