You are on page 1of 23

1.

As clases de palabras

1. As disciplinas lingüísticas e a sintaxe

substancia FONÉTICA
figuras
forma FONOLOXÍA
EXPRESIÓN
MORFOLOXÍA
SIGNO significantes GRAMÁTICA
SINTAXE
significados gramatical
CONTIDO SEMÁNTICA
figuras léxica

1.1. Que é a sintaxe?


1) Mecanismo da linguaxe humana que facilita a expresión lingüística
(palabras finitas > enunciados infinitos).
2) Disciplina da lingüística:
a) Estuda a forma, constitución e relacións que se establecen entre os
elementos dun enunciado nunha determinada lingua.
b) Está moi vinculada con outras disciplinas lingüísticas, de aí que tamén se
lle apliquen etiquetas máis xerais como gramática ou morfosintaxe.

1.2. A sintaxe e as linguas


1) A sintaxe estuda o xeito en que se organizan as estruturas oracionais:
c) Clases de palabras.
d) Disposición das palabras nos enunciados.
e) Estrutura de frases e oracións.
f) Tipos de oracións e frases.
2) Todas as linguas teñen sintaxe (clases de palabras e maneira de ordenalas).
3) As linguas non teñen unha complexidade ou dificultade intrínseca.

2. Gramaticalidade e aceptabilidade
1) Gramaticalidade: característica das estruturas lingüísticas construídas
conforme ás regras da gramática (pero unha estrutura agramatical pode ser
interpretada semanticamente).
2) Aceptabilidade: valoración dun enunciado que se pode facer desde diferentes
puntos de vista:
a) De rexistro (aceptabilidade comunicativa).
b) Semántico.
gramatical aceptable
Amigo de Pedro chegou onte  
O meu ordenador está aburrido  

1 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

3. As clases de palabras
substantivos
nomes (entidades)
(con morfemas de xº e nº) adxectivos
PLENAS (propiedades)
(lexicamente) verbos
(procesos)
adverbios
(trazos procesuais)
determinantes
(identificadores)
(con flexión nominal)
CARACTERIZADORES
preposicións
ESTRUTURAIS (caracterizadores oblicuos)
(invariables)
conxuncións
NEXOS
relatores
pronomes persoais
(con demostrativos
flexión
TÓNICAS nominal) indefinidos
PROFORMAS partículas interrogativas
(flexión parcial ou invariables)
partículas relativas
ÁTONAS clíticos
(pronomes persoais átonos)

3.1. As palabras plenas. Trazos definitorios


3.1.1. Palabras léxicas vs. palabras gramaticais
O límite entre as unidades léxicas e as gramaticais non é moi claro, senón
que se dá un continuum. Ímonos centrar nas palabras (unidades libres). Estas son as
principais diferenzas entre as palabras léxicas e as gramaticais:

Criterio Palabras léxicas Palabras gramaticais


(palabras plenas) (palabras estruturais e proformas)
1. Tipos de clases que Clases abertas, que se
Clases pechadas.
constitúen modifican cunha certa rapidez
Fixada ou relativamente
2. Posición na cadea Libre ou relativamente libre.
fixada.
Algunhas teñen un
significado moi xeral e
Poden ter significados moi
3. Significado outras carecen de contido
xerais ou moi específicos.
semántico (só teñen valor
gramatical)
Moi frecuentes ou
4. Frecuencia no discurso Relativamente escasa
obrigatorias
Articuladores da estrutura
Peso semántico (significado
5. Función gramatical do enunciado
léxico)
(significado gramatical)

2 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

3.1.2. Clases de palabras plenas


CLASE DE DEFINICIÓN
PALABRA SINTÁCTICA MORFOLÓXICA SEMÁNTICA
entidades,
SUBSTANTIVO N de FN variable (xº e nº) procesos,
propiedades
N de FAadx ou
ADXECTIVO variable (xº e nº rexidos) propiedades
Mod.
invariable agás:
- adverbios que admiten
superlativo e diminuitivo
(cedísimo, pretiño).
-adverbios formados con -
mente.
colocación libre, agás:
- na función de Mod. (sempre
N de FAdv ou diante do adx.)
ADVERBIO
Mod. de Adx. - non, que sempre debe preceder o
verbo.
- relativos e interrogativos onde,
cando e como, que ocupan o
primeiro lugar do enunciado.
- sequera, xamais, tampouco,
ningures ocupan o primeiro
lugar (xamais o anunciara) agás nas
negacións (non o anunciara xamais)
N de FV
Admite Compl. accións,
VERBO Sufixos flexionais: PN, MT, VT
Concordancia co procesos
Sux. (PN)

Exemplos:
A función determina a clase de palabra:
Falou moi baixo

PRED CCM
| |
N FAdv.
|
verbo Mod. N
| |
adverbio adverbio

3 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

Un alumno moi baixo


|
FN

DET NOM
|
artigo N Mod.
|
FAdx.

Mod. N
| |
adverbio adxectivo

correu moito levou moito

PRED CCM PRED CD


| |
FAdv Fsubs
| |
N N
| |
adverbio substantivo

O escritor estaba cómodo alí

SUX PRED CPVO CCL


| | | |
FN N FAdv FAdv
| | |

DET NOM verbo N N


| | | |
artigo Fsubs adxectivo adverbio
|
N
|
substantvo

4 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

Liches as memorias do esquelete soterrado nun cemiterio da cidade

PRED CD
| |
N FN
|
verbo
DET NOM
| |
artigo Fsubs

N Mod.
| |
subs. FPrep

DIR TERM
| |
prep. FN

DET NOM
| |
art Fsubs

N Mod.
| |
subs. FV

N CCL
| |
verbo FPrep

DIR TERM
| |
prep. FN

DET NOM
| |
art Fsubs

N Mod.
| |
subs. FPrep

DIR TERM
| |
prep. FN

DET NOM
| |
art Fsubs
|
N
|
subs.

