Professional Documents
Culture Documents
1. Introdución
1) A clase establécese nas palabras léxicas e categorias atendendo á función
dentro da unidade de nivel superior e á función desa unidade. Así, temos as
clases verbo, substantivo, adxectivo e adverbio, amais das categoriais pero non
léxicas pronome e artigo.
Sux.
OD
En xeral, exclusivas da FN
CAx.
FN OI
Non exclusiva da FN, é un complemento directo esixido polo verbo
CPrep. que adoita ser excluínte respecto do OD (Acordouse de algo / Acordou
algo; Pensar que / Pensar en)
Mod. adxunto Tamén o poden expresar a FN e a FAdv., pero adoitan precisar dunha
FAdx.
directo da FN preposición (Un lugar soleado / de sol / de lonxe).
CC directo de O
Mod. directo de
FAdv. adxectivo
Mod. directo de Tamén pode ser expresada mediante FN, pero adoita precisar
adverbio preposición (chegou tarde / chegou pola tarde)
FAdx. e FN poden ser as dúas Atr. CPvo. ou Mod. directos, pero son funcións de
1 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
1.1. Verbo
1.1.1. Definición e caracterización
1) Sintáctica :
→ O verbo é o P ou N da O, e a partir del establécese a predicación.
→ Pode ser o único constituínte ou:
- requirir constituíntes obrigados (Sux., CD...)
- ir acompañado de constituíntes opcionais.
→ Estes constituíntes son: Sux., CD, CAx., CPrep., Atr., CPvo., OI, CC, pero
algúns deles exclúense entre si:
- CAx., CD e Atr. (e xeralmente CPrep.)
- Atr. e CPvo.
2) Morfolóxica :
a) Morfemas obrigados propios, pero diferentes segundo as unidades:
→ Unidades modotemporais, sen restricións distribucionais:
- MMT (caracterizan a O). As unidades modotemporais existentes son:
Indicativo: Pte, Pto, Fut, Cpto, Apto, Ppto; subxuntivo: Pte, Pto, Fut;
imperativo.
- MPN (caracterizan o Sux.). As unidades persoais morfoloxicamente
diferenciadas son P1, P2, P3, P4, P5, P6.
→ Unidades amodotemporais, con distribución restrinxida (só en oracións
dependentes):
- MA (morfema aspectual).
- Posibilidade de morfemas de PN (infinitivo flexionado) e XN
(participio).
b) Morfemas flexivos opcionais, descontinuos nas perífrases verbais:
→ Diátese ou voz.
→ Aspecto1.
→ Modo e tempo.
Unha palabra de discurso e unha
Vai chegar mañá Temporal
palabra base (chegar).
Unha palabra de discurso e unha
palabra base (vir).
Modal de
Ten que vir obriga
Tema |vi|
MMT | Ø |
MNP |Ø|
Necesidade |ter + que + infinitivo|
1
O aspecto está relacionado co proceso interno da acción, xa que fai referencia ao punto no que se
atopa esta: inicio (comezou a comer), centro (está comendo) ou fin (deixou de comer).
2 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Aspectual
Unha palabra de discurso e unha
Vaino facendo (centro da
palabra base (facer).
acción)
Unha palabra de discurso e unha
palabra base (facer), pero dúas
palabras constituíntes:
2
Ver:
→ Mario Vilela (1992): Gramática de valências. Teoria e aplicação, pp. 3 –28
→ Moreno Cabrera: Curso universitario de lingüística general, pp. 335 – 353
3
Os verbos copulativos clasifícanse atendendo a dous criterios:
a) Sintáctico: función de Atr. como complemento do suxeito.
b) Semántico: ausencia de significado léxico.
Así, ser, estar e parecer poden ser ou non verbos copulativos, e outros coma ir tamén poden funcional
como tales, mesmo hai casos de ambigüidade (vai canso = está canso ou marcha canso).
4 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Tipo de se Explicación
Aparece nas construcións reflexivas funcionando como CD, sinalando que
Se reflexivo: este coincide co suxeito, xa que a acción recae sobre o suxeito. Exemplos:
CD ou CI Lávome, lávase.
