Professional Documents
Culture Documents
Canon de Beleza - Mariam e Izabela, 2º Bac. C
Canon de Beleza - Mariam e Izabela, 2º Bac. C
A aparencia é un factor esencial nas relacións humanas asociada ao éxito profesional e social.
aceptable é moi antigo, pero hoxe en día, a través dos medios de difusión como mensaxes
publicitarias, a televisión, e outros máis, creouse un patrón de beleza, e moitas persoas se non o
Habería que provocar un cambio profundo na sociedade para derrotar estes canons superficiais
e adoptar outros que enriquezan ao ser humano. Así, poderanse establecer novos
comportamentos e novas actitudes fronte a este problema. Pero é realmente posible presentar
unha solución para algo que acompañou incluso a nosa primeira espece?
Para entender os probelmas que implica na nosa sociedade o canon de beleza actual, e a súa
vez atopar unha solución a este dilema, primeiro hai que coñecer como este concepto se achega
a nosas vidas. Desde un punto de vista histórico débese pensar de maneira contextualizada, pois
este termo concibiuse de diferente modo en distintos momentos históricos. Non existe un
criterio universal para definir o canon de beleza, cada individuo ou grupo social, en cada época
mentalidades diferentes. Desde o principio dos tempos, homes e mulleres embeleceron os seus
corpos mediante maquillaxe, a moda, elementos como os piercings ou tatuaxes e outros que
Na prehistoria a muller era considerada bela se cumpría cos canons estéticos da fertilidade, os
seus peitos debían ser grandes, as súas caderas prominentes. O home debía ser forte, para
sobrevivir. Un exemplo da prehistoria é a Venus De Willendorf, a muller obesa era unha imaxe
un concepto de beleza que impera no mundo occidental por vinte e cinco séculos. Para eles, a
arte implicaba representar unha natureza perfecta, idealizada. O propio filósofo Platón, nunha
das súas obras, sostén que se hai algo polo que ten sentido a vida é por contemplar a beleza. O
ideal estético do modelo clásico na antiga Grecia establécese a partir da escultura. O canon
equivalía a norma e entendíase como unha lei que debía aplicarse á artes. Ademais, este termo
tiña relación coas matemáticas e a simetría, conectando así coa filosofía pitagórica e platónica.
Os pitagóricos pensaban que os números forman a esencia de todas as cousas. Neste sentido,
todos os corpos poden considerarse números. Os pitagóricos non empregaron o termo beleza,
senón harmonía, entendida como orde e proporción. A partir deles asumiuse que a regularidade
matemática era unha garantía de harmonía, de beleza. Esta achega supuxo a xustificación
teórica do canon. O Doríforo de Polícleto e a Venus de Milo sérvennos como exemplos do ideal
artístico e da concepción do belo. O mesmo Sócrates, sostén que “un fermoso corpo promete
Agora cunha idea xeral de como se introduce o concepto de canon de beleza nas nosas vidas,
imos falar sobre do que se corresponde coa nosa época e dos problemas que este incorpora na
nosa sociedade.
No século XX o canon estético sufriu distintas variacións. Un dos feitos que máis repercutiu no
noso foi a introdución da revista Pin Up nos Estados Unidos. O que esta contiña eran retratos de
mulleres elaborados para a satisfacción dos homes. Rubias coa pel branca e grandes peitos,
mirada insinuante e os seus beizos de cor vermella intensa. En moitas ocasións aparecen
uniformadas como militares e como enfermeiras, entro outros oficios. Isto implicou que a muller
moi axustada. As figuras que destcan deste periodo foron Marilyn Monroe e Betty Grable.
