You are on page 1of 12

Formación e Orientación Laboral F.O.L.

UNIDADE 5: O DEREITO DO TRABALLO

DEREITO DO TRABALLO:
- Pública: Leis.
- Privada: Pacto de condicións de traballo.

RELACIÓN LABORAL:
Requisitos -> Relación laboral -> CONTRATO DE TRABALLO:
- PERSOAL: acudir persoalmente.
- VOLUNTARIO: ninguén obrigado.
- RETRIBUÍDO: beneficio económico.
- DEPENDENTE: instrucións da empresa.
- CONTA ALLEA: salario fixo.

RELACIÓNS NON LABORAIS (EXCLUÍDAS):


- Funcionariado.
- Prestacións persoais que sexan obrigatorias.
- Traballos de amizade, boa veciñanza ou benevolencia.
- Traballos familiares, segundo grao que convivan coa persoa empresaria.
- Consellos das sociedades.
- Axentes comerciais (100% comisión).
- Persoas autónomas.
- Transportistas con autorización administrativa.

RELACIÓNS LABORAIS ESPECIAIS1:


- Directivas.
- Servizo de fogar familiar.
- Persoas penadas en prisións.
- Deportistas profesionais.
- Artistas espectáculos públicos.
- Representantes comercio.
- Persoas con diversidade funcional.
- Menores en centros de internmiento.
- Persoal médico residente (MIR).
- Abogacía en despachos profesionais.

Réxime de Persoas Autónomas: excluídas da relación laboral.


- Persoas traballadoras por conta propia (ter un negocio).
- Cónxuxe e familiares (ata segundo grao) que colaboren no negocio.
- Profesionais en colexio profesional (avogacía, economistas, psicólogía…).
- Administracións e consellos das SL e SA con control efectivo da empresa.

FONTES DO DEREITO DO TRABALLO: Normas ou fontes a aplicar nunha relación laboral


e xerarquía.
1. Dereito internacional orixinario: directivas e regramentos comunitarios.
2. CE1978: Constitución Española. Dereitos laborais (folga, salario, convenio, etc).

1
Cada unha delas vai ter a súa regulación.

1
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

3. Dereito internacional derivado: convenios da OIT e tratados internacionais.


4. Leis:
- Leis Orgánicas.
- Leis Ordinarias: Lei 31/1995 do 8 nov.
5. Normas con forza de lei:
- R.D. Lexislativo (Estatuto das persoas traballadoras).
- R.D. Lei.
6. Regulamentos:
- Real Decreto.
- Orden Ministerial.
7. Convenios colectivos.
8. Contrato de traballo.
9. Costume laboral: local e profesional.

PRINCIPIOS DE APLICACIÓN DAS FONTES:


- ESTATUTO DAS PERSOAS TRABALLADORAS:
- Mínimos:
- Descansos: 1 día e medio/semana.
- Vacacións: 30 días naturais/ano.
- 2 pagas extra ao ano.
- CONVENIO COLECTIVO
- CONTRATO LABORAL

- Principio de xerarquía normativa: normas superiores por encima de interiores.


- Principio de norma mínima: as superiores marcan mínimos que inferiores poden
mellorar.
- Principio condición máis beneficiosa: o contrato mellore Estatuto ou convenio.
- Principio norma máis favorable: dúas normas do mesmo rango, aplica a máis
beneficiosa.
- Principio irrenunciabilidade de dereitos: non se pode pactar renunciar a os seus
dereitos.
- Principio “indubio pro operario”: no caso de dúbida, a favor da persoa traballadora.

DEREITOS E DEBERES LABORAIS


DEREITOS COLECTIVOS DEREITOS INDIVIDUAIS DEBERES LABORAIS

· Sindicación. · Elixir profesión. · Actuar de boa fe.


· Folga. · Ocupación efectiva. · Actuar con dilixencia.
· Convenios. · Ascensos. · Mellora da produtividade.
· Conflito colectivo. · Acudir a exames. · Non competencia desleal.
· Reunión. · Elixir quenda de traballo · Medidas de prevención.
· Participar na empresa. (estudos oficiais). · Cumprir ordes e
· Igualdade e non instrucións da empresa.
discriminación.
· Intimidade e dignidade.
· Descanso.
· Remuneración.