5 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

3.1.2.1. O verbo
3.1.2.1.1. Formas finitas
1) Infinitivo:
a) Definición: expresa acción verbal e, ademais:
 Admite complementos (no caso do infinitivo conxugado).
 En determinados contextos compórtase coma un substantivo, xa que:
 Admite determinacións, comportándose así coma un substantivo.
Exemplo: o falar non ten cancelas.
 Admite pluralizacións. Exemplo: os atardeceres.
b) Usos incorrectos:
*
 Como verbo dunha OPrin. Exemplo: dicir que non é un asunto doado.
 Estrutura a + infinitivo dependente dun substantivo ou adxectivo con
valor de futuro ou acción que se debe realizar obrigatoriamente.
Exemplo: *aberta a inscrición para o campionato de Galiza a celebrar en
Muros.
c) O infinitivo conxugado debe aparecer obrigatoriamente nos seguintes
contextos:
 Se aparece anteposto ao verbo principal. Exemplo: ao chegardes á
estación preguntade por el.
 Se o suxeito do VPrin é diferente ao do infinitivo. Exemplo: levade as
nenas de paseo para podermos ir ao médico.
 Se, malia coincidiren os suxeitos, o infinitivo está situado a certa
distancia do VPrin. Exemplo: tomaron as medidas que recomendaba circular
e tamén as aconselladas polas autoridades sanitarias para evitaren un novo
andazo.

2) Xerundio:
a) Usos correctos:
 Presenta unha acción mostrada no seu desenvolvemento e simultánea ao
seu referente. Exemplo: atopeino correndo pola rúa.
 Nestes casos pode ser substituído por:
 Unha O subordinada introducida por cando. Exemplo: atopeino
cando corría pola rúa.
 Pola estrutura a + infinitivo. Exemplo: atopeino a correr pola rúa.
 Pode ir precedido da preposición en, de xeito que indica que a acción se
desenvolve xusto cando remata a do VPrin. Exemplo: en chegando,
chámame.
 Nestes casos pode ser substituído por ao + infinitivo. Exemplo: ao
chegares, chámame.
b) Usos incorrectos:
 Para indicar unha acción posterior á sinalada polo verbo conxugado.
Exemplo: *a duración do curso será de tres meses, rematando en xaneiro.

3) Participio:
a) Definición:
 Mostra unha acción rematada.
 Ten un comportamento semellante ao do adxectivo, xa que:
 Admite morfemas de xénero e número.

6 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 Restrinxe o significado dun substantivo. Exemplo: nenos perdidos na


rúa.

3.1.2.1.2. Perífrases verbais


1) Características:
b) Forma: son sintagmas verbais compostos por unha forma conxugada e
unha forma finita do verbo, que nalgúns casos poden ter entre elas un
nexo.
c) Significado: é unha amálgama que ten un significado global, é dicir, o seu
significado non é o da suma dos seus constituíntes. Con todo, distribúese
entre eles o tipo de significado:
 Gramatical: reside na forma conxugada, que achega información sobre
o xénero, o número, o tempo...
 Léxico: reside na forma finita.

imos: nº, persoa, temporalidade


imos comer perífrase
comer: significado léxico
acabar: significado léxico verbo conxugado
acabouno chorando
chorando: significado léxico + infinitivo
acabar: nº, persoa, temporalidade
acabou chorando perífrase
chorando: significado léxico
sei: significado léxico verbo conxugado
sei comer
comer: significado léxico + infinitivo

2) Tipos:
Tipo de perífrase Estruturas
ir + infinitivo1
1. TEMPORAIS (futuridade) haber + infinitivo
querer + infinitivo
haber (de) + infinitivo
deber (de) + infinitivo
DE OBRIGA
haber que + infinitivo
2. MODAIS ter que + infinitivo
haber de + infinitivo
DE HIPÓTESE deber de + infinitivo
poder + infinitivo
ACCIÓN QUE ESTIVO
haber (en pasado) de +
A PIQUES DE
infinitivo
REALIZARSE
estar + xerundio/a +inf.
3. IMPERFECTIVAS
andar + xerundio/a +inf.
ACCIÓN EN
levar + xerundio/a +inf.
DESENVOLVEMENTO
ir + xerundio/a +inf.
vir + xerundio/a +inf.
acabar de + infinitivo
rematar de + infinitivo
4. PERFECTIVAS
dar + participio
(acción rematada)
levar + participio
ter + participio

1
É incorrecto o uso da preposición a nesta perífrase (*vouche a contar), pero non nas combinacións do
verbo ir e un infinitivo cando non se trata dunha perífrase (fomos (a) velo ao hospital).