(menos Na variante reflexiva recíproca pode ter a función de CI, xa que recae de
frecuente) maneira cruzada nun suxeito necesariamente en plural. Exemplos: Escríbense
cartas.
Vén esixido polo verbo coma un constituínte formal do propio verbo, pero non
da oración. É, polo tanto, un constituínte morfolóxico, non funcional. Neste
senso pode achegar información:
- Redundante en relación coa persoa e o número: suicídome, suicídaste.
Se non - Pertinente en relación coa persoa e o número: suicidábase vs.
funcional sucidábame.
Non ten función sintáctica e aparece nalgúns casos para caracterizar algunhas
construcións, coma as que teñen un Sux. forza. Exemplos
O vento derrubou o muro > o muro derrubouse co vento (*o muro foi
derrubado polo vento)
(non pode ser reflexivo xa que o muro non se derruba a si mesmo, senón que hai un
Sux. forza (o vento) que na voz activa é un CC forza)
Voz media
O barco abalábase
(non pode ser reflexivo xa que o barco non se abala a si mesmo, tampouco pronominal
porque existe a posibilidade de construír o verbo sen –se)
O coche lavouse
(non pode ser reflexivo xa que o coche non se lava a si mesmo, tampouco pronominal
porque existe a posibilidade de construír o verbo sen –se)
Análise de exemplos
5 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Cómpre ter en conta que en galego existe unha forte tendencia a prescindir do se reflexivo
cando se trata de verbos transitivos (sentei / senteime).
A tensión afrouxouse debido á súa intervención.
- Se: voz media:
- Aparece un CC que desencadea unha acción, pero non pode ser axente porque non é
persoal, polo que se trata dun CC forza (a súa intervención). Así, o CC Forza pode
pasar a Sux. forza: A súa intervención afrouxou a tensión.
- O se non ten función sintáctica, só morfolóxica xa que marca que a construción é
voz media e nalgúns casos mesmo se pode prescindir del: Asfíxiase coa calor, pero
Abafa coa calor.
Sobrepuxéronse ao desconcerto.
Se: pronominal, é un constituínte do verbo (sobrepóñome, sobreposte, sobreponse, etc.).
Secouse ao sol.
Caben dúas interpretacións:
- Impersoal: o se tería a función de suxeito, un suxeito indeterminado (alguén ou algo).
- Reflexivo: se con función de suxeito axente, sobre o que recae a acción (secouse a si
mesmo). Non podería ser neste caso un suxeito inanimado.
impersoal
Chove
intransitivo
impersoal
Había moita xente na festa
transitivo
persoal
É alto
copulativo
copulativo
Son as cinco
impersoal
Número
de Tipos Exemplos
funcións
0 funcións P Está amencendo.
A noiva choraba.
Sux. – P O vello non se suicidou.
1 función P – OD Houbo un lío do demo.
P – CPrep. Abonda con mo dicirdes un día antes.
P – Atr. Eran as cinco da tarde.
Afonso pintou toda a parede.
Sux. – P – OD Afonso pintouse.
Alicia pensaba no negocio.
Sux. – P – CPrep. Tino esqueceuse das súas teimas.
2 funcións
Sux. – P – Atr. Xelo é moi amigo meu.
Sux. – P – OI Esas leiras pertencen a aquela casa.
Sux. – P – CC Einés portouse moi ben.
Sux. – P – OD – CPrep. Ramón comparte piso cunha albanesa.
Sux. – P – OD – CC Eu mesma metín o pernil na neveira.
Sux. – P – OD – OI Salomé deulle unha aperta a Fina.
Sux. – P – OD – CPvo. Os asistentes elixiron a Ana presidenta.
3 funcións Sux. – P – CPrep. – CC Breixo falou do teu problema co seu xege.
Sux. – P – Atr. – OI A Augusto pareceulle fácil enganarte.
Sux. – P – OI – CPrep. Antón suplicoulle á xuíza polo seu fillo.
Sux. – P – OI – CPvo. O testo valeume de sombreiro.