2
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

O PODER DE DIRECCIÓN E DISCIPLINARIO DA EMPRESA

PODER DE VIXILANCIA:
- Rexistros persoais e sobre os seus bens:
- Seguridade ou sospeita de roubo.
- Presencia de representación das persoas traballadoras ou doutra persoa
traballadora.
- Vixilancia por cámaras:
- Lugares de traballo.
- Desprovistas de audio.
- Informar da súa existencia.
- Vixilancia do correo electrónico e uso de ordenadores:
- Advertir previamente.
- Indicios evidentes e claros.
- Presencia de testemuña.
- Vixilancia da súa situación sanitaria:
- Baixa laboral vixilancia por persoal médico.

PODER DISCIPLINARIO:
- A empresa ademais de ditar ordes e vixiar pode sancionar.
- Os convenios colectivos establecen as condutas que poden ser sancionadas e o tipo
de sanción (nunca redución do soldo, perda de vacacións ou descanso).
- As persoas traballadoras poderán reclamar perante o xulgado.
- As faltas prescriben e a empresa xa non poderá alegar.
- Faltas leves: 10 días.
- Faltas graves: 20 días.
- Faltas moi graves: 60 días.

UNIDADE 6: O CONTRATO DE TRABALLO

O CONTRATO DE TRABALLO
Acordo entre traballadora e empresa polo cal a traballadora se compromete a prestar
determinados servizos por conta allea a cambio dunha retribución.

CAPACIDADE PARA CELEBRAR UN CONTRATO (REQUISITOS):


- A persoa traballadora:
- Maior de 18 anos e menor emancipado.
- Maior de 16 anos con autorización.
- Menores de 16 anos non poden, salvo espectáculos públicos
- Cidadanía da UE. Extracomunitarias con permiso de traballo
- A empresa:
- Maior de idade ou menor emancipada.
- Se é extracomunitaria: permiso da Administración Laboral.

3
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

ELEMENTOS DO CONTRATO DE TRABALLO:


- Substanciais:
- Consentimento: Mutuo acordo.
- Obxecto: Posible e lícito (legal).
- Causa: Prestar un servizo determinado a cambio de diñeiro.
- Forma do contrato:
- Escrito ou de forma verbal.
- Presunción se non é escrito: é indefinido a tempo completo.
- Contido do contrato:
- Lugar e data.
- Identificación partes.
- Categoría profesional.
- Lugar de traballo.
- Xornada e horario.
- Duración.
- Retribución.
- Vacacións anuais.
- Preaviso.
- Convenio colectivo.
- Cláusulas voluntarias:
- Período de proba
- Horas extras.
- Non traballar na competencia despois.
- Duración do contrato:
- Indefinido ou temporal.
- Presuncións de indefinido a tempo completo.

PERÍODO DE PROBA:
- Pacto:
- Pactado en contrato, antes de comezar a traballar.
- Non pode pactarse se traballador foi contratado antes.
- Duración:
- Reflectida en convenio colectivo / Estatuto das persoas traballadoras.
- Contrato en prácticas: 1 mes / 2 meses para grao medio / superior.
- Contratos temporais menos de 6 meses: máximo 1mes.
- Pódese pactar interromperse en caso de baixa laboral, nacemento crianza,
violencia xénero, risco durante o embarazo ou lactación.
- Dereitos:
- Mesmos dereitos.
- Non indemnización por despedimento, e sen previo aviso e sen alegar motivo
algún (excepto durante o embarazo que deberá xustificarse).

MODALIDADES DE CONTRATOS

CONTRATOS FORMATIVOS: aqueles contratos onde, ademais de prestar un servizo a


cambio dunha retribución, dáse un compoñente formativo que mellora a competencia
profesional da persoa traballadora contratada.