7 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

Tipo de perífrase Estruturas


volver + infinitivo
5. REITERATIVAS
ter + infinitivo
botar a + infinitivo
6. INCOATIVAS
dar en + infinitivo
(comezo dunha acción)
pegar a + infinitivo
chegar a + infinitivo
7. TERMINATIVAS vir a + infinitivo
acabar por + infinitivo

Álvarez, R. & Xove, X. Gramática da lingua galega, 340


8 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

3.1.2.1.3. A construción pasiva


1) Finalidade da pasiva: é un recurso sintáctico (con pouco uso en galego)
que ten como finalidade a tematización do obxecto. Exemplo:
TIPO DE EXEMPLO
CONSTRUCIÓN ENUNCIADO TEMA
os obreiros construíron o edificio os obreiros
activa
o edificio construírono os obreiros o edificio
o edificio foi construído polos
pasiva o edificio
obreiros

2) Estruturas relacionadas:
a) Pasiva reflexa:
 Finalidade: non determinar o axente da acción. Exemplo: constrúese un
edificio, onde se é o CAx. e un edificio o CD.
 Usos incorrectos:
 Cando o axente aparece expreso. Exemplo: *constrúese un edificio polos
obreiros.
 Cando o axente é deducible polo contexto.
b) Activa impersoal:
 Finalidade: non determinar o axente da acción, neste caso mediante
unha construción activa. Exemplo: véndese pisos (= x vende pisos), onde se é
o Sux. e pisos o CD.
 Activa impersoal e pasiva reflexa: coinciden na forma en singular, pero
non en plural. Exemplo: véndese pisos = x vende pisos, mentres que véndense
pisos = os pisos son vendidos por x.

3.2. As palabras estruturais


Son formas que explicitan relacións moi concretas entre palabras. Poden
ser de dous tipos:
1) Caracterizadores (sitúan).
2) Nexos (establecen relacións).

3.2.1. Caracterizadores
3.2.1.1. Determinantes
3.2.1.1.1. O artigo
1) Unidade na que se integra: é un dos constituíntes da FN, xunto co
nominal.
2) Unidades que desempeñan a función:
a) Artigo indefinido: presentador.
b) Artigo definido: pospresentador, aínda que tamén pode ser presentador en
casos concretos (o sol).

3) Uso obrigado do artigo:


a) Cos indefinidos todos, ambos e entrambos.
b) Cos pronomes tónicos seguidos de numerais (nós os dous).
c) Con algúns substantivos (a casa, a man, a misa, a clase).
d) Co posesivo, aínda que se pode escusar nas seguintes situacións:
 Cando está presente outro determinante: un meu amigo.

9 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 Con atributivos ou distributivos a súa presenza ou ausencia achega


matices de significado: cada un colleu (o) seu papel; é (o) meu veciño.
 Con substantivos de parentesco pode usarse ou non: (o) meu pai.
e) Antropónimos: pode usarse con valor afectivo e debe usarse cando van
acompañados doutro modificador (o pequeno Xosé). É obrigatorio cos
alcumes.
f) Locucións adverbiais: non existe unha regra clara, xa que algunhas
inclúen sistematicamente o artigo (á fin) e noutras existe variación (a carón
de / ao carón de).
g) Lugares xeográficos ou topónimos:
 Algúns topónimos só poden usarse con artigo (A Coruña, O Porriño).
 As comarcas necesitan sempre o artigo (A Ulloa, A Limia).
 As illas non levan artigo se se trata dunha soa (Irlanda), pero si no caso
dos arquipélagos (As Cíes).
h) Siglas: levan artigo obrigatoriamente, que concorda en xénero co
substantivo principal (o BNG, o ILG, a RAG).

Tanto no caso dos topónimos coma dos antropónimos o artigo contrae


sempre coas preposicións.

3.2.1.1.2. O posesivo
1) Expresa relacións de posesión en referencia ao obxecto posuído, co que
concerta en xénero e número, e ao posuidor (co que só concerta en xénero).
2) En galego non existen formas átonas, ao contrario do que ocorre noutras
linguas romáticas (cast. mi casa, fr. ma maison).
3) Caracterización sintáctica:
a) Está integrado nunha FN, xeralmente precedido dun Det. (case sempre o
artigo). Podemos prescindir do artigo nos seguintes casos:
 Con nomes de parentesco ((o) meu pai).
 En enunciados apelativos (a ver meu neno!).
 En enunciados exclamativos (miña casiña).
 Despois de adverbios de lugar (diante súa).
 En cláusulas copulativas (son (os) meus amigos).
b) Colocación:
 Anteposto: desempeña a función de Det. Neste caso se aparece o artigo
prodúcese unha duplicación da función de Det. que supón unha
excepción (a súa casa).
 Posposto: desempeña a función de Mod. (a casa súa).

 Determinantes e modificadores
A distinción entre a función de Det. e a de Mod. non se pode tirar só da
colocación, senón que cómpre ter en conta tamén a posibilidade de presenza do
artigo:
1) Posibilidade de presenza do artigo: a función é de Mod., xa que a de Det. xa
está desempeñada polo artigo (coa excepción do posesivo, que é Det. sempre
que vai posposto independentemente de que tamén haxa artigo).
2) Imposibilidade de presenza do artigo: función de Det.
10 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

Exemplos:
posibilidade de
forma función
presenza do artigo
un neno Det. *o un neno
moitos nenos Mod. os moitos nenos
tres nenos Mod. os tres nenos
cada Det. *o cada
calquera Det. *a calquera
todo Mod. todo o
outro Mod. o outro
pouco Mod. o pouco
este Det. *o este

3.2.1.1.3. O demostrativo
1) Caracterización morfolóxica:
a) Morfos de xénero, número e persoa.
b) Formas contractas co indefinido outro (estoutro, esoutro, aqueloutro).
2) Caracterización sintáctica:
a) Función de Det.
b) Localizador espacial e temporal.
c) Pode actuar como:
 Pospresentador (máis frecuente), caso no que só admite a presenza do
Det. todo.
 Presentador (excepcional), cando o contexto verbal ou extraverbal
permite unha segmentación e individualización (ese home do que che
falei).

Cómpre ter en conta tamén que é incorrecto o uso de dito co valor de


demostrativo.