Sux. – P – CC – CC Cristovo foi de Esgos a Maceda.
Ricardo cambioulle a Felipe as entradas por uns
Sux. – P – OD – OI – CPrep. libros.
4 funcións Sux. – P – OD – OI – CPvo. Túa nai xa che ten a cama feita.
Un coche oficial trasladou os feridos de Vigo a
Sux. – P – OD – CC – CC Pontevedra.
Valencias da voz activa en galego (Rosario Álvarez & Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega, p.
73)
1.2. Substantivo
1.2.1. Definición e caracterización xeral
1) Sintáctica :
a) É N da FN, función que ademais do substantivo só poden desempeñar os
pronomes aínda que sen deixaren de ser Det.
b) Contorno: pode ser complementado por Det. e Mod.
c) Función da unidade na que se insire: a FN ten función referencial directa
e é a unidade primaria das funcións de Sux., OD e OI.
2) Morfolóxica :
a) Pertence necesariamente a unha clase de xénero e de número, impoñendo
concordancias en artigos, pronomes, adxectivos e verbos.
b) Os substantivos comúns posúen, en xeral, CATEGORÍA de número e
algúns (animados) de xénero, cuxos membros opositivos son sg / pl e masc
/ fem respectivamente.
7 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Comúns Propios
Referente:
Referente:
- Variable contextualmente.
- Constante.
- Non definido de seu, senón por
- Definido de seu.
medio de complementacións.
Con oposición cuantitativas: morfemas
de número, determinantes e
Sen oposicións cuantitativas.
complementos cuantitativos
(gramaticais e léxicos).
Admiten tódolos Det. e Mod. con
Non admiten Det. ou Mod. restritivos.
calquera función.
8 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
9 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
10 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
→ Concretos e abstractos:
- Concretos: entidades perceptibles e localizables (mesa, arroz).
- Abstractos: entidades non perceptibles nin localizables (paciencia,
actitude).
- Graos diferentes de concreción e abstracción. Así, substantivos
coma carreira ou chegada estaría nun grao intermedio.
11 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
1.3. Adxectivo
1.3.1. Definición e caracterización
1) Sintáctica:
a) Función dentro da unidade na que se integra: N da FAdx.
b) Funcións da unidade na que se integra:
→ Mod. de FN, función non exclusiva, pero é característico da FAdx. o
poder desempeñala de xeito directo (sen relacionantes).
→ Atr. ou CPvo.: funcións que comparte coa FN, pero mentres a FN dá
lugar a oracións copulativas clasificadoras (A balea é un animal) ou
identificadoras (Xan é aquela persoa), coa FAdx. constrúense oracións
copulativas atributivas (Ela é alta).
c) Contorno: os adxectivos poden ser complementados por Mod., en
especial por adverbios cuantificadores.
2) Morfolóxica:
a) Morfemas obrigados: xénero e número, rexidos polo substantivo, polo
que son características formais do adxectivo (atribución a unha ou outra
clase), mentres que no substantivo o xénero é característico dos animados e,
dentro deses, a súa aparición depende da segmentación que faga a lingua
(troita / *troito). Con todo, hai moitos adxectivos que carecen de morfema
de xénero (-e, -l), e algúns que carecen de morfema de número.
b) Morfemas facultativos: admiten, coma o substantivo, morfemas
diminutivos e aumentativos, e son característicos do adxectivo os
superlativos (-ísimo).
12 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Substantivo Adxectivo
(posibilidades de aplicación máis (posibilidades de aplicación máis amplas
restrinxidas) (viño, produto, costa... galega))
‘persoa’: branco, branca, brancos,
‘de cor branca’: branco, branca,
Branco brancas
brancos, brancas
‘cor’: branco
‘persoa’: galego, galega, galegos,
‘de Galiza’: galego, galega, galegos,
Galego galegas
galegas
‘lingua’: galego
Capital ‘cidade’: a capital ‘importante’: capital, capitais
‘diñeiro’: o capital
13 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
b) Tipos de adxectivos:
Relacionais Atributivos
- Equivalen a de + FN
- Xeralmente equivalen a de + FN.
esporadicamente. Exemplo: grave <
Exemplo: arbitral < do árbitro.
