You are on page 1of 2

ESQUEMAS DE FRAGMENTOS

**5. a. Ibn Jaldun**


*Muqaddima*
- Kalam. Ciencia pola que se expoñen crenzas da fe por argumentos racionais.
- Ciencias filosóficas ou Filosofía. Ciencias racionais que son propias do home por
natureza (ao estar dotado de reflexión). O seu estudo dáse en tódalas comunidades,
tendendo ao seu coñecemento e investigación.
- Son: Lóxica (discrimina verdade e falsidade), Física (estuda as cousas sensibles
e a alma), Metafísica (os seres espirituais) e Matemáticas (sobre as cantidades,
comprende Xeometría, Aritmética, Música e Astronomía).

**5. b. Al-Kindi**
- Filosofía. A máis excelsa e nobre das artes humanas. Coñecemento das cousas na
súa realidade, na medida do posible ao home. O propósito do filósofo é acadar a
verdade e obrar conforme a ela.
- Filosofía Primeira. Coñecemento da Verdade primeira, causa de toda verdade e
permanencia do ser; parte máis excelsa e nobre en rango da Filosofía.
- Agradecemento a quenes aportaron verdade, aínda que sexa de pobos e razas
diversas.

**5. d. Al-Farabi**
*Concordia entre Platón e Aristóteles*
- Filosofía. Ciencia dos seres en canto tales. Platón e Aristóteles foron os que
cultivaron os principios e fundamentos (raíces) e os extremos e ramas.
- Procura a razón dos desacordos entre Platón e Aristóteles.
- A Filosofía é unha ciencia que engloba Física, Lóxica, Matemática e Ética.
- Platón tería construído un método analítico (de división), mentres que
Aristóteles tería feito un método siloxístico.

**5. c. Avicena**
*Sobre a división das disciplinas intelectuais*
- Filosofía. Arte teórico polo que obtemos a percepción de (a) a totalidade do ser
en nós mesmos e (b) o que a acción debe necesariamente obter para ennobrecer a
alma.
- División: Filosofía teórica (busca o coñecemento certo do estado dos seres cuxa
existencia non depende da acción do home, aínda que ás veces busque unha opinión
coma na Ciencia da Unicidade divina ou na astronomía) e Filosofía prácica (procura
unha opinión verdadeira con vistas a unha acción).
- Fins: Teórica - verdade. Práctica - ben.

**5. e. Avicena**
*Sobre a alma*
- Alma. É a perfección do suxeito que é constituído por ela. Constitúe tamén a súa
especie e perfeccionaa

**9. b. Tomé de Aquino - Filosofía e teoloxía.**


*Suma teolóxica* - Prólogo
- Se é preciso unha doutrina distinta das ciencias filosóficas.
Necesidade da revelación divina por (a) ordenación humana ao fin (Deus) (b)
limitación do entendemento para comprender a Deus (c) as verdades reveladas son moi
arduas de conseguir pola razón (d) a consecución da salvación é máis doada así.
- Se é superior a doutrina sagrada ás outras ciencias.
Apunta ao máis alto, polo que as ciencias se cegan (son boas para as cousas
ínfimas).
- Se en Deus están as perfeccións de tódalas cousas.
(a) Na causa axente debe estar en potencia o que logo estará no causado, polo que
en Deus (causa eficiente de toda) deben estar xa tódalas perfeccións que observamos
no creado.
(b) Se Deus é el mesmo ser subsistente non pode faltar ningunha das perfeccións do
ser. Deus existe absolutamente (Dionisio), concentra en si todo o ser.
- Sobre as refutacións de Aristóteles a Platón.
Refuta o que expresa porque o uso das palabras en Platón é moi confuso e ambiguo.
Neste caso fala sobre a magnitude da alma.

You might also like