You are on page 1of 6

INMUNIDADE

1. Indique dúas diferenzas entre a inmunidade celular e a inmunidade humoral.


A inmunidade humoral é a resposta fronte a patóxenos extracelulares e está mediada
por anticorpos, segregados polos linfocitos B. A inmunidade celular é a resposta fronte
a patóxenos intracelulares, está mediada por linfocitos T citotóxicos que atacan ás
células infectadas.

2. Cales son os mecanismos de actuación da pel e as mucosas na defensa do


organismo?
A pel. É unha barreira física case infranqueable, excepto se hai feridas, grazas:
- Ao seu grosor. Nas persoas pode variar entre 0,5 mm nas pálpebras e 4 mm nas
palmas das mans e nas plantas dos pés. Este grosor é suficiente para impedir a entrada
dos microorganismos en condicións normais.
- Aos procesos de queratinización e descamación das súas capas celulares máis
externas, que eliminan os microorganismos adheridos a elas. - Ás secrecións das
glándulas sebáceas e de suor, que producen un pH algo ácido que resulta prexudicial
para os microorganismos.
- Á microbiota normal da pel, constituída por bacterias, fungos unicelulares e
pequenos ácaros, que impiden o asentamento e o desenvolvemento de no-vos
microorganismos que poidan depositarse sobre ela.
- Á presenza de escamas na pel dos peixes e dos réptiles, plumas nas aves e pelos nos
mamíferos, que dificultan a invasión dos microorganismos.
Secrecións mucosas (barreira química) das aberturas naturais dos animais, como a
boca, o ano, as fosas nasais e as vías respiratorias, uroxenitais e dixestivas. Os
microorganismos e as partículas estrañas quedan atrapados no mucus. No caso do
epitelio respiratorio son eliminados mediante o movemento ciliar das células epiteliais,
pola tose e polos esbirros.

3. Adminístrase un antíxeno a dous animais de experimentación e obsérvase que o


animal A produce en 5 días unha cantidade de anticorpos que o animal B tarda uns 20
días en producir. Propoña unha explicación razoada destes resultados.
O animal A produce máis rapidamente (5 días) a cantidade de anticorpos porque se dá
unha resposta secundaria ao ter estado antes en contacto co antíxeno. (0,2) O animal
B tarda máis (20 días) porque se dá unha resposta primaria por non ter estado
previamente en contacto co antíxeno.
Resposta inmune primaria → producese ante o primeiro contacto cun determinado
antíxeno. Ao cabo de varios días comezan a aparecer anticorpos en sangue cuxa
produción vai en aumento exponencial ata unha fase estacionaria na que empezan a
declinar. Prodúcense IgM e IgG, que ao cabo de varias semanas son case
imperceptibles na sangue.
Resposta inmune secundaria → se o sistema inmunitario detecta por segunda vez a
presenza do mesmo antíxeno orixina outro tipo de resposta, hai menos atraso entre a
entrada do antíxeno e a aparición de anticorpos (principalmente IgG) e a súa
produción é moito máis rápida polo que a concentración de inmunoglobulinas en
sangue é moito maior e a súa duración en sangue tamén. Isto é grazas a que existe
unha memoria inmunolóxica.

4. O SARS-Cov2 é un coronavirus que posúe distintas proteínas na súa envoltura, que


son recoñecidas por células defensivas para iniciar a resposta do sistema inmune
humano, A) cales son esas células? B) como actúan?
A) Os macrófagos.
B) Compórtanse como células presentadoras de antíxenos, fagocitan ao virus e
expoñen na súa membrana os seus antíxenos procesados, para iniciar a resposta
inmune, activando aos linfocitos T e B.

5. Na figura amósase a cantidade de anticorpo no sangue tras a administración de dous


antíxenos diferentes: a) Explique a que se debe a maior resposta fronte ao antíxeno A
tras a segunda inxección. b) Por que non se observa a mesma resposta no caso do
antíxeno B?
a) Porque se produce unha resposta inmune secundaria.
b) No caso do antíxeno B trátase dunha resposta inmune primaria porque é a primeira
vez que está en contacto co antíxeno B.

