You are on page 1of 2

NEUROCIENCIA CONDUTUAL – CURSO 2022/2023

Interactiva 2. Busca de información en Neurociencia Condutual.


Manexo das bases de datos informatizadas no ámbito científico.

OBXECTIVOS DA PRÁCTICA:

Transversais:

• Familiarizarse co proceso de investigación, iniciándose na primeira fase de todo


proxecto científico: a busca de información rigorosa sobre un tema concreto.
• Familiarizarse coa terminoloxía psicolóxica e biomédica en inglés, aprendendo a
buscaras palabras clave (descritores) e tratando de comprender textos científicos
sinxelos nesa lingua.
• Aprender a manexar a base de datos Medline e a realizar buscas avanzadas.
• Aprender a localizar e acceder ao arquivo .pdf dos artigos atopados (a través das
revistas electrónicas da BUSC, Google Académico, etc.)

De contido:

• Repasar os distintos aspectos implicados na experiencia da dor explicados nas


clases teóricas: receptores, vías, rexións cerebrais, ...
• Aprender a identificar os distintos tipos de estudos que poden deseñarse para
clarificar o papel do sexo na dor (por exemplo, papel das hormonas, factores
psicosociais, efectos dos analxésicos en homes e mulleres, umbral e tolerancia da
dor en homes e mulleres, ...)
• Comprender a utilidade de incluír a variable sexo no estudio da dor, analizando
as posibles implicacións metodolóxicas e terapéuticas desta variable.

PROCEDEMENTO DE TRABALLO:

Busca de 3 artigos experimentais (artigos que realicen un ou varios experimentos) en


Pubmed (empregando preferentemente os descritores proporcionados) nun dos bloques
de busca proporcionados. Unha vez identificados estes artigos seleccionar un deles para
respostar as preguntas do informe da práctica. [para a elaboración do resumo de cada
artigo é suficiente con consultar o abstract do mesmo. Recoméndase consultar o texto
completo do artigo se algunha das cuestións plantexadas no informe non se atopa
dispoñible no abstract].

1
BLOQUES DE BUSCA
TEMA: SEX/GENDER DIFFERENCES IN PAIN AND ANALGESIA

1. DIFERENZAS SEXUAIS EN NOCICEPCIÓN: (i) Diferenzas sexuais en medidas de


tolerancia e umbral; (ii) Diferenzas sexuais en resposta á dor inducida

experimentalmente.

2. DIFERENZAS SEXUAIS NA ACTIVACIÓN DA MATRIZ DA DOR: Diferenzas


sexuais nos mecanismos cerebrais implicados no procesamento da dor.

3. DIFERENZAS SEXUAIS NO FUNCIONAMENTO DOS MECANISMOS DE

ANALXESIA: (i) Esóxenos (efectos de opiáceos); (ii) Endóxenos (controis


inhibitorios).

4. INFLUENCIAS HORMONAIS NA DOR: A influencia das hormonas gonadais


sobre as diferenzas sexuais na experiencia da dor.

5. FACTORES PSICOSOCIAIS QUE PODEN MODULAR DIFERENZAS SEXUAIS


NA DOR: Estratexias de afrontamento, ansiedade, trastornos afectivos, ...

You might also like