*do grave.
- Non admiten cuantificacións (nin a - Admiten cuantificacións: moi grave,
comparativa), nin –ísimo. gravísimo.
- Contexto sintáctico: - Contexto sintáctico:
- Non funcionan como Mod. apostos - Poden desempeñar as funcións de
nin como CPvo. e moi Mod. aposto (a casa, vella e
restrinxidamente como Atr. descoidada), CPvo. (atopeino moi
- Xeralmente funcionan só como mozo) ou Atr. (a casa está vella e
Mod. adxuntos en posposición, descoidada).
14 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
1.4. Adverbio
1.4.1. Definición e caracterización xeral
1) SINTÁCTICA:
a) O Adv. é N da FAdv.
b) A FAdv. desempeña as funcións:
→ Oracionais ou frásticas:
- CC, é dicir, aquilo que non é central na predicación, aínda que esta
función pode ser de moi diferentes tipos.
- Mod. de N de FAdx.
- Mod. de N de FAdv., pero só algúns tipos de adverbios coma os
cuantificadores.
→ Complemento externo de frases e oracións. Exemplos: Mesmo sen a
túa axuda...; Evidentemente estou segura...
c) Contorno:
→ Como N de FAdv. o Adv. admite como Mod. cuantificadores ou
sintagmas introducidos por de + F(N, Adv.) que actúan como termos
de referencia.
→ Hai Adv. que non constitúen propiamente FAdv. porque non admiten
nin Mod. nin prep., adoitan ter significado gramatical. Exemplos: Ata
Lola repetiu o xeado; Non me digas!, Os rapaces recolleron os pupitres
15 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
moi amodo; Quizais a próxima vez teñas máis sorte; Xa o tiñan moi
avisado.
Exemplos:
Exemplo Comentario
Caben dúas interpretacións:
1) FN: N (algo) + Mod. (doce), onde algo é un pronome co significado
É algo doce. de ‘cousa’ e contén o valor substantivo.
2) Fadx.: Mod. (algo) + N (doce), onde algo é un adverbio.
2) MORFOLÓXICA:
a) Morfemas que admiten:
→ Non teñen morfemas obrigados. Con todo, algúns adverbios admiten
morfemas de xénero e número: todo (toda contenta), medio (media
consumida).
→ Poden admitir como morfemas facultativos os mesmos cós adxectivos: o
superlativo –ísimo (cedísimo) e o diminutivo –iño (cediño).
b) Constitución morfolóxica:
→ Simples.
→ Derivados: adv. en –mente formados sobre todo a partir de adxectivos na
súa forma feminina (comodamente), son adv. con significado léxico e
que, polo tanto, forman parte de inventarios abertos.
→ Compostos: destacan as locucións, que poden ser ocasionais ou
formadas atendendo a un certo patrón (a + artigo + adv.). Cómpre non
confundir as locucións adverbiais con outro tipo de unidades, xa que
aínda que se grafen separadamente son unitarias, polo que:
- O seu significado non é o resultado da suma do significado dos seus
constituíntes.
- Non admite complementacións internas nin ningún cambio nos seus
constituíntes.
Exemplos:
Exemplo Comentario
FAdv.: N (despois) + Mod. (prep. de + FAdx. as nove)
17 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
18 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Cómpre ter en conta que esta relación non é a mesma cá de activa – pasiva, xa que neste caso
as funcións semánticas son diferentes:
Sux. (axente) CD
Activa P
(paciente)
CD
Pasiva Sux. (paciente) P
(axente)
b) Primacía da acepción: a acepción 3 ten dúas construcións posibles, pero non se repite
coma a 1 e 4. Así. Pode ter unha construción transitiva (Abafaba o vidro) e outra
intransitiva (o vidro da ventá abafouse: voz media)
abalar v.t. 1. Mover, axitar ou facer oscilar [unha persoa ou cousa] sen cambiala de
lugar. O vento abala as árbores. SIN. abanar, abanear, acanear, balancear,
bambear. 2. Move-lo berce para que [o neno] durma ou se calme. Abala o
neno, que está chorando. (...) // v.p. 3. Moverse, axitarse ou oscilar [algo ou
alguén] sen cambiar de lugar. Adormeceu abalándose na cadeira. SIN.
abanarse, abanearse, acanearse, arrolarse, balancearse. O barco abalábase
mentres largaban o aparello. SIN. cabecear. | SIN. abalear.
