You are on page 1of 34

INFORMACIÓN E

MANIPULACIÓN XENÉTICA
1.- O ADN E OS ÁCIDOS NUCLEICOS
O ADN é a molécula que almacena a información xenética, pode duplicarse,
transmitindo a información de xeración en xeración. Determina as proteínas que
se sintetizan en cada momento.

Dependendo do tipo de célula pode estar de distintas formas.

● Eucariotas: asociado a proteínas formando cromatina (que se condesará


para formar cromosomas).
● Procariotas: libre no citoplasma.
Dende o punto de vista químico, o ADN é unha molécula formada por longas
cadeas de nucleótidos, que a súa vez están formados pola unión de:

● Pentosa: é un glícido, a desoxirribosa.


● Unha base nitroxenada: hai 4 distintas, adenina, guanina, citosina e
timina.
● Un ácido fosfórico.
Os nucleótidos únense mediante enlaces fosfodiéster, que se forman entre o
fosfato dun nucleótido e a pentosa do seguinte.

A pentosa e o grupo fosfato son iguais sempre, o que varía é a secuencia de


bases, polo tanto, aí radica a información xenética.
2.- ESTRUTURA DO ADN
Foi establecida por Watson e Crick, baseándose nas achegas realizadas por
Wilkins e Rosalind Franklin. Está formada por unha dobre cadea de nucleótidos.
As bases nitroxenadas sitúanse no interior
e os grupos fosfato e as pentosas forman
o esqueleto externo.
As cadeas mantéñense unidas por pontes
de hidróxeno.
Cada molécula de ADN está formada por dúas cadeas de polinucleótidos
enroladas ao longo dun eixe imaxinario formando unha dobre hélice. As dúas
cadeas son:

● antiparalelas: dispoñense de forma paralela

e en sendidos opostos.

● complementarias: a adenina sempre

se emparella coa timina, e a guanina

coa citosina.A-T; C-G


ACTIVIDADES
ARN ou ÁCIDO RIBONUCLEICO
Está formado por unha soa cadea de nucleótidos (ribonucleótidos), cada un está
formado por:

● Pentosa: neste caso é unha ribosa.


● Grupo fosfato
● Base nitroxenada: adenina (A), guanina (G), citosina (C) e uracilo (U).
NUNCA TEN TIMINA.

Localízase tanto no núcleo coma no citoplasma das células eucariotas e no


citoplasma das procariotas.
Tipos de ARN
ARN mensaxeiro (ARNm): leva a información dende o núcleo ao citoplasma.

ARN transferente (ARNt): transporta aminoácidos para a síntese de proteínas.

ARN ribosómico (ARNr): forma parte da composición dos ribosomas, que


participan na síntese de proteínas.
ACTIVIDADE:
Constrúe unha táboa coas diferencias entre ADN e ARN:

ADN ARN

Nº cadeas

Bases nitroxenadas

Pentosa

Función:

Localización na célula
eucariota
REPLICACIÓN DO ADN
Ten lugar xusto antes da división celular. Na fase S da interfase do ciclo celular.

Neste proceso o ADN fai unha copia de si mesmo, para poder transmitir unha
copia a cada unha das súas celulas fillas.

Ten lugar no núcleo das células eucariotas e no citoplasma das procariotas.


1. Separación das dúas cadeas do ADN, por ruptura
das pontes de hidróxeno entre as bases.
2. Adición de nucleótidos para formar a cadea nova,
de forma complementaria, usando como molde as
cadeas de ADN. Se nunha cadea hai adenina,
na outra colocaráse unha timina, se hai guanina,
colocarase unha citosina. O lazo que se forma
chámase burbulla de replicación.
3. O resultado son dúas moléculas de ADN idénticas.
O proceso é semiconservativo, significa que cada molécula de ADN filla está
formada por unha cadea vella e unha nova, xa que cada cadea actúa de molde
para a síntese da molécula. Cada molécula de ADN así formada constitúe unha
cromatide irmá dun cromosoma.

Durante a replicación prodúcense erros, mutacións. Existen mecanismos para


detectalos e reparalos, pero non son 100% eficaces.
Actividades
DOGMA CENTRAL DA BIOLOXÍA

Para que un xene se exprese a información contida no ADN, en forma de nucleótidos (hai 4 distintos: A,T,G,C) ten que
pasar á proteínas en forma de aminoácidos (hai 21 distintos).Este traslado de información ten lugar en dous pasos:

● Transcripción: paso da información de ADN a ARN. Hai 3 ARN distintos

● Tradución: paso da información de ARN a proteína.


TRANSCRIPCIÓN
Formación dunha molécula de ARN m cuxa secuencia de bases nitroxenadas é
complementaria á do ADN, como non hai timina neste caso a
complementariedade é: A-U ; G-C

Na transcripción non se transcribe todo o ADN, só unha secuencia que


corresponde co xene que se quere expresar, e só unha das cadeas doADN serve
de molde.
TRADUCIÓN
Paso da información de ARN a proteínas, ten lugar no citoplasma.

Para trasladar esta información dende os nucleótidos a os aminoácidos existe un código,


chamado código xenético, que consiste en que un triplete de nucleótidos do ARNm chamado
codón, codifica (leva información) para un aminoácido. Este código ten dúas características:

É universal: todos os seres vivos utilizamos o mesmo código.

É dexenerado: hai varios tripletes que codifican para o mesmo aminoácido.

Os aminoácidos transpórtanse dende o citoplasma aos ribosomas a través do ARNt, hai un


distinto para cada aminoácido. Os ARNt teñen forma de folla de trebol, nun dos seus brazos
teñen un triplete, anticodón, complementario ao codón do ARNm. E noutro brazo un lugar de
unión ao aminoácido correspondente.
https://www.youtube.com/watch?v=gG7uCskUOrA
Proceso de tradución
1. O ARNm chega ao citoplasma e únese aos ribosomas.
2. O ARNt achega o primeiro aá, aquel que ven codificado polo primeiro codón.
Soe ser a metionina, codificado polo ARNt.
3. O 2º ARNt achega o segundo aá, aquel que veña codificado polo segundo
codón.
4. Fórmase un enlace entre os dous aá, e liberase o primeiro ARNt intacto.
5. Chega o 3º ARNt, co 3º aá, que se une á cadea de aá, (cadea polipeptídica
ou cadea proteica).
6. Libérase o 2º ARNt, chega o 4º ARNt,.....
7. E así sucesivamente ata que remate a síntese.
CÓDIGO XENÉTICO
Obtén a secuencia de aminoácidos partindo desta secuencia de ADN:

TAC GGT CAT TAA TAC CCA TTT AAA ATC


Partindo da secuencia de ADN:

TAC GGT CAT TAA TAC CCA TTT AAA ATC

AUG CCA GUA AUU TAC GGU AAA UUU UAG

met - pro - val - ile - met - val- lys - phe

You might also like