Exemplos:
forma función
Det.: anteposición e imposibilidade
esta casa
de artigo.
esta gústame Pronome.
Mod.: posposición e posibilidade de
a casa esta
artigo

3.2.1.1.4. Os indefinidos
1) Definición: son presentadores que acompañan a primeira mención dunha
entidade.
2) Clases:
a) Cuantificadores: segmentación de identidades non definidas sen
individualizalas (varios, algún, pouco, demasiado, moito).
b) Identificadores: segmentación de identidades definidas sen
individualizalas (certo, calquera, cada, outro).

11 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

3.2.1.1.5. Os numerais
1) Clases:
a) Cardinais: determinantes presentadores (chegaron dúas finalistas).
b) Partitivos: medio, metade, terzo, cuarto...
c) Multiplicativos: dobre, duplo, triplo, cuádruplo...
d) Colectivos: permiten facer referencia a unha cifra sen nomeala
directamente. Exemplo: ducia...

Exemplos:
forma función
Mod. como numeral
un neno
Det. como artigo indefinido
dous nenos Mod. (admite artigo: os dous nenos)

3.2.1.2. Preposicións
1) Definición:
a) Fónolóxica: son átonas e forman unidade fonolóxica cos elementos que as
seguen.
b) Morfolóxica: son invariables.
c) Sintáctica:
 Son sintacticamente dependentes.
 Relacionan dúas unidades léxicas, subordinando a segunda á primeira:
 Adxacentes que poden introducir:
 De substantivos. Exemplo: casa de montaña.
 De adxectivos. Exemplo: malo de facer.
 De demostrativos. Exemplo: esta de aquí.
 De indefinidos. Exemplo: moitos de aquí.
 De numerais. Exemplo: catro de aquí.
 De verbos. Exemplo: ser de aquí.
 De adverbios. Exemplo: máis alá de nós.
 Termos:
 Palabras, que desempeñan a función de Mod.
 Frases, que desempeñan a función de Mod. Exemplo: estaban todos
agás os meus curmáns.
 Oracións, que poden desempeñar as funcións de CPrep ou CC.
Exemplo: deulles instrucións para faceren a comida.

2) Outras características:
a) Usos dalgunhas preposicións:
 Preposición a:
 É a introdutora do CI.
 Pode introducir CD cando:
 É un pronome tónico. Exemplo: elixírono a el.
 É un antropónimo. Exemplo: vin a André.
 Preposición por: adoita introducir o CAx. nas construcións pasivas.

b) Preposicións propias e impropias:


 Preposicións propias: cumpren todas as características xerais que
achegamos para as preposicións.

12 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

Preposicións propias
a, ante, ata, baixo, cabo, canda, cas, con, contra, de, deica, dende, des, desde, en ,
entre, malia, onda, para, perante, por, sen, so, sobre, tras, xunta

 Valores e usos dalgunhas preposicións propias.


 Preposición a:
- Seguida de infinitivo xerundial expresa a mesma noción e
realiza a mesma función có xerundio. Exemplo: a durmir –
durmindo.
- Forma parte de perífrases aspectuais terminativas, de
futuridade inmediata e incoativas (pero é incorrecto o seu uso
nas perífrases de futuridade con ir e nas reiterativas).
- Non se debe usar seguida dun infinitivo subordinado a un
nome que pretende indicar acción obrigatoria. Exemplo: *os
trámites a realizar > os trámites que deben ser realizados.
- Introduce Mods. de diferentes clases:
De adxectivos. Exemplo: malo a rabiar.
 De substantivos. Exemplo: bacallau á portuguesa.
 CC. Exemplo: chegamos ás oito.
 CPrep. Exemplo: resistiuse á tentación.
 CPvo. Exemplo: chegaron a vellas.
- É obrigada co CI e co CD:
 Se existe posibilidade de confusión co suxeito. Exemplo:
matou o soldado o romano = matou ao soldado o romano ou
matou o soldado ao romano.
 Co pronome persoal. Exemplo: coñeceuno a el.
 Con nomes propios non persoais, pero personalizados.
Exemplo: Italia alcanzou a Francia.
 Preposición ante:
- Expresa anterioridade no tempo e no espazo.
- Non é correcto o seu uso co significado de ‘en presenza de’
(*presentáronse ante o xuíz).
 Preposición baixo:
- Expresa inferioridade, sometemento (baixo os efectos do
alcol) ou tempo (baixo o franquismo).
- Non é correcto o seu uso co significado de punto de partida ou
concordancia con algo ou alguén (*baixo este punto de vista, *é
ilegal baixo o artigo 33). Tampouco é correcta a súa aparición
para indicar modo ou circunstancias dunha acción (*baixo
petición de, *baixo estas circunstancias).
 Preposición canda:
- Expresa simultaneidade no tempo (pasoume isto canda a
guerra civil) ou compaña (vou canda el).
- Non é correcto o seu uso con valor adverbial, reservado para
cando (*foi canda o coñecín); tampouco indica lugar de
destino (*marche a Vigo canda os pais).
 Preposición con: non é correcto o seu uso con para (*para comigo
/ contigo).
 Preposición entre: non debe ir precedida nunca por de (*de entre
todos elixiu o vermello).

13 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 Preposición onda: non se pode combinar con a (*onda ás casas)


nin pode expresar dirección (*fun onda María).
 Preposicións impropias: non cumpren todas as características xerais das
preposicións:
 Son tónicas.
 Esixen a forma recta do pronome persoal (aceptaron todos menos
eu), mentres que as propias esixen a oblicua (díxomo a min)
 Funcionan como preposicións só en certos contextos.
Preposicións impropias
agás, consonte, durante, excepto, menos

c) Locucións prepositivas: trátase de segmentos complexos que asumen as


mesmas funcións cás preposicións, é dicir, forman unha única unidade
que pode estar formada por: palabra + preposición (beira de) ou
preposición + palabra + preposición (por medio de).