Non toda construción activa ten outra pasiva posible, só as activas con Sux.
axente (necesariamente animado), polo que hai verbos transitivos que non
admiten pasiva, como é o caso dos verbos con complemento interno (a casa
mide...; pesa...).
5. ...
6. ...
7. ...
8. Explica se son nomes propios ou comúns os subliñados nos seguintes
exemplos:
Anotou no seu caderno: “Mércores, 24 de marzo: Hoxe foi un día con sol, así que non
subín á parte vella no meu vello Ford, e iso que estou aínda algo resentido da perna.
Estiven falando na Facultade co brasileiro que coñecín onte, un home de moi agradable
conversa. Xa se sabe que o brasileiro, por temperamento, é orador. Gústanlle tamén as
matemáticas e a astronomía e contoume cousas interesantes da lúa e do sol; logo
falamos tamén do Goberno e do Parlamento. Á fin non cheguei a ir a clase de Química
orgánica.”
9. ...
20 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
10. ...
11. ...
12. Pon de manifesto as diferentes formas en que pode entenderse a expresión o
doce.
1) Doce = substantivo: Det. (art. o) + N (subs. doce). Neste caso doce podería ter a
acepción de ‘número’ (uso metalingüístico) ou de ‘pastel’.
2) Doce = adxectivo:
a) Elisión dun substantivo (dependente do contexto). Nestes casos pódense dar
variacións de xénero e número dependendo do substantivo elidido.
Exemplos: Que sabor prefires? O [sabor] doce; Que galletas comiches? As
[galletas] doces.
b) Uso nominal do determinante (‘o que é doce’, ‘as cousas doces’). Exemplo:
Gústame todo o doce.
Outros exemplos:
Exemplo Comentario
- FN, na que capital é un Adx. coa función de Mod. e o contido
nominal pode interpretarse de dous xeitos:
1) O artigo determinado a posibilita a elisión de posibilidade.
Estivo valorando varias
2) O artigo determinado a funciona como N (é a posibilidade
posibilidades, pero á fin eludiu a
máis manexada) asumindo o contido do substantivo
capital.
substituído.
- capital é Adx.: é N da FAdx. que funciona como Mod. e admite
adverbios como complementos directos (a máis capital).
Estivo reflexionando sobre os temas - Estamos perante o mesmo caso ca no exemplo anterior, pero
que debía tocar, pero os capitais agora en masculino e plural porque se refire a temas (os [temas]
non os abordou. capitais)
Estivo valorando varias - Capital = Adx.
posibilidades, pero á fin eludiu algo - Algo = N da FN co contido substantivo e o significado de isto
capital, como era [...] (dependente do contexto).
Estivo valorando varias - Capital = Adx.
posibilidades, pero á fin eludiu o - o = N da FN co contido substantivo, co significado de isto
capital, como era [...] (dependente do contexto), pero non hai elisión.
- Capital = Adx.
- o = N da FN co contido substantivo, que se pode interpretar de
Estivo reflexionando sobre os temas dous xeitos:
que debía tocar, pero o capital non 1) O artigo determinado o posibilita a elisión de tema.
o abordou. 2) O artigo determinado a funciona como N (é a posibilidade
máis manexada) asumindo o contido do substantivo
substituído.
Dúas interpretacións:
Xa non se conta co capital e a
- Capital = Subs.: Det. + Subs.
empresa elude as reponsabilidades.
- Capital = Adx.: N + Subs.
4
Non recomendada.
