You are on page 1of 4

O corpo humano

Estamos formados por células


Todos os seres vivos temos en común dúas características:
– Realizamos as funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
– Estamos formados por células.

A célula
É a unidade máis pequena que forman os seres vivos e que, ademais, están vivas.
Somos seres pluricelulares porque estamos formados por millóns de células.
As células realizan as tres funcións vitais:
● Nutrición: as células obteñen as substancias que necesitan para medrar e
conseguir enerxía.
● Relación: as células reciben información do medio que as rodea e poden
reaccionar ante ella.
● Reprodución: as células divídense e orixinan outras células fillas.

Como son as células do noso corpo


– Son moi pequenas
– Non todas son iguais (neuronas, glóbulos vermellos...)
– Teñen formas diferentes (esférica, estrelada, prisma...)

A organización do corpo humano

células---- tecidos---- órganos---- sistemas e aparellos ---- organismo

Os tecidos
Son agrupacións de células do mesmo tipo que realizan unha función común.
No noso corpo hai diversos tecidos: tecido muscular, tecido óseo...

Os órganos
Están formados pola unión de varios tecidos que se organizan e funcionan
conxuntamente: estómago, corazón, ril, …
Ex: A lingua é un órgano formado por tecido muscular, epitelial (pel) e tecido nervioso.
Sistemas e aparellos
Un sistema está formado por varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma
función: sistema muscular, sistema óseo...
Un aparello consta de órganos de diferente tipo ou de vaios sistemas que funcionan
de xeito coordinao para realizar un traballo: aparello dixestivo, aparello locomotor...

Os organismos
O organismo humano está formado por todos os nosos aparellos e sistemas.

A función de nutrición
Coa función de nutrición o organismo obtén os materiais e a enerxía que necesita.
A función de nutrición inclúe os seguintes procesos:
• Captación de nutrientes
• Transformación de nutrientes
• Distribución de nutrientes a todas as células
• Eliminación das substancias de refugo
Os aparellos especializados nas tarefas anteriores son:
• Aparello dixestivo
• Aparello respiratorio
• Aparello circulatorio
• Aparello excretor

O proceso dixestivo
Consiste na transformación dos alimentos en nutrientes. Realízao o aparello dixestivo
e segue tres pasos:
✔ Dixestión é a descomposición dos alimentos para obter nutrientes. As partes
que participan do aparello dixestivo son:
- Boca: os alimentos esmiúzanse cos dentes e mestúranse coa saliva, así
fórmase o bolo alimenticio.
- Farinxe e esófago: conducen o bolo ao estómago.
- Estómago: o bolo mestúrase co zume gástrico e forma o quimo.
- Intestino delgado: o quimo mestúrase con outros zumes e coa bile e fórmase
o quilo.
✔ Absorción.- consiste no paso de nutrientes desde o aparello dixestivo ao sangue
e ocorre no intestino delgado que ten numerosas pilosidades, a través das cales
os nutrientes atravesan a parede do intestino e pasan aos vasos sanguíneos.
✔ Eliminación de refugos é a expulsión de substancias non dixeridas dos
alimentos.
A respiración
Consiste na entrada e saída de aire do corpo para obter osíxeno e expulsar dióxido de
carbono.
Aparello respiratorio consta de:
✔ Vías respiratorias: condutos polos que o aire entra e sae no noso corpo: nariz,
farinxe, larinxe e traquea.
✔ Bronquios
✔ Pulmóns

A circulación
É o movemento que realiza o sangue polo aparello circulatorio para transportar
substancias nutritivas, osíxeno e substancias de refugo.
O aparello circulatorio está formado por:
✔ Corazón
✔ Vasos sanguíneos
✔ Sangue

A excreción
É a eliminación das substancias de refugo do sangue. Realízaa o aparello excretor, que
está formado por:
✔ Riles.- Actúan como coadores: filtran o sangue, reteñen as substancias de
refugo e producen a urina.
✔ Vexiga urinaria
✔ Uréteres
✔ Uretra

A función de reprodución
É a que permitenos ás persoas ter descentes semellantes a nós.
Aparello reprodutor masculino
Está formado por:
✔ Nos dous testículos fabrícanse os espermatozoides (células sexuais
masculinas)
✔ Pene.- órgano polo que saen os espermatozoides. Nes atópase, tamén, a uretra
para expulsar a urina.
Aparello reprodutor feminino
Está formado por:
✔ Dous ovarios donde maduran os óvulos (células sexuais femininas). Cada mes
madura un óvulo nun ovario diferente.
✔ As trompas de Falopio comunican os ovarios co útero.
✔ O útero onde se desenvolve o meniño durante o embarazo.
✔ A vaxina é un canal elástico que comunica o útero co exterior.
✔ A vulva é a parte externa do aparello reprodutor.
A fecundación
É a unión dun óvulo cun espermatozoide. Cando o óvulo madura, pasa do ovario á
trompa de Falopio, se aquí se atopa cun espermatozoide, prodúcese a fecundación.
O cigoto é a célula que resulta da unión do óvulo cun espermatozoide. O cigoto irase
dividindo ata formar o embrión.

O embarazo
É o conxunto dos cambios que se producen desde a fecundación ata o nacemento dun
novo ser, dura uns 9 meses. Estes cambios prodúcense no feto que está medrando e
tamén no corpo da muller.
O feto desenvólvese na placenta; os dous están unidos polo cordón umbilical
(alimentos e osíxeno)

You might also like