3.2.2. Nexos
3.2.2.1. Conxunción
1) Definición: unidade que permite incluír oracións no interior dun enunciado,
ben para sumar as súas funcións e contidos, ben para que realicen unha
función propia do substantivo ou da FN no interior da oración.
2) Tipos:
a) Forma:
 Simples.
 Locucións conxuntivas.
b) Función:
 Coordinantes: enlazan oracións, frases ou palabras sen alterar a estrutura
de ningunha delas (merquei patacas e cebolas). Poden ser:
 Copulativas:
- Reúnen nunha mesma unidade funcional dous ou máis elementos
homoxéneos sintacticamente (zapatos encarnados e con botóns).
- Conxuncións: e, nin e outras correlativas coma tanto...coma
(tanto Xoán coma Pedro), non só...senón (non só lle rifou, senón
que o castigou), nin...nin (nin fai nin deixa facer).
 Disxuntivas:
- Unen dous elementos que se presentan como alternativas que
poden ser inclusivas (merca ribeiro ou albariño) ou exclusivas
(merca ou ribeiro ou albariño).
- Conxuncións: ou, xa...xa, o mesmo...coma, ou...ou, etc.
 Adversativas:
- Unen dous elementos que se presentan coma contrapostos (un
enunciado expresa unha restrición ao outro).
- Conxuncións: pero, mais, senón (incompatibilidade). Exemplos:
era de noite pero víase ben; non é neve, senón xeada.

14 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

Subordinantes: son transpositoras, xa que habilitan unha oración para


que realice funcións propias do substantivo ou da FN.
 Completivas:
- Permiten que unha oración realice as funcións de CD, Sux, CPrep,
Supl, Mod, ou termo dunha FPrep.
- Conxuncións: que. Exemplos: era evidente que non chegarían a
tempo (Sux); circulou a noticia de que renuncia ao posto (Mod).
 Modais:
- Permiten que unha oración exprese o modo en que se cumpre a
acción expresada polo verbo principais.
- Conxuncións: así como, segundo...
 Finais:
- Permiten que unha oración exprese finalidade.
- Conxuncións: para que, a fin de que, por que...
 Proporcionais:
- Indican que un feito se realiza en proporción ao indicado polo
verbo principal.
- Conxuncións: canto máis...máis, tanto...peor. Exemplos: canto
máis bebo máis me gusta; canto menos o pregoes mellor che será.
 Temporais:
- Permiten que unha oración exprese tempo.
- Conxuncións: namentres, entrementres, mentres (extensión
temporal); cada vez que (periodicidade); dende (límite temporal);
antes de que (anterioridade); despois de que (posterioridade).
 Causais:
- Permiten que unha oración exprese a causa que provoca como
efecto os feitos do verbo principal.
- Conxuncións: porque, por mor de que, dado que, posto que, visto
que...
 Comparativas:
- Son conxuncións correlativas que expresan que o dito nunha
oración só se pode valorar con respecto ao dito na outra.
- Conxuncións: máis...que, menos...que, menor que, maior que
(Breixo é maior ca ti).
 Condicionais:
- Introducen unha oración que expresa unha condición ou hipótese
que se ten que cumprir para que se cumpran os feitos indicados.
- Conxuncións: se (se vén el, eu marcho), agás que, supoñendo
que...
 Concesivas:
- Introducen unha oración que expresa un feito aparentemente
contrario ao cumprimento da acción do verbo principal.
- Conxuncións: aínda que, a pesar de que (a pesar de que estaba
avisado non parou). É incorrecto o uso de se ben con este valor, xa
que se trata dun calco do castelán.

15 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 As estruturas comparativas
A comparación é un procedemento sintáctico que ten a finalidade de
referírmonos a algún concepto poñéndoo en relación con outro (presente ou ausente).
Consta de dous termos e pode ser de tres tipos:
1) Desigualdade:
a) 1º termo: un cuantificador (máis, menos, maior, menor)
b) 2º termo:
 do que: emprégase cando a referencia é un verbo conxugado. Exemplo:
fala máis do que debe.
 que: emprégase cando a referencia é un verbo, conxugado ou non.
Exemplos: gústame máis escribir que falar, saíume mellor que pensaba.
 ca: é de uso obrigatorio cando a referencia é un pronome, e
recomendable nos casos nos que pode alternar con que, é dicir, cando o
termo é:
 Substantivo.
 Adxectivo.
 Adverbio.
 Frase.
 Verbo non conxugado.

2) Igualdade:
a) 1º termo:
 Cuantificadores:
 tan + adxectivo ou adverbio.
 tanto + substantivo ou verbo.
 Adverbios:
 igual: só acompaña unha base verbal ou un adxectivo. Non se
constrúe nunca con preposición ou artigo, polo que a construción *ao
igual que/ca é incorrecta.
 Outros: mesmamente, talmente, @ mesm@.

b) 2º termo:
 Nexos:
 como + verbo. Exemplo: é tan grande como pensaba.
 coma +:
 pronome (uso obrigado). Exemplo: é tan grande coma ti.
 pseudocomparativas temporais (iso é coma cando eramos
pequenos) ou condicionais relativas (fai coma que non ve).
 Que ou ca, coas mesmas restricións ca nas comparativas de igualdade.

3) Comparación de tempo ou orde:


a) 1º termo: adverbio (antes, despois; primeiro)
b) 2º termo: ca, que e do que nas mesmas condicións ca nas comparativas de
desigualdade. Exemplos: tocaron antes ca ti (tempo); examináronse primeiro os
de Brión (orde).