21 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
13. Repara nas definicións típicas de adx. dos dicionarios e explica a forma que
adoptan. Compara estas definicións con outras de adverbios (todas do
DRAG).
absorto –a adx. Completamente concentrado nos seus pensamentos ou nunha actividade,
con descoido de calquera outra cousa.
abafado –a adx. 1. Que sente abafo, que ten dificultade para respirar.
abrancazado –a adx. De cor tirando a branca.
abaixo adv. 1. Nun lugar inferior (...)
adoito adv. Con frecuencia, habitualmente, a miúdo.
acolá adv. Indica lugar afastado do falante.
Definido Definición
absorto –a = adx. concentrado = adx.
que sente abafo = O de relativo que pode funcionar como
abafado –a = adx.
Mod. igual ca unha FAdx., pero non como Atr.
de cor... = de + FN, unha estrutura que pode funcionar como
abrancazado –a = adx.
Mod. ao igual cá FAdx.
nun lugar inferior = en + FN, unha estrutura que pode
funcionar como CC, ao igual cá FAdv.
Con todo, é unha equivalencia restrinxida:
abaixo = adv.
- lugar = situación: Está abaixo > Está nun lugar
inferior.
- lugar = movemento a: Vai para abaixo > * Vai para
nun lugar inferior.
Definicións sinonímicas:
con frecuencia = en + FN, unha estrutura que pode funcionar
abaixo = adv.
como CC, ao igual cá FAdv.
habitualmente, a miúdo = FAdv.
A definición non é sinonímica, como é habitual nas palabras
gramaticais coma esta, xa que dentro da clase adverbio
acolá = adv. podemos atopar clases gramaticais e léxicas (a diferenza do
substantivo, adxectivo ou verbo – agás no caso dos
copulativos –)
Texto
Conecíaos dabondo e trataba a algús. Ás vegadas, na Alameda, cando tocaba
a música de tropa , chamábame aparte (iles non entraban no paseio do meio, que era o do
señorío) e dábanme de todo; enchíanme os petos; metíanme entre o corpo i a brusa
recimos inteiros que se me apegaban ó coiro. Tanto que, ás veces, tiña que deixar o
paseio (e logo dar disculpas e mintir) pra me valeirar de tanto que me daban e que non
daba comido. (Eduardo Blanco amor: Os biosbardos)
22 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
Actualización
Coñecíaos dabondo e trataba a algúns. Ás veces, na Alameda, cando tocaba a
música de tropa , chamábame á parte (eles non entraban no paseo do medio, que era o do
señorío) e dábanme de todo; enchíanme os petos; metíanme entre o corpo e a blusa acios
enteiros que se me apegaban ó coiro. Tanto que, ás veces, tiña que deixar o paseo (e
logo dar desculpas e mentir) para me baleirar de tanto que me daban e que non daba
comido. (Eduardo Blanco amor: Os biosbardos)
Adverbios e función de complementación
- Dabondo: CC directo do verbo coñecíaos (cuantificador).
- Ás veces: CC directo de O (cuantificador de tempo). Trátase dunha locución
adverbial xa que funciona coma un todo, ao igual ca outras coma por veces, pero non
coma algunhas veces (pode variar: algunha vez, algunha daquela vez, moitas veces,
varias veces, etc.). É unha unidade formada por tres palabras constituíntes
(preposición + artigo + substantivo) pero unha soa palabra sintáctica ou de discurso.
- Á parte: CC, locución adverbial.
- Cando: neste caso, como é frecuente con cando, trátase dunha conxunción, non dun
adverbio (de ser adverbio necesariamente sería relativo). De ser un adverbio tería
que ter unha función dentro da unidade, pero é só un relacionante que introduce a O
tocaba a música de tropa (podería aparecer mentres, ao, etc.).
Exemplo
Exemplo Exemplo como
Forma como Exemplo como relativo
como Det. relacionante
pronome
(xeralmente funciona como
conxunción)
Dime cando volves.
Chegou cando xa
acabamos: No tempo cando falaban os
Cando
- cando xa acabamos : animais.
CCT
- xa acabamos: O (sen
cando)
Preguntou
me cantas Dixo cantas
Canto Correu canto puido.
cousas quería.
quería.