4
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

- CONTRATO DE FORMACIÓN EN ALTERNANCIA: aquel contrato que ten por


obxectivo cualificar a unha traballadora nun réxime onde se vai alternando o tempo
de traballo retribuído con cursos de formación.
- Requisitos:
- Menores de 30 anos. Non haberá límite de idade para estudos
universitarios, ciclos formativos, certificados de profesionalidade de
nivel 3 ou cursos de especialización de FP. Tampouco haberá límite
de idade con persoas discapacidadas ou en exclusión social.
- Un contrato por cada ciclo formativo.
- Non pode ter traballado antes nese posto na mesma empresa por
máis de 6 meses. Tampouco pode utilizarse para substituír tarefas de
persoas afectadas por medidas de flexibilidade interna ( ERTEs, etc).
- Duración:
- Mínima de 3 meses e máxima de 2 anos (para persoas con
discapacidade ou en exclusión social non hai límite).
- Se é inferior a 2 anos pódese prorrogar, sempre que non obtivese o
título asociado ao contrato.
- Pode ser a tempo parcial. Non poderán realizar horas extras salvo
forza maior, nin horas complementarias.
- Pode realizar traballos nocturnos e a quendas se as actividades
formativas non poden realizarse noutro período.
- Período de formación:
- O primeiro ano: 65 % do tempo ao traballo e 35 % a formación.
- O segundo ano: 85% ao traballo e o 15% a formación.
- Características da formación:
- Curso de formación nun centro formativo da rede da FP, ou na
mesma empresa se conta con instalacións e persoal
adecuado e autorización para impartila.
As ETTs, encargándose da parte formativa.
- Pactarase entre a empresa e a persoa traballadora cando se
realiza a formación, podendo concentrarse en determinados
períodos de tempo.
- Modalidades de impartición: presencial, teleformación, a
distancia e mixta.
- Se non posúe o título de ESO a formación deberá permitir
obter ese título. Acreditarase polo Servizo Público de Emprego
cun certificado.
- Retribución: fixarase no convenio e non pode ser inferior ao 60% e 75% do
salario do seu grupo profesional.

- CONTRATO PARA A OBTENCIÓN DA PRÁCTICA PROFESIONAL: obxectivo


realizar un traballo retribuído que facilite a práctica profesional dunha titulación de
FP ou universitaria, ou ben dun certificado de profesionalidade da FP para o
emprego, ou tamén ensinos artísticos ou deportivos.
- Requisitos:
- Título de FP ou universidade, ou certificado de profesionalidade.
- Nos 3 anos seguintes de terminar os estudos, salvo persoas con
discapacidade que serános 5.

5
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

- Non se pode realizar con quen realizase este contrato por 1 ano pola
mesma titulación.
- Tampouco se pode realizar con quen fose contratada para ese posto
por 1 ano, ou teña experiencia profesional na mesma empresa máis
de 3 meses, nin para substituír tarefas de persoas afectadas por
medidas de flexibilidade interna ( ERTEs, etc).
- Duración:
- Máximo de 1 ano (non hai máximo para persoas con discapacidade
ou en exclusión social)
- A situación de baixa laboral, nacemento de crianza, risco durante
embarazo ou lactación, ou vítima de violencia de xénero, interrompen
a duración.
- O período de proba é de 1 mes para todos os contratos. Pódese
ampliar por convenio.
- Retribución:
- Por convenio para estes contratos, e na súa falta a do grupo
profesional ao que pertenza.
- O límite que poida fixar o convenio é o salario mínimo do contrato
para a formación en alternancia, o 60 e 75% do salario do grupo
profesional.

CONTRATOS TEMPORAIS:

- CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN:
- Obxecto: A partir do 30-3-2022 só poderán realizarse estes contratos por 2
motivos:
- Un incremento ocasional e IMPREVISIBLE, que xere un desaxuste
temporal entre o emprego estable dispoñible e o que se necesita.
Tamén se usará para substituír a traballadoras polas vacacións.
- Un incremento ocasional e PREVISIBLE, que teña unha duración
reducida e delimitada.
- Duración e indemnización:
- Impresible: non superior a 6 meses (o convenio pódeo ampliar a 1
ano).
- Previsible: máximo de 90 días ao ano os cales non serán continuos.
- Dereito a unha indemnización de 12 días por ano traballado.
- Contratos inferiores a 30 días: recarga na cotización empresarial á
seguridade social pola fórmula BC2 x TC3 x 3 (2022 recarga de
24,78€).