16 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

3.3. As proformas
As proformas son unidades sen significado propio pero que adoptan o
valor dunha unidade plena que ten valor na lingua:
1) Teñen valor cohesivo, xa que permiten repetir referencias sen necesidade de
nomealas directamente, de xeito anafórico.
2) Contribúen á economía lingüística.

3.3.1. Pronomes
3.3.1.1. Pronome persoal
3.3.1.1.1. Pronome persoal tónico
1) Características: ten acento fonolóxico.
2) Formas rectas e formas oblicuas:
a) Rectas:
PERSOA SINGULAR PLURAL
1 eu nós, nosoutr@s
2 ti, vostede vós, vosoutr@s, vostedes
3 el, ela eles, elas

 Funcionan como núcleo, polo que poden ser:


 Suxeito. Exemplo: eu non vou.
 Atributo. Exemplo: eu son vós e fágoo.
 Vocativo. Exemplo: ei, vós, calade!
 Admite modificadores (eu mesmo collín iso; foi ela soa) pero non
determinantes.
 Pode sufrir desprazamentos de significado:
 P1 > P2: distanciamento. Exemplo: ti protestas e protestas pero non che
fan caso [quen protesta é o emisor] (d).
 P1 > P4 de modestia. Exemplo: nós chegamos á conclusión [un só
emisor]. (a)
 P1 > P4 maxestático. Exemplo: nós, o rei, ordenamos... (b)
 P2 > P3: distanciamento (e).

CAMBIOS NO SIGNIFICADO
DESPRAZAMENTOS
AFASTAMENTO ACHEGAMENTO
(a) 1Psg. > 1Ppl. (modestia)
NÚMERO (b) 1Psg. > 1Ppl. (maiestático)
(c) 2Psg. > 2Ppl.
(d) 1Psg. > 2P (sg./pl.) (g) 2Psg. > 1Ppl.
NÚMERO E PERSOA
(h) 3Psg. (impersoal) > 1Ppl.
PERSOA (e) 2P > P3 (i) 3Psg. (impersoal) > 2Psg.
CORTESÍA (f) 2P non cortés > 2P cortés

 Outros usos:
 El, ela como reforzo interrogativo. Exemplo: el sabes que morreu o
abade?
 El, ela en oracións copulativas con uso pleonástico (repetitivo) para
facer referencia a un suxeito xa expresado. Exemplo: o porco éche el
moi grande.
 El como reforzo da narración. Exemplo: el era unha muller que...

17 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 El como suxeito gramatical dun verbo unipersoal ou impersoal.


Exemplo: el xa hai moitos anos que ocorreu.

b) Oblicuas:
PERSOA SINGULAR PLURAL
1 min, comigo nós, nosoutr@s, connosco2
2 ti, contigo vós, vosoutr@s, vostedes, convosco
3 el, ela, consigo eles, elas, consigo

 Funcionan como adxacentes:


 Complemento.
 Termo dunha FPrep.
 2º termo dunha comparación.
 Reflexividade (identificación entre o suxeito e a forma expresada polo
pronome): existen as formas diferenciadas si e consigo na 3P. Exemplos:
mercou o libro para si; falaba consigo (mesmo) vs. trouxen o libro para el;
falaba con el.
 Existen preposicións e adverbios
 Que rexen formas rectas: excepto, salvo, agás, menos, incluso.
Exemplo: falaron todos menos eu.
 Que segundo se empreguen coa forma recta ou a oblicua mudan de
significado:
puxémolo entre ti e eu ‘persoa’ ata eu llo dixen ‘persoa’
puxémolo entre ti e min ‘lugar’ ata min non chega ‘lugar’

3.3.1.1.2. Pronome persoal átono


1) Acusativo:
PERSOA SINGULAR PLURAL
1 me nos
2 te vos
3 @, l@, n@ @s, l@s, n@s

a) Uso dos alomorfos de 3P:

POSICIÓN CONTEXTO FORMAS EXEMPLOS

NON CONDICIONADO Agora o busco.


PRÓCLISE
TRAS –N Ela ben o sabe.
1ª forma: o, a, os, as
TRAS –N Estano facendo.
TRAS VOGAL SILÁBICA Téñoo gardado.
TRAS –S Témolo que acabar hoxe
ÉNCLISE
TRAS –R 2ª forma: lo, la, los, las Hai que acabalo hoxe.
CO ADVERBIO U Ula?
TRAS DITONGO 3ª forma: no, na, nos, nas Haino que buscar axiña.

b) Consecuencias fonéticas:
 Verbo rematado en –n + pronome de 3P: a nasal muda de velar a
alveolar.

2
As formas non ligadas con nós e con vós non se recomendan, por seren probablemente un calco do
castelán.

18 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 A nasal final de non, nin, tamén, quen, ninguén... pronúnciase alveolar