6. Existen catro tipos de inmunidade: natural activa, natural pasiva, artificial activa e
artificial pasiva. Usando estes termos, indique a que tipo de inmunidade pertencen as
obtidas mediante a vacinación, o padecemiento dunha enfermidade, a soroterapia e a
lactación materna.
Vacinación: Inmunidade activa artificial. É un método preventivo de imunidade activa.
Trátase de inxectar microorganismos mortos ou atenuados da enfermidade que se
quere previr, para activar o sistema imunitario e que xere anticorpos específicos.
Padecemento dunha enfermidade: inmunidade activa natural. Son os propios
mecanismos inmunolóxicos do organismo os que logran a inmunidade. Tras unha
infección microbiana, o sistema imunitario empeza a producir anticorpos específicos
contra o microorganismo causante da enfermidade.
Soroterapia: Inmunidade pasiva artificial. É un tratamento curativo de inmunidade
pasiva cunha duración limitada. Consiste en proporcionar a un paciente enfermo os
anticorpos específicos para os antixenos que producen a enfermidade.
Lactación materna: inmunidade pasiva natural. Os anticorpos non son producidos polo
propio individuo, senón que os toma do exterior. O feto dos mamíferos adquire
inmunidade natural mentres está no útero materno, posto que recibe os anticorpos
que hai no sangue da nai a través da placenta. Deste xeito, as crias dos mamiferos
conseguen unha imunidade natural de tipo pasivo ata que os seus mecanismos
imunolóxicos se desenvolvan por completo.

7. A figura representa o momento de interacción entre as resposta inmune específica e


inespecífica. Nomee cada un dos procesos que teñen lugar nese momento (indicados
na figura como A, B e C) e escriba o nome das células, moléculas ou complexos que
están a formar parte deles (indicados na figura como 1, 2, 3, 4 e 5).
A: Fagocitose. B: Dixestión (degradación de antíxenos e formación de fragmentos
antixénicos). C: Presentación dos fragmentos antíxénicos ao linfocito Th. 1:
Macrófago (célula presentadora de antíxenos, célula dendrítica). 2:
Microorganismo con antíxenos. 3: Fragmentos de antíxeno. 4: Complexo maior de
histocompatibilidade II. 5: Linfocito Th, linfocito T colaborador ou auxiliar.

8. Observe a figura 5 onde se indica a variación de anticorpos no soro sanguíneo tras a


aplicación de dúas doses dunha mesma vacina. a) Identifique que sinalan as áreas A e
B da gráfica, e os tipos celulares que están implicados nestes procesos. b) Explique por
que existen en ambas as zonas un período de latencia, sendo máis breve trala segunda
dose.
a) A zona A de a gráfica correspóndese coa resposta inmune primaria e a zona B coa
secundaria. As células implicadas son os linfocitos B, linfocitos de memoria e células
plasmáticas produtoras de anticorpos.
b) A resposta inmune primaria prodúcese tras o primeiro contacto co antíxeno,
polo que a proliferación de linfocitos e a maduración das células plasmáticas leva
varios días. Con todo, na resposta inmune secundaria xa existen células de
memoria que recoñecen o antíxeno e proliferan moito máis rapidamente, facendo
que a latencia sexa moito máis curta como se ve na gráfica.

9. En relación ao sistema inmunitario: a) Explique a relación entre a resposta inmune e


a vacinación. b) Enumere dúas diferenzas entre as vacinas e os soros. c) Indique a
composición química das inmunoglobulinas, que feito desencadea a súa produción, cal
é a súa función, que células as producen e onde se orixinan estas células?
a) A vacinación activa o sistema inmunitario para producir anticorpos e células de
memoria (resposta inmune primaria). No segundo contacto co antíxeno por infección
natural prodúcese unha resposta inmunitaria secundaria moito máis rápida e intensa.
b) Dúas diferenzas:

Vacinación Soroterapia
Inmunidade activa Inmunidade pasiva
Método preventivo Método curativo
Induce a aparición de células Non induce aparición de células
memoria. de memoria.
Inoculación de antíxenos que Inoculación de anticorpos
inducen a produción de específicos para os antíxenos
anticorpos polo sistema causantes da enfermidade
inmune.

c) As inmunoglobulinas son glicoproteínas. Prodúcense como resposta á entrada no


organismo dun antíxeno específico. A súa función é a de recoñecer e unirse aos
antíxenos específicos formando o complexo antíxeno-anticorpo, iniciando unha cadea
de reaccións inmunolóxicas que permiten destruír o axente estraño. As células que as
producen son os linfocitos B (células plasmáticas). Prodúcense na medula ósea.

10. En relación con la respuesta inmunitaria, desarrolle brevemente estos conceptos:


linfocito B, vacunación, linfocito T,sueroterapia.
Linfocito B: Son os responsables da inmunidade humoral Nos mamíferos fórmanse na
medula ósea, mentres que nas aves maduran na bolsa de Fabricio. Na súa membrana
plasmática presentan uns receptores de antixenos en forma de Y, polo que poden
unirse a dúas moléculas de antíxeno. Debido ao parecido destes receptores cos
anticorpos, denomínanse anticor-pos de membrana.