- SUBSTITUCIÓN DUNHA PERSOA TRABALLADORA:


- Obxecto:
- Substituír a outra traballadora que ten reservado o posto de traballo
por situacións de baixa laboral, nacemento de crianza, etc.
- Para completar a xornada reducida dunha persoa traballadora.

2
base mínima diaria de cotización do grupo 8 (35€ actualmente)
3
tipo de cotización

6
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

- Mentres se produza o proceso de selección dunha vacante.


- Duración e indemnización:
- Por substitución: ata que se reincorpore a outra traballadora.
- Por selección de vacante: mentres se realice o proceso de selección
cun máximo de 3 meses, salvo en administracións públicas.
- Non ten indemnización por finalización de contrato.

- ENCADENAMENTO DE CONTRATOS TEMPORAIS: a normativa indica que as


persoas traballadoras que fosen contratadas para o mesmo posto ou distinto cunha
cadea de contratos temporais, de forma continua ou descontinua, durante máis de
18 meses nun período de 24 meses, sexa coa mesma empresa ou grupo de
empresas ou ben a través de ETTs, adquirirán a condición de fixas.

CONTRATOS A TEMPO PARCIAL :

- CONTRATO FIXO-DESCONTINUO: alterna períodos de traballo e de non traballo,


tradicionalmente para actividades de tempada ou estacionais, coa reforma laboral de
2022 engadíronse outras situacións onde se utilizaba o contrato de obra. A persoa
traballadora atópase fixo na empresa.
Os motivos para partir do 30-3-2022 para este contrato son:
- Causas:
- Traballos estacionais ou de tempada. Existe a obrigación de
chamamento pola empresa cando se renova a actividade.
- Traballos que non son estacionais pero que son intermitentes.
- Para prestar servizos na execución de contratas, as cales son
previsibles e forman parte da actividade normal da empresa.
- Entre as ETTs e os traballadores cedidos, coincidindo os períodos de
inactividade co prazo de espera entre varios contratos.
- Características:
- Chamamento as persoas traballadoras para reincorporarse ao traballo
estableceranse por convenio, ou ben por acordo de empresa.
Realizase por escrito, ou calquer medio que permita deixar
constancia, con indicacións precisas da súa incorporación e cunha
antelación suficiente.
- Bolsa sectorial de emprego: por convenio pódese aprobar esta bolsa
para favorecer as traballadoras a súa contratación e a súa formación
continua.
- O tempo entre chamamentos compútase como antigüidade.
- Vacantes como fixa ordinaria: as fixas descontinuas teñen dereito a
solicitar estas vacantes que se xeren na empresa.

AS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL:


Contratan a persoas traballadoras para cedelas temporalmente a outras empresas
chamadas empresas usuarias, onde realmente realízase a prestación de traballo.

- RELACIÓN ETT – EMPRESA USUARIA:


- Contrato mercantil entre dúas empresas.

7
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

- Persoas traballadoras contratadas temporalmente e tamén para a formación


e en prácticas.

- RELACIÓN ETT – PERSOA TRABALLADORA:


- Contrato de traballo por escrito.
- ETT responsable de pagar salarios e seguridade social e indemnización de
12 días por cada ano.
- Dar formación de materia en prevención de riscos laborais.
- Dereito a cobrar mesma cantidade que outra traballadora da empresa.
- A persoa traballadora non paga nada á ETT.

- RELACIÓN EMPRESA USUARIA - PERSOA TRABALLADORA:


- Dirección e control, pero sanciona a ETT.
- Informar sobre os riscos.
- Usar o transporte, as súas instalacións e acudir as representantes.

NOVAS FORMAS FLEXIBLES DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO:

PERSOA AUTÓNOMA ECONOMICAMENTE DEPENDENTE: traballa principalmente para


unha soa empresa e que por tanto ten unha gran dependencia económica desta,
limitándose a autonomía.