antes do pronome átono.
c) Funcións:
 CD. Exemplo: levouno ao teatro.
 Atr. Exemplo: ti es parvo. Pois sereino.
 Pvo. Exemplo: disque era a moza de Pedro, pero a min non ma pareceu.
 Sux de Inf. en construcións de verbo finito + infinitivo. Exemplo: fíxonos
chorar.
d) Pronomes reflexivos:
 Aparecen cando se produce unha identificación entre o suxeito e o
obxecto da acción.
 Tamén aparecen cando a acción é recíproca (dous suxeitos que realizan
e reciben a acción). Exemplo: saudámonos.
 Verbos pronominais: indican que o suxeito é o receptor da acción
indicada. Exemplos: lavarse, suicidarse, amorriñarse, espreguizarse,
durmirse.3
 Verbos que poden ser ou non pronominais: enfadar(se).
 Construcións incorrectas:
 Non son posibles construcións reflexivas nas que a acción recae sobre
unha parte do suxeito. Exemplo: *vestinme unha saia.
 Non son posibles construcións reflexivas con valor causativo, é dicir,
cando o reflexivo fai referencia á persoa beneficiaria da acción
indicada polo verbo. Exemplo: *comeuse un bisté.
 Como regra xeral, non se usa o reflexivo cando hai outro CD
expreso. Exemplo: *laveime as mans.
 Non se pode usar o pronome reflexivo con verbos intransitivos.
Exemplos: *a praza quedouse soa > a praza quedou soa; *sempre me
sentaba alí > sempre sentaba alí; *nunca me paro a pensar no futuro >
nunca paro a pensar no futuro.
 É incorrecto o reflexivo de interese (o CD e o reflexivo son
incompatibles). Exemplos: *cando me poño os zapatos é porque vou saír;
*non te deberías perder a última de Amenábar.
 Cómpre ter en conta que o anterior pode levar a non usar o reflexivo
en contextos no que é esixido. Exemplos: *acabou de vestir e baixou;
*bicaba a seus pais antes de deitar
 Verbos que mudan de significado segundo leven ou non se. Exemplo:
matar [a alguén] vs. matarse [a un mesmo].
 Usos de se:
 Reflexivo. Exemplo: o neno queimouse.
 Impersoal: descoñécese o axente da acción, polo que este non se
pode explicitar. Exemplo: *Vaise facer unha casa polos obreiros; aquí
cómese ben; aquí lese pouco; queimáronse cen hectáreas.
 Verbos pronominais e cambio de significado. Exemplos: mollar vs.
mollarse; queimar vs. queimarse (a casa queimouse en media hora).

3
Nestes casos sobreenténdese a reflexividade por defecto, sen necesidade de que apareza o constituínte
se. Porén existen excepcións nas que o noso coñecemento da realidade prevalece sobre a gramática e
non se sobreentende esta reflexividade. Por exemplo, en o médico diagnosticou unha hepatite a
reflexividade debe ir marcada (o médico diagnosticouse unha hepatite), xa que en caso contrario
entendemos que a acción recae sobre unha persoa diferente do suxeito (xa que é o habitual).

19 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

2) Dativo:
PERSOA SINGULAR PLURAL
1 me nos
2 che vos
3 lle lles

a) Funcións:
 CI. Exemplo: faille caso a el.
 Sux de Inf.. Exemplo: cómpreche bulir; ordenoulle recoller a habitación.

b) Usos especiais:
 Dativo de solidariedade: forma que ten a finalidade de involucrar o
interlocutor nos feitos que se narran. Só ten formas de 2P e 3P.
Exemplos: non che me gusta moito; foivos un comentario desafortunado.
 Dativo de interese: úsase para indicar que o emisor ten un espcial
interese na acción que se indica. Exemplo: pegóulleme ao meu fillo.
c) Duplicación do CI: no galego existe a tendencia a usar o pronome dativo
cando este xa aparece explícito, unha tendencia recomendada pola norma.
Exemplo: daralle prioridade á investigación.

 Colocación do pronome átono


1) Oracións independentes:
a) Posición normal: énclise. Exemplo: permíteme unha pregunta.
b) Excepcións:
 Casos nos que se pretende resaltar algunha información:
 Oracións exclamativas. Exemplo: que o traia xa!
 Oracións interrogativas parciais. Exemplo: quen cho dixo?
 Oracións negativas. Exemplo: nunca me fixei niso que dis.
 Cos adverbios aquí, acó, alí, alá, aló, aí, etc. Exemplo: aquí o tes; aí
coseranlle un botón, aí coserano máis tarde.
 Cando o neso senón vai referido ao verbo da cláusula anterior.
Exemplo: tráeme o libro, senón dígollo a meu pai.
 Cando a oración vai encabezada por adverbios coma aínda, xa, etc.
Exemplo: aínda volo dixen onte; xa o sabía.
 Diferenzas de significado:
 Adverbio logo:
 Anteposición coa acepción de 'axiña'. Exemplo: logo se fai.
 Posposición coa acepción de 'despois'. Exemplos: logo faise, logo
voucho facer.
 Outros matices:
 Así che é: máis imperativa (exactamente así).
 Así éche mellor: menos imperativa.

2) Oracións dependentes:
a) Posición normal: próclise.
b) Excepcións:
 Pausa que deixa lonxe a subordinación.

20 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 Cando o pronome átono é pleonástico e fai referencia a un obxecto que


aparece entre un nexo e o verbo e, ademais, aparece unha forma tónica.
Exemplo: marchade vós que os cafés pagámolos nós.
 Coas oracións causais introducidas por pois. Exemplo: non vés? pois dimo.
 Se despois do nexo porque hai unha pausa na fala. Exemplo: non o fixo
porque ... resultoulle arrepiante.
 Diferenzas de significado:
 Así que:
 Acepción de 'cando': próclise. Exemplo: así que llo dixen
marcheime.
 Acepción de 'entón' (consecutiva): énclise. Exemplo: así que
díxenllo e marchei.
 Oracións coordinadas: son independentes e actúan como tales na
colocación do pronome (berrámoslle e enfadouse). Pero cómpre comentar
dous casos:
 Cando nos atopamos con varias coordinadas dependentes dunha
oración principal o pronome da primeira vai anteposto e o da
segunda admite a próclise e a énclise. Exemplo: rifoulles porque lle
chegaron tarde e lle estragaron a sorpresa ou rifoulles porque lle chegaron
tarde e estragáronlle a sorpresa.
 As oracións disxuntivas, mesmo sendo independentes, esixen a
próclise do pronome cando unha exclúe á outra, algo que non
acontece cando non son excluíntes. Exemplos: ou o fas ou mo deixas
facer a min (excluínte); é nova ou paréceo (non excluínte).