(xeralmente analízase
como relativo, teña ou non
antecedente)
Púxoo onde lle mandaran.
Chegou a onde estaba ela.
Onde
- a onde estaba ela :
CCL
- onde estaba ela: O (a
é un relacionante,
pero onde non)
A decisión de que o
deixabamos para despois O día que pasamos alí
- de que o deixabamos - que pasamos alí: CD.
para despois: Mod. - que pasamos alí: O de
Que
- o deixabamos para relativo (que ten
despois: O (de e que función, xa que se
son relacionantes que refire a día)
carecen de función).
23 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
- De todo: non é un adv., senón unha FN precedida de preposición coa función de CD.
Neste caso ten matiz partitivo (dáme esa carne vs. dáme desa carne). Todo, a
diferenza de algúns, non recolle información sobre algo xa dito pero si ten
significado nominal de totalidade.
- Tanto: CC directo do verbo apegaban (matiz consecutivo).
- De tanto: prep. + FN coa función de suplemento (non de CD).
- Ás veces: CC directo de O (cuantificador de tempo).
- Logo: CC directo de O (tempo: posterioridade).
- Tanto: CC directo de O (cuantificador).
- Non: CC directo de O (negación).
Texto
Veña de chover arreo cáseque unha semá. O padriño pasábase días enteiriños,
de lusque a fusque, sin aparecer pola casa. Eu adicábame a estudiar i a ler. Funme á
biblioteca e fixen unha escolma de libros. Novelas, memorias, libros de viaxes...
Erguíame moi cediño, case ó lumbrigar do día, i estudiaba deica un ratiño inantes de
xantar. E logo, o día todo, tarde e noite, pra min, pra ler e ler. Recordo que me gostaran
moito dúas novelas ingresas, Contrapunto e A Ciudadela. (Ánxel Fole: Terra Brava)
Actualización
Veña de chover arreo case unha semana. O padriño pasábase días enteiriños,
de lusco a fusco, sen aparecer pola casa. Eu dedicábame a estudar e a ler. Funme á
biblioteca e fixen unha escolma de libros. Novelas, memorias, libros de viaxes...
Erguíame moi cediño, case ó lumbrigar do día, e estudaba deica un ratiño iñantes de
xantar. E logo, o día todo, tarde e noite, para min, para ler e ler. Recordo que me gustaran
moito dúas novelas ingresas, Contrapunto e A Cidadela. (Ánxel Fole: Terra Brava)
Adverbios e función de complementación
- Arreo: CC directo de V (cuantificador).
- Case: complemento externo (restrición de cantidade) da FN unha semana, en
especial a un dos seus constituíntes: unha. Así, se introducimos unha preposición
sigue quedando fóra da FN: case durante unha semana, xa que un adv. non pode
funcionar como Mod. directo de FN pero si complementala de xeito externo (mesmo
eu fun quen de facelo).
- De lusco a fusco: locución adverbial (tempo).
- Moi cediño: Mod. directo de adv. (cuantificador).
- Cediño: CC directo de V (tempo).
- Iñantes: N de FAdv. que ten como modificador unha FN precedida de preposición:
de xantar (tempo). Non antes de como locución, xa que de complementa a antes.
- Logo: CC directo de O (tempo: posterioridade).
- Moito: CC directo de O (cuantificador).
24 Morfoloxía galega
2008/2009
USC
1. A palabra como constituínte sintáctico
1.3. Palabras léxicas: verbo, substantivo, adxectivo e adverbio
5
O seu significado establécese en relación coas circunstancias que se dan na comunicación:
interlocutores, momento e lugar.
Así, tamén son deícticos os pronomes persoais de 1ª e 2ª persoa, pero non o de 3ª (non é unha
referencia constante no mesmo acto de fala). Os pronomes persoais non teñen significado ocasional no
sentido gramatical, como referencias nun mesmo acto de fala, aínda que estas referencias si son
diferentes nos diferentes actos de fala.
25 Morfoloxía galega
2008/2009
USC