- Requisitos:
- Polo menos un 75 % dos seus ingresos desa empresa principal.
- Non ter contratados a outras traballadoras.
- Non contratar nin subcontratar esa actividade.
- Non exercer profesión con outras socias.
- Non exercer actividade mesturada cas traballadoras
- Non ser titular de locais abertos á público.
- Infraestrutura e materiais propios.
- Correr co risco da actividade
- Características do contrato mercantil:
- A persoas autónoma pode interromper temporalmente a actividade.
- Interrupción anual da actividade (vacacións) 18 días hábiles ao ano,
descansos semanais e a festivos.
- Extinción do contrato.
- Incumprimento grave do contrato.
- Se non existe causa xusta, empresa pagará indemnización.

TELETRABALLO: traballo que se realiza de forma preponderante no domicilio da persoa


traballadora ou o lugar elixido por esta, de forma alternativa á súa presenza no centro de
traballo, utilizándose as TIC.
- Características:
- Contrato laboral por escrito, pactado por ambas as partes. Ese pacto é
reversible (previo aviso).
- Debe traballar desde o seu domicilio polo menos o 30% da xornada nun
período de referencia de 3 meses, salvo formativos que a parte presencial
debe ser polo menos do 50%.

8
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

- Realizarase un inventario dos medios e equipos que achega a traballadora,


valorándose os mesmos e pagando unha compensación económica polo seu
desgaste.
- Débese establecer o horario, tanto no domicilio como presencial no seu caso,
así como as regras de dispoñibilidade

UNIDADE 7: A XORNADA DE TRABALLO

A XORNADA ORDINARIA

- Total de horas de traballo efectivo sen computar (salvo convenio):


- Desprazamentos.
- Cambios de roupa.
- Descansos

- Xornada regular : 40 h/semana de media ao ano (unhas 1.800 h/ ano).


Convenios poden mellorala.

DISTRIBUCIÓN REGULAR DA XORNADA:


- Máx. 9 h/día.
- Descanso entre xornadas: 12 h mínimo.
- Descanso mín. semanal: día e medio ininterrompido.
- Descanso mín. xornada: obrigatorio se máis 6 horas seguidas mín. 15 minutos.
- Menores de 18 anos: tope diario 8 horas, descanso semanal 2 días, descanso
xornada de 30 minutos.

Posibilidade de distribución irregular da xornada dun 10 % do total de horas anuais:


- Increméntase a xornada en determinadas épocas do ano (50 h/semana e outras a
30 h/s).
- Preavisar cun mínimo de 5 días.

Rexistro da xornada desde maio-2019:


- É obrigatorio para todas as persoas traballadoras, aínda que non estean no centro
de traballo.
- Rexístrase hora de entrada e saída, por calquera medio en papel ou electrónico.

O HORARIO DE TRABALLO

- Xornada: páctase en convenio.


- Horario: acordo empresa e persoa traballadora.

TRABALLO A QUENDAS:
- Rotación nun mesmo posto (mañá-tarde-noite).
- Non máis de 2 semanas consecutivas quenda nocturna, salvo voluntario
- Os que cursen estudos oficiais preferencia elección de quenda.
- Descanso mínimo entre xornadas redúcese a 7 h.

9
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

O TRABALLO NOCTURNO:
- Xornada entre as 22 e as 6 h.
- Non poden realizalo: menores de 18 anos, así como embarazadas ou en período de
lactancia se o estima a avaliación de riscos do seu posto de traballo.
- Medidas:
- Non realizan horas extras (excepcións).
- Xornada non máis 8 h. de media.
- Especial protección da súa saúde.

AS HORAS EXTRAORDINARIAS: Son as realizadas por encima da xornada ordinaria.


- O convenio: se pagan ou se compensan por descanso.
- Máx. 80 h/ano sen contar as compensadas.
- Prohibido: menores 18 anos e traballadoras nocturnas, e a tempo parcial.

Voluntarias: A persoa traballadora acepta voluntariamente.


Obrigatorias:
- Pactáronse en convenio.
- Pacto en cláusulas do contrato.
- Por forza maior, non máximo.