3) Oracións con verbos infinitos:


a) Se a forma verbal é un infinito dependente dunha preposición o pronome
admite próclise ou énclise. Exemplo: sen lle dicirmos nada ou sen dicírmoslle
nada.
b) Cando o verbo infinito depende dun verbo finito a posición depende das
regras xerais que rexen cada caso. Exemplos: sóuboo facer, non o soubo facer.
c) Se a forma infinita forma parte dunha perífrase poden darse varias
situacións:
 O pronome pode aparecer antes ou despois, pero sempre posposto ao
verbo en forma finita, agás se se dan condicións para a próclise. No
caso de que a forma infinita sexa un participio o pronome nunca s epode
pospoñer a el. Exemplos: heicho de dar / hei darcho pero non cho hei de
dar¸*dei feitoo.
 Nas perífrases con nexo poden darse tres posibilidades:
 Posposto ao infinitivo. Exemplos: hei de darcho.
 Posposto ao verbo conxugado. Exemplos: heicho de dar.
 Anteposto ao infinitivo. Exemplos: hei de cho dar.

4) A interpolación: cando o pronome aparece proclítico admite a posibilidade


de interpolación doutros elementos entre el e o verbo. Estes elementos poden
ser:
a) Pronome de suxeito. Exemplo: fai o que che eu diga, Ana non sabía o que ela
facerlle.
b) Formas oblicuas que teñen o mesmo referente có pronome. Exemplo:
quen mo a min dera, fago o que a min dá a gana.

21 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

c) Adverbios ou CC. Exemplos: pregúntallo a quen te alí levou, nesas


circunstancias que cho non contara é normal

3.3.2. O relativo
1) Formas:
SIGNIFICADO
FUNCIÓN
CALIDADE (IDENTIFICACIÓN) CANTIDADE LUGAR TEMPO MODO
N AUTÓNOMO
(-an/+hum)
que, a/s que, (+hum)
N canto,
o/s que quen
FN SUBSTITUTO cantos,
a/s cal/es, o/s
canta,
cal/es
DET. cantas
cuxo/s, cuxa/s
FADV.: N
canto onde cando como4
NAUT.

2) Caracterización sintáctica:
a) Función relacionante: habilitan a oración na que se atopan para realizar
unha función propia dunha categoría de rango inferior (Mod.).
b) Pronome: substitúen dentro da súa oración un elemento presente noutra
(antecedente). Exemplo: volveu á cidade na que vivía.
c) Función na súa oración: realizan dentro da súa oración unha función
primaria. Exemplo: en sempre lembrarei o día no que te coñecín a frase
preposicional no que na que o relativo forma parte do termo desempeña a función
de complemento circunstancial de lugar.

3) Usos:
a) Que:
 Antecedente: calquera entidade calquera entidade nomeada con
anterioridade.
 Vai precedido do artigo cando non leva un antecedente expreso ou
queremos recoller todo o que dixemos con anterioridade.
 Cando o antecedente está expreso non é necesaria a presenza do
artigo, pero existe unha forte tendencia a usalo. Exemplo: o día no que te
coñecín.
 É moi frecuente a estrutura enfática con ser, do tipo foi o can o que
esnaquizou as plantas.
b) Quen:
 Antecedente: debe ser unha persoa.
 Non se pode empregar se a función dentro da súa oración é a de suxeito,
aínda que o antecedente sexa unha persoa. Exemplo: *María, quen quedou
durmida, chegou tarde.
 É frecuente a estrutura enfática do tipo foi a profesora quen mo
corrixiu.
 Só concorda co verbo en plural se se trata do verbo ser. Exemplo:
*sabemos quen cho contaron > sabemos quen cho contou pero sabemos quen
foran.

4
Non necesariamente ten significado de modo, senón que tamén o pode ter de cantidade. Exemplo: A
como vai hoxe o peixe?
22 Lingua galega II
2009/2010
USC
1. As clases de palabras

 Expresións feitas:
 ser quen 'ser capaz'.
 de coma quen 'de mentira'.
 facer coma quen que 'simular'.
c) Cal(es):
 Debe ir precedido sempre do artigo e presenta flexión de xénero e
número.
 Débese evitar o seu uso, agás nos seguintes casos:
 Se vai precedido dunha preposición. Exemplo: é un asunto sobre o cal
o goberno aínda non se pronunciou.
 Se vai precedido dun determinante. Exemplo: os nenos, moitos dos
cales...
d) Cux@(s): é un arcaísmo que se debe empregar só para expresar unha
relación de posesión.
e) Onde, cando, como: son adverbios que precisan dun antecedente expreso
e que poden ser substituídos por que.

3.3.3. Interrogativos e exclamativos


1) Formas:
SIGNIFICADO
FUNCIÓN CALIDADE
CANTIDADE LUGAR TEMPO MODO
(IDENTIFICACIÓN)
N (+hum)
(-an/+hum)
AUTÓNOMO quen
DET. (-an) canto,
FN
cal, que cantos,
N
cales canta,
SUBSTITUTO
cantas
FADV.: N
canto onde cando como5
NAUT.

2) Interrogativos e relativos:
a) Semellanzas: realizan unha función na súa oración.
b) Diferenzas: os interrogativos son tónicos e poden iniciar unha oración
simple.

5
Non necesariamente ten significado de modo, senón que tamén o pode ter de cantidade. Exemplo: A
como vai hoxe o peixe?
23 Lingua galega II
2009/2010
USC

You might also like