A sociedade cambia a través dunha revolución cultural que contribuíu a crear unha nova
susceptibilidade. Aparece a moda, os individuos seguen unhas prácticas de consumo que lles
permite manifestar a súa pertenza a un grupo social co que se identifican, pero que ademais lles
permite expresar a súa unicidade, os seus gustos persoais. A isto hai que engadir que aparecen
Nos setenta houbo unha pluralidade de formas e estilos; o ser delgada, sen peitos nin cadeiras
foi debido á fama da modelo anoréxica Lesley Hornby, Twiggy. Algunhas das modelos adelgazan
ata tal punto que a anorexia afecta sobre todo a adolescentes. Actualmente hai unha tendencia
Hoxe en día, o ideal de beleza masculino segue baseándose nos modelos clásicos, musculatura,
ombreiros anchos, altura e mandíbula marcada, por tanto podemos dicir que apenas variou
desde a antigüidade. O ideal de beleza da muller supón a negación de todo o anterior, extrema
delgadez, pouco musculada e pel branca. Este seguimento do canon contrario empeza no pleno
auxe da rede social Instagram. Coa popularidade que adquire a familia Kardashian Jenner nesta
rede, en especial Kim Kardashian e a súa irmá Kylie Jenner, cosa que se cambia radicalmente o
canon de beleza dos 70 que seguía perdurando nos anos 2000. Pois as Kardashian, introducen
un novo case inalcanzable, pois para poder chegar a el é necesario pasar por duras cirurxías
estéticas, xa que este ten como concepto de muller atractiva aquela que ten ollos e beizos
grandes, cellas grosas, nariz pequeno, así como un corpo cunha cadeira e atributos grandes, e
unha cintura estreita. Este canon introducido por esta familia, é o exemplo máis importante e
influente de todos os tempos, xa que é tamén favorecido polas redes sociais ás que teñen
acceso millóns de persoas e é o que nos persegue na actualidade, nunha sociedade que glorifica
a beleza, ante todo. Onde a mocidade aumenta a súa preocupación pola aparencia física. De
feito que gástanse millóns cada ano para mellorar o seu aspecto físico. Convertendo como
negocio máis lucrativo do mundo ao que fai referencia á mellora do aspecto físico: productos de
beleza, ciruxías estéticas, dietas... Pero a preocupación esaxerada pode chegar a ser altamente
Ademais das influencias das redes sociales, unhas das maiores causas deste desexo de alcanzar
o canon de beleza está nos anuncios, que acábanse convertendo na guía ou patrón de mozos e
adolescentes que desexan incrementar o volume do seu peito, perder peso a través de técnicas
como a liposucción, dar volume aos beizos a través de inxeccións de silicona. O modelo que
E o perigo é que moitos homes e mulleres tentan imitalos sen darse conta que non son modelos
reais, nin naturais senón que modificados cirurxicamente, dixitalmente con moitas horas de
maquillaxes. A publicidade converteuse para nós nun espello distorsionado dun mundo
poboado de mulleres delgadas e radiantes que se venden como perfectas, que nos lembran
cada día como temos que ser. A publicidade é decisiva como instrumento de comunicación e é
capaz de definir os desexos das persoas. Fai que teñamos necesidade de parecernos a outras
persoas.
As solucións que xorden a partir deste conflicto de alcanzar a perfeción son case escasas, pois a
Unha que podemos destacar entre as poucas que existen é o movemento que tan falado foi este
último ano, o ‘’body positive’’. Este trata de dar voz aos corpos marxinados, corpos que de cando
en cando poderían ser vistos nos principais medios de comunicación, como na publicidade, da
Este movemento non é totalmente efectivo, pois a verdadeira solución estaría na educación ás
novas xeracións. Ensinándolles a aprender respectar a calquera persoa, a non ser superficiais
Unha sociedade que ten como único obxectivo soamente un estereotipo de beleza física, non
será capaz de reflexionar sobre a súa existencia, e ademais, tampouco poderá vivir feliz. Pois
nunca se sentirá satisfeita coa súa imaxe, o que lle conlevará a ter un menor éxito en varios
aspectos da súa vida, xa ben sexan laborais ou sociais. Posto que unha boa autoestima nunha
persoa lle implica todo, significa a entrada á felicidade, xa que se un quérese significa que se
considera a si mesmo unha persoa de proveito e interesante, a cal goza da súa soidade,
facéndolle ser menos dependente do resto de persoas. Desprendéndose así, de todo aquelo que
Chegar ata este punto fíxonos perder toda a esperanza na humanidade. Que persoas influíntes
nas redes sociais teñan sempre que depender de filtros e retoques, tanto estéticos como
dixitales, fainos pensar en por que deberíamos seguirlles xa que nin si quera están contentas
consego mesmas, cando nós probablemente si que estamos seguros do noso aspecto? Temos
que aprender a querernos tal e como somos, non a premiar a beleza artificial. Todos somos
dignos de ser queridos e tamén de saír coa roupa que queiramos, non coa que toque porque