Vacunación: É un método preventivo de imunidade activa. Trátase de inxectar


microorganismos mortos ou atenuados da enfermidade que se quere previr, para
activar o sistema imunitario e que xere anticorpos específicos.

Linfocito T: Interveñen na inmunidade celular. Maduran no timo e non producen


anticorpos. Na superficie da súa membrana hai receptores de antíxenos, cun só lugar
de unión, que están formados por dúas cadeas proteicas unidas a proteínas (complexo
CD3).
Sueroterapia: É un tratamento curativo de inmunidade pasiva cunha duración
limitada. Consiste en proporcionar a un paciente enfermo os anticorpos específicos
para os antixenos que producen a enfermidade.

11. ¿Qué son los linfocitos? Enumere y explique los diferentes tipos de linfocitos que
existen, indicando dónde se producen, dónde maduran y en qué tipo de respuesta
participan. Desenvolva brevemente a estrutura dun anticorpo e indique cales son as
células encargadas de producilo.

Os linfocitos ou células inmunocompetentes encóntranse no sangue e na linfa. Os


linfocitos proceden de células nai hematopoéticas que son pluripotentes. No adulto,
estas células nai encón-transe na medula ósea vermella dos ósos. Segundo a resposta
inmunolóxica que desencadeen, distínguense dous tipos de linfocitos:
Linfocito B: Son os responsables da inmunidade humoral Nos mamíferos fórmanse na
medula ósea, mentres que nas aves maduran na bolsa de Fabricio. Na súa membrana
plasmática presentan uns receptores de antixenos en forma de Y, polo que poden
unirse a dúas moléculas de antíxeno. Debido ao parecido destes receptores cos
anticorpos, denomínanse anticor-pos de membrana.

Linfocito T: Interveñen na inmunidade celular. Maduran no timo e non producen


anticorpos. Na superficie da súa membrana hai receptores de antíxenos, cun só lugar
de unión, que están formados por dúas cadeas proteicas unidas a proteínas (complexo
CD3).
- Linfocitos T citotóxicos. Destrúen as células infectadas por virus ou bacterias
patóxenas mediante a liberación de citotoxinas, como as perforinas, que
inducen a aparición de poros na membrana plasmática da célula infectada.
- Linfocitos T colaboradores ou células helper (células Th). Encárganse de activar
os linfocitos B e de iniciar a proliferación dos linfocitos T citotóxicos mediante a
secreción dunhas moléculas chamadas interleucinas.

Os linfocitos B se producen e maduran na médula ósea. Son responsables da


formación de anticorpos (inmunidade humoral). Os linfocitos T se producen na médula
ósea e maduran no timo. Son responsables da inmunidade celular.

12. Que son os linfocitos? Enumere e explique os diferentes tipos de linfocitos que
existen, indicando onde se producen, onde maduran e en qué tipo de resposta
participan. Describa as características dunha reacción inflamatoria.
(*)
E unha resposta inespecífica fronte a unha infección ou un axente estraño. Está
mediado por fagocitos que liberan mediadores os signos caracteríticos da inflamación.

13. Identifique a molécula que aparece na Figura 1.Cal é a súa natureza química? Que
tipo de células as producen? Cal é a súa función?. Indique as diferentes partes da
devandita molécula.
(A) Un anticorpo.
(B) Son glicoproteínas globulares.
(C) Polos linfocitos B.
(D) Unirse a un antíxeno dando lugar á formación dun complexo antíxeno-anticorpo.
(E) Nun anticorpo distinguimos 4 cadeas polipeptídicas unidas por pontes disulfuro,
dúas cadeas pesadas e dúas cadeas lixeiras, con rexións variables que lle confiren
especificidade e rexións constantes características de cada anticorpo. Cada anticorpo
presenta varias rexións de unión para antíxenos..

14. Explique brevemente a que se refiren estes cinco termos: vacina, soro, linfocitos B,
inmunidade humoral, macrófagos.
Vacina: preparado antixénico que produce unha resposta inmune xeradora de
anticorpos. As vacinas producen unha activación de linfocitos B e T con memoria que
confire inmunidade activa.
Soro: preparado que contén anticorpos e confire inmunidade pasiva.
linfocitos B: células do sistema inmune responsables da produción de anticorpos
(inmunidade humoral).
Inmunidade humoral: é a inmunidade mediada por anticorpos xerados por linfocitos B
e polo sistema do complemento (0.4p)
Macrófagos: células do sistema inmune con capacidade fagocítica e presentadoras de
antíxenos

You might also like