REDUCIÓN E ADAPTACIÓN DE XORNADA:

POR COIDADO DE FAMILIARES:


- Todas as persoas poderán reducir a súa xornada “diaria” entre ½ e 1/8 por coidado
de familiares:
- Menores de 12 anos.
- Persoas con discapacidade.
- Familiares que non poden valerse por se mesmos.
- Menores de 18 anos con cancro ou outra enfermidade grave (aquí redución
mínima do 50%, posible subsidio se reducen a xornada ambos).
- Novo horario elixido por traballador, salvo os convenios limíteno.
- Preavisar con antelación de 15 días.

POR LACTANCIA DE < 9 OU 12 MESES:


- Ausencia por 1 h/día.
- Varias opcións: ausencia, división, entrada ou saída en media hora….
- Posibilidade de acumular hora de lactación en xornada completa (convenio ou
pacto).
- Desde abril 2019 pódena pedir ambos(pai e nai).
- Se o solicitan ambos na mesma duración e réxime, pódese ampliar ata os 12 meses,
e un deles pode pedir unha prestación económica.

POR CONDICIÓN VÍTIMA VIOLENCIA DE XÉNERO:


- Redución xornada e salario proporcional.
- Dereito a reordenación e adaptación a un horario flexible.
- Condición de vítima de violencia de xénero: sentenza de condena ao agresor, orde
de protección do xuíz, resolución xudicial de medidas cautelares, informe do

10
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

Ministerio Fiscal, informe dos servizos sociais ou especializados en violencia de


xénero.
POR CAUSAS ECONÓMICAS, TECNOLÓXICAS, ORGANIZATIVAS OU PRODUCIÓN:
- Redución xornada e salario entre un 10-70 %.
- Cobranza do desemprego na xornada que non realiza.
- E.R.E. de redución de xornada: período de consultas de 15 días e comunicación á
Autoridade Laboral.

ADAPTACIÓN DE XORNADA:
- As persoas traballadoras con menores de 12 anos pode “solicitar” a adaptación da
xornada ou o teletraballo.
- Ábrese unha negociación coa empresa que debe contestar en 30 días.
- Se non hai acordo pode acudir ao Xulgado do Social.

OS PERMISOS RETRIBUÍDOS
- Por matrimonio: 15 días naturais, comezando primeiro día laborable segundo
Tribunal Supremo.
- Falecemento ou enfermidade grave dun familiar: 2 días ou 4 se necesita
desprazamento (Tribunal Supremo 13-2-18: deben comezar a contarse o primeiro
día laborable).
- Intervención cirúrxica sen hospitalización pero con repouso domiciliario dun familiar:
2 días ou 4 se necesita desprazamento (Tribunal Supremo 13-2-18: deben comezar
a contarse o primeiro día laborable).
- Traslado de domicilio: o día do traslado.
- Deber inescusable público ou persoal (xuízo, mesa electoral…): o tempo
indispensable para a súa realización.
- Preparación ao parto / exames oficiais: tempo indispensable.
- Bebés prematuros ou necesitan hospitalización: redución dunha hora ao día
retribuída, podendo engadir dous sen retribución.
- Funcións sindicais: tempo establecido legalmente.

VACACIÓNS E FESTIVOS

VACACIÓNS:
- Segundo Estatuto: mín. 30 días naturais de vacacións anuais retribuídas.
- Non sustituible por diñeiro, salvo fin contrato e non se gozaron.
- Coñecer datas concretas, polo menos, 2 meses antes do inicio.
- Común acordo de datas segundo calendario de vacacións elaborado pola empresa
- Gozar no mesmo ano salvo en caso de baixa laboral, maternidade ou paternidade e
trasládense ao ano seguinte.

FESTIVOS:
- Dereito a 14 festivos ao ano retribuídos e non recuperables (2 locais e 2 fixado pola
Comunidade Autónoma).
- Se coinciden en domingo o 25 de decembro, 1 de xaneiro, 1 de maio, 12 de outubro;
trasládanse a luns.
- Se se traballa en festivo compénsase cun 75 % engadido ao salario ou con
descanso (RD 2001/1983).

11
Formación e Orientación Laboral F.O.L.